"Mir" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde predominan os mirtos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante ao mirto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto de ata 5 m de altura que presenta follas opostas, coriáceas, ovais ou lanceoladas cun curto pecíolo e de cor verde escura, flores pequenas, solitarias, axilares, de cor branca, moi olorosas e con estames amarelos, e froito en baga de cor negra azulada con moitas sementes. É unha planta moi olorosa e aromática, florece en primavera nas ladeiras, e forma parte de bosques de piñeiros ou de matogueiras. En Galicia rexistrouse como asilvestrada en diversas localidades como Gondomar (Pontevedra) ou as Illas Cíes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que se deu na Antigüidade á parte do Mar Exeo comprendida entre Ática (ou a punta meridional da illa de Eubea), Laconia e as Cícladas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aceite que se extrae do mirto e que posúe propiedades balsámicas e desinfectantes das vías respiratorias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea anual, de pequeno tamaño, de talos cilíndricos, que presenta as follas inferiores ovadas e con pecíolo e as superiores sésiles, as flores pentámeras de cor branca de sépalos bífidos, e o froito en cápsula. Trátase dunha planta propia de marxes de camiños. Florece durante case todo o ano en toda Galicia. Emprégase como planta medicinal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘igrexa’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mīrzā Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ usayn ‘Alī Nūrī.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mīrzā ‘Alī Mu Palatino; ḥ ammad.
-
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India (169.368 h [1991]), situada na beira dereita do río Ganxes. É un centro de industria téxtil e relixioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título persa que se deu orixinalmente aos fillos dos príncipes e posteriormente ás persoas notables como signo de respecto.
-
GALICIA
Actor. Coñecido como Vicente de Souza, inicou a súa carreira na compañía Chévere, para despois traballar en diversos espectáculos do Centro Dramático Galego como Salomé, A fiestra valdeira e Xelmírez ou a gloria de Compostela. Tamén realizou traballos para Teatro Bruto, Teatro do Aquí e Uvegá Teatro, e para televisión participou en A fiestra valdeira (1994). Traballou nos filmes A rosa de pedra (1999) e Era outra vez (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico. Recibiu estudos musicais na capela da catedral de Santiago de Compostela e especializouse como cantante de música renacentista e barroca. Foi director do Orfeón Terra a Nosa e director da Capela de Música da catedral de Santiago de Compostela. Do seu repertorio destacan a interpretación do Magnificat de Bach, o Gloria de Vivaldi e o Requiem de Mozart.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos mormiriformes.
-
Peixe da orde dos mormiriformes.
-
Orde de peixes, da suborde dos actinopterixios, que se caracteriza por ter un pedúnculo caudal moi estreito, a cola moi bilobulada, aleta dorsal oposta á anal (ambas as dúas moi próximas ao extremo inferior), fociño alongado en forma de trompa, e a miúdo órganos eléctricos na musculatura caudal. Todas as especies son de auga doce e exclusivas dos ríos africanos.
-
-
GALICIA
Político, conde de Fontao. Na Guerra da Independencia (1808-1814) representou a nobreza e a cidade de Mondoñedo na Xunta Superior de Galicia e foi alcalde de Mondoñedo (1812). Participou no Pronunciamento Militar de 1820 (Ferrol). Foi deputado (1820-1821 e 1834-1838), presidente do Senado (1837), senador (1840-1841 e 1844-1845), ministro da Gobernación do Reino da Península e Illas Adxacentes (1822), de Fomento Xeral do Reino (1834-1835) e gobernador de Lugo (1833). Defendeu o liberalismo pero situou a monarquía como eixe vertebrador do sistema político. Promoveu a educación de párvulos, de deficientes e de cegos, e participou na creación das Escolas Normais a partir da Escola Normal Central de Mestres de Madrid de 1839.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e novelista polaco. Dun marcado carácter satírico-grotesco, os seus espectáculos, de gran prestixio no seu país, vincúlanse ao teatro do absurdo. Da súa produción destacan Meczenstwo Piotra Oheya (O martirio de Piotr Ohey’, 1954), Slon (O elefante, 1957), Tango (1964) e Szczesliwe wydarzenie (Feliz acontecemento, 1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xa de Persia (1834-1848), neto e sucesor de Fath ‘Alī Shāh. Pertencía á dinastía qajarita. Asinou o Tratado de Erzurum en 1847 con Turquía, en que se delimitaba a fronteira turco-persa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi o fundador do babismo. Nun primeiro momento pertenceu á seita islámica šay Palatino; ẖ ī, de filiación xiíta, que pretendeu dirixir despois da morte de Kā Palatino; ẓ īm Mīrzā ‘Alī Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad. Seguido por moi poucos discípulos separouse do grupo inicial e foi proclamado (1844) Bāb al-Dīn ‘porta da fe’. As doutrinas que propugnou provocaron o enfrontamento coas autoridades iranias e, unha vez iniciada a predicación dos propagandistas, continuaron os disturbios, especialmente en Māzandarān e en Zanjān (1849). Finalmente foi fusilado na praza pública de Tabrīz (1850). Deixou como sucesor a Ya Palatino; ḥ yà Nūī, quen tomou o título de Sub-e-Azal ‘aurora da eternidade’. A doutrina babista recóllese no Bayān (Exposición), que abole o Alcorán, do mesmo modo que este...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e eclesiástico. Foi retor da Universidad de Salamanca (1787), deputado por Extremadura ás Cortes Generales (1810) e presidente da comisión encargada da elaboración da constitución nas Cortes de Cádiz. Defensor da liberdade de imprenta e da abolición da Inquisición, foi encarcerado por orde de Fernando VII (1815). Tras a sublevación de José del Riego (1820), foi liberado e elixido deputado (1822), pero coa restauración do absolutismo tivo que exiliarse en Portugal (1823), onde tamén foi perseguido polas súas ideas liberais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal situado en Santillana del Mar (Cantabria). A súa primeira apertura tivo lugar en 1979, co obxecto de coordinar os estudos da Dirección General de Patrimonio Artístico. En 2001 construíuse unha nova instalación e reabriuse. A súa creación respondeu ao interese pola conservación, investigación e difusión da Cueva de Altamira e da Prehistoria en xeral. Articúlase en dúas grandes áreas: a reconstrución en tamaño orixinal da Cueva de Altamira, e varias salas de exposicións cos restos atopados no interior da cova e en que se recrean os tempos de Altamira.