"Far" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 541.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual aparecida probablemente en xaneiro de 1950. Subtitulouse “Boletín de las CASOE. Patrocinado por los Colegios Oficiales de médicos de Galicia”. O seu consello editorial estaba integrado por M. Sánchez Mosquera, Miguel Parrilla, Xosé Lomas e A. Reboreda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña en 1974, editada polo Servicio Español del Magisterio e polas Asociaciones de Educación General Básica. Subtitulouse “Por la educación al servizo de España”. Incluíu, ademais de información de carácter educativo, datos sobre congresos das asociacións, cartas ao concello da Coruña, estudios sobre vivenda, aspectos da vida asociativa, artigos coleccionables sobre normas ortográficas da lingua galega e unha escolma de poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra homónima que serve de límite ás parroquias de Prado (concello de Covelo) e Quins (Melón). O seu cumio acada os 1.154 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa do S da Comunidade Autónoma de Galicia, a máis meridional das que integran a Dorsal Occidental Galega. Esténdese en dirección NNL-SSO, entre a serra do Suído, ao N, e o val do Miño, ao L e S. É o límite dos concellos de Covelo e A Cañiza, na súa vertente occidental, cos de Avión e Melón na oriental. Culmina no Faro de Avión a 1.154 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de San Salvador de Budiño (concello do Porriño). O seu cumio acada os 398 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida o 20 de setembro de 1977 en Rodeiro. Pertenceu á asociación de veciños Virxe do Faro da mesma localidade. Incluíu información municipal e da propia organización, así como diversas campañas sobre temas sanitarios, sindicais e agrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario aparecido en Ferrol en 1914. Dirixido por Adolfo Lahorra, a súa orientación política foi liberal-prietista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade da Coruña en 1871. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Eusebio Cascante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Vilagarcía de Arousa en 1910. Dirixiuno Luís Bouza Trillo. Incluíu artigos de crítica política local e diversas narracións do propio director.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ortigueira a partir do 3 de febreiro de 1889 e subtitulado “Periódico de intereses generales”. Cesou a súa edición no nº 17. Fundado e dirixido por Anxo Amenedo Ponte, contaba cos seus propios obradoiros tipográficos. Serviu de apoio ao político liberal Xosé Maciñeira González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ortigueira en 1889.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal aparecida o 15 de xaneiro de 1911. Cesou a súa edición o 15 de maio de 1914 (nº 80). O seu propietario foi Celestino López de Castro e o seu director Fernando Amil Soto. En 1913 tiña unha tiraxe media de 500 exemplares. Definíase como o de maior circulación da cidade. Ademais da información xeral, reproduciu poemas de Rosalía de Castro e de Olegario Teso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación educativa aparecida o 1 de novembro de 1907 na localidade de Ortigueira. Cesou a súa edición o 15 de febreiro de 1913 (nº 61). Fundado por Manuel Rodríguez Molinos, profesor do colexio San Adrián, a partir do nº 5 imprimiuse nos obradoiros tipográficos de David Fojo. Subtitulouse “Periódico mensual de los niños”. Incluíu artigos relacionados coa agricultura, o mar, a xeografía e a educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico decano da prensa española editado en Vigo a partir do xoves 3 de novembro de 1853. Fundado polos xuristas Xosé Carvajal Pereira, o seu director, e Xosé Mª Posada, co tempo pasou a ser propiedade do impresor Anxo de Lema e Marina. No seu primeiro consello de redacción figuraban tamén Xoaquín Yáñez, Vicente Coca, Nicolás Taboada Leal e Basilio Besada. A súa impresión levábase a cabo nos obradoiros tipográficos da rúa Oliva, nº 2, nunha prensa construída a man por Xacinto Valenzuela e cun papel fabricado en Lavadores por Antonio López de Neira. Nos seus comezos definíase como un periódico independente, cun marcado acento oficialista, conservador e católico. O seu éxito debeuse á identificación do periódico cos intereses da cidade e destacou polas súas campañas en favor do ferrocarril. Subtitulouse “Periódico mercantil, agrícola e industrial”, era bisemanal, saía todos os xoves e domingos e constaba de catro páxinas de pequeno formato. A súa subscrición mensual era de seis reais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter deportivo editada entre os anos 1962 e 1970. O seu labor informativo continuouno Galicia Deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico mensual aparecido en La Habana en 1940. Dirixido por José Trillo Escagedo, foi o voceiro dun dos partidos de oposición da sociedade Hijas de Galicia. Nel incluíronse críticas á xestión da entidade e informes sobre posibles irregularidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico bilingüe da escola da Cañiza publicado entre os anos 1934 e 1935. Seguiu as directrices da revista Endavant, que editaba a escola Plana Redonda de Barcelona. Nel difundíanse as técnicas do pedagogo occitano Célestin Freinet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Ferrol o 6 de setembro de 1851. Cesou a súa edición o 3 de abril de 1852. Subtitulado “Periódico semanal de Marina, Comercio, Artes y Literatura”, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Ricardo Pita. Incluíu, sobre todo, estudios históricos de costumes, viaxes e descubrimentos relacionados coa Armada española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario aparecido en Vilalba a partir do 22 de xaneiro de 1932. Cesou a súa edición o 28 de xuño de 1936 (nº74). Subtitulouse “Periódico quincenal, paladín de Organización Republicana Agraria (ORGA)” e dirixírono, inicialmente, Ramón Taboada e, en 1936, Antonio Quintela Ferreiro. De tendencia republicana, a partir de 1936 defendeu con forza o nacionalismo galeguista. Participou activamente na denuncia do caciquismo e defendeu a República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado na serra do Faro, na parroquia de Requeixo (Chantada). Parece ser que foi construído na segunda metade do s XVII polo mestre Afonso Vázquez e reformouse en 1726. En 1805, o bispo de Lugo mandouna derrubar pero reconstruíuse máis tarde. No interior consérvase a imaxe da Virxe Vella ou A Nai, e na igrexa de Requeixo a da Virxe da Outava ou A Filla. A romaría celébrase o 8 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO