"López" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 371.
-
PERSOEIRO
Debuxante e humorista gráfico. Coñecido como Gogue, foi o creador de personaxes como Floreano, Monchiña e Epifanio, que aparecen diariamente desde 1989 en Faro de Vigo. Deuse a coñecer internacionalmente con caricaturas de personaxes de Hollywood, políticos e deportistas. Colaborador de El Correo Gallego, Diario 16, Babel Magacin (Pennsylvania) e Earth Times (Nova York), pertence á NCN (National Caricaturist Network) e á AWN (Animation World Network). Publicou Personaxes vigueses (1981), Cen tolos da ría (1993) e Floreano (1994). Recibiu o primeiro premio (1999 e 2001) no Homer Davenport Cartoon Contest, en Oregon, e o primeiro premio no Winsenheimer Cartoon of the Week (2004), en Kansas City.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e xornalista. Formado en humanidades e filosofía, e vinculado ao colectivo galego en Catalunya, colaborou en diversos medios de comunicación de Galicia, Catalunya e Arxentina (Coordenadas, Dorna, Treboada ou Alborada) e foi cronista oficial do Centro Galego de Barcelona. Na súa poesía, de carácter socialrealista, reflicte a súa visión saudosa de Galicia, a frustración dos que cambiaron o mundo rural polo urbano e as malas condicións de vida na cidade. Da súa obra poética destacan Poemas populares galegos (1968), Saudade do bulleiro (1970), Soldada mínima (1979) e Onte e hoxe vivencial (1995), e da súa narrativa Reencontro coa aldea (1983), Galegos en Catalunya (1983 e 1985) e Volta a España a pé (1990). Desde 1995 o concello de Paradela convoca un certame literario co seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu en Lugo. Publicou o estudo médico Las preocupaciones en Medicina. Conocimientos útiles de la familia. Reglas para conservar la salud, para no dejarse engañar por los curanderos y para conocer a los médicos (1896), e no ámbito da literatura cultivou unha gran diversidade de xéneros. En poesía destacan Cousas de mulleres (1895), Pasaxeiras (1898) e Gallegadas, con alegrías de la tierra (1908); en prosa escribiu A cruz de salgueiro (1893), onde combina os temas de Galicia con cuestións universais, e en teatro publicou a comedia de costumes O chufón (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Formado en teoloxía no seminario de Mondoñedo (1829-1832), exerceu como mestre na escola do seminario. Cultivou o latín, o galego e mais o castelán e escribiu diversos vilancetes, como o musicado por Pacheco para o Nadal de 1861.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, alcalde de Lugo e gobernador civil de León, Ourense e Asturias. Presidiu a Federación Católica Agraria e xestionou a construción do ferrocarril entre Ribadeo e O Bierzo. Escribiu El ferrocarril de Ribadeo al Bierzo (1928). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Membro do Partido Galeguista, durante a Guerra Civil foi encarcerado, xunto ao seu irmán Camilo, e desenvolveron un intenso labor pedagóxico entre os presos. En 1940 dedicouse de novo ao ensino privado en Monforte de Lemos ata que rematou os estudos de dereito. Mantivo unha intensa actividade galeguista de oposición ao réxime franquista. En 1963 participou na fundación do Partido Socialista Galego e na sociedade cultural Escola Aberta (1978). Recibiu o Pedrón de Ouro (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Deputado pola Provincia Oriental, protestou pola exclusión da representación nacional cubana nas Cortes de 1837. Defendeu o reformismo e a automonía cubana, e rexeitou a anexión a EE UU (1848). Escribiu Protesta de los diputados electos por la isla de Cuba (1837).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Foi fiscal da Audiencia Territorial de Galicia. Colaborou en Vida Gallega e escribiu, entre outras obras, Los bacilos y los bastoncitos de Doña Perfecta, A leenda dun probe (1918), A Galicia (1918) e Cantares da Terra (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante, filla do baixo Antonio Sánchez Camporro. Comezou a súa andaina profesional en 1984 no grupo Cristal Oskuro para en 1985 integrarse no grupo Olé Olé. En 1991 iniciou a súa carreira en solitario e da súa discografía destacan, Mujer (1993), Mi mundo (1995), Azabache (1997), Desconocida (1998) e Soy yo (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e historiador. Licenciado en Dereito e en Xeografía e Historia, foi subdirector e secretario xeral e xefe da Obra Social Socio-Cultural da Caixa de Aforros de Santiago de Compostela, subdirector da Fundación Caixa Galicia, presidente do Centro de Iniciativas e Turismo de Arousa e do Club de Mar de Vilagarcía e membro fundador de Radio Vilagarcía. Presidente da Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulloa, escribiu La traslación del Apóstol Santiago: historia, tradiciones y leyendas: la ruta jacobea del Mar de Arosa y Río Ulla (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e investigador. Impulsor de destacadas institucións culturais como o Ateneo Ferrolano ou Solidaridad Gallega, colaborou como conferenciante con diversas institucións, como o Ateneo de Madrid. Na Coruña contribuíu á creación da Universidad Popular e desde Solidaridad Gallega promoveu as Asambleas Agrarias de Monforte. Participou na redacción do Estatuto de Galicia, foi presidente do Partido Regionalista Gallego e un dos iniciadores, en 1916, das Irmandades da Fala. Durante a Ditadura de Primo de Rivera foi nomeado presidente da Unión Patriótica de Ferrol e alcalde honorario da cidade. Desde 1931 presidiu o Secretariado de Galicia en Madrid. Editou varios xornais como Solidaridad Gallega -onde escribiu diversos artigos na sección “Luchando”- e El Kardeciano, en homenaxe ao escritor francés Allan Kardec. Colaborou tamén en Ecos del Eume, España, Estudios Gallegos, A Nosa Terra e Prácticas Modernas, e publicou as Bases para un proyecto de Estatuto...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Ingresou na academia militar de Ávila e prestou servizos no corpo de intendencia. Establecido en València (1925), estudou a iconografía e a pintura medieval valenciana. Escribiu a serie La pintura medieval valenciana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, gravador, ilustrador e escritor. Fillo de emigrantes, en 1916 a súa familia retornou a Galicia e estableceuse na Coruña e logo en Santiago de Compostela, onde iniciou a súa carreira pictórica mentres estudaba dereito e participaba nas actividades da Federación Universitaria Escolar (FUE), en defensa da democracia e da lingua galega. Foi secretario da Agrupación Nazonalista (1931) e militante da Unión Socialista Galega (1932). Fundou a revista Resol, con Arturo Cuadrado, e colaborou en Claridad, El Pueblo Gallego e outras publicacións da época. Tamén ilustrou diversos libros, como Poemas do sí e do non (1932) de A. Cunqueiro, ou Corazón ao vento (1933), de Aquilino Iglesia Alvariño. Intregrouse no Partido Galeguista e durante a campaña das eleccións de 1936 realizou diversos carteis (O Estatuto libertará a nosa terra), como o do Frente Popular, que formou parte do Partido Galeguista en favor do Estatuto de Autonomía. Nesta época...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou en París con Le Corbusier (1929-1930) e, fundou con outros compañeiros o GATCPAC. Introduciu, no repertorio lingüístico do racionalismo, elementos reinterpretadores da tradición mediterránea e das formas construtivistas catalás. En 1937, en colaboración con Lacasa, construíu o pavillón español para a Exposición Internacional de París. Despois da guerra trasladouse a EE UU e traballou para a urbanización de diversas cidades suramericanas, desde os principios urbanísticos do CIAM, dos que foi presidente (1947-1956). En 1951 naturalizouse estadounidense e dirixiu a facultade de arquitectura da Harvard University (1953-1968). Destaca o estudo de Joan Miró en Mallorca (1955) e a Fundación Miró en Montjuic (1972-1975). Publicou Can our Cities Survive? (1942) e The Heart of the City (1952, con Rogers e Trywhitt).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Integrante da Xeración do 36, estudou dereito na universidade compostelá e participou na fundación do Partido Galeguista e das revistas Acción e Cristal. Emigrou a Venezuela, onde exerceu como profesor de artes plásticas. Colaborador das revistas Logos e Spes, ilustrou diversos libros, como Nao senlleira (1933), de Bouza Brey, El Libro de Santiago (1948), de Filgueira Valverde, e Da estrela e da fouce (1967), de Sesto Novás. É autor do poemario A lúa está ehí (1972), do opúsculo Pranto a Chariño (1975) e dun Refraneiro da muller (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lanzador de xavelina. Director do complexo deportivo de Monterrei, dos seus galardóns destacan a medalla de bronce nos Xogos do Mediterráneo en Tunes (1967), o Gran Premio Ciudad de La Coruña (1970) e a Copa Latina de Atletismo (1975). Conseguiu o Campionato de España en seis ocasións (1968-1971, 1974-1975) e a mellor marca nacional en 1968 e 1971. Internacional absoluto en 24 ocasións, participou nos Xogos de Montréal (1976) e foi nomeado mellor deportista nacional (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Boxeador. Formado en Donostia, foi campión de Galicia do peso mosca en 1931 e aspirante ao Campionato de España en 1935. Morreu na fronte durante a Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Corín Tellado, é unha das autoras máis representativas da novela sentimental en España. Publicou máis de 4.000 títulos, dos que destacan Atrevida (1946), a fotonovela Eres una aventurera (1966) e Fin de semana (2005). Recibiu a Medalla de Oro al Mérito en el Trabajo (1998) e a Medalla de Plata de Asturias (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Exerceu a docencia de ensino primario en Vigo, onde foi director da Escola Graduada do Arenal. Desde 1927 dirixiu a “Página Pedagógica” de El Pueblo Gallego e impulsou a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza na zona viguesa, que despois de maio de 1936 pasou a denominarse Federación Gallega de Trabajadores de la Enseñanza e da que foi presidente. Foi un personaxe de extrema importancia na renovación escolar durante a década de 1920. Durante a República foi secretario xeral da Federación Socialista de Vigo e morreu fusilado por formar parte do Comité de defensa da República nos primeiros dias da sublevación. Publicou varios traballos na “Página Pedagógica” do Faro de Vigo e colaborou na revista pontevedresa Escuela Vivida.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo. Foi director xeral de Ordenación Universitaria e Política Lingüística da Xunta de Galicia e director-xerente da Fundación Caixa Galicia. Desempeñou outros cargos públicos, como o de director de Universidades e Investigación (1990-1997) e foi responsable da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA). Escribiu O sentido da liberdade na educación (1979), Teoría da educación (1987) e Avances no desenvolvemento do sistema universitario de Galicia (1993). Recibiu a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela (1988) e a Medalla de Prata de Galicia (1998).
VER O DETALLE DO TERMO