"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título aplicado aos senadores romanos ou patres conscripti. Esta fórmula interpretouse de dous xeitos fundamentais: como patres, senadores patricios e plebeos inscritos nas listas senatoriais, ou tamén como conscripti, a designación de todos os senadores inscritos nas listas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de conseguir.
-
-
Resultado que se deriva dun feito ou evolución razoable dunha cousa.
-
Disposición dunha corrente ou dunha rede fluvial con augas que seguen a estrutura xeolóxica, principalmente cando circulan no mesmo sentido ca a inclinación dos estratos, aínda que non necesariamente co mesmo ángulo.
-
-
Conclusión dun razoamento.
-
Expresión dun consecuente nun condicional, tal como q en “se p, entón q”.
-
-
-
-
Que é o resultado directo dunha cousa.
-
Que non cambia das súas convicións e actúa de forma que non contradí as súas ideas.
-
Segundo elemento dunha relación binaria.
-
Segundo termo dunha correlación gramatical que segue o antecedente.
-
Motivo melódico que nunha fuga ou nun canon responde ou imita a proposición chamada antecedente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dependencia ou interrelación temporal que se dá na oración composta latina. O tempo verbal da oración principal pode esixir un tempo concreto no verbo da oración subordinada, con exclusión doutras, segundo se trate de expresar simultaneidade, anterioridade ou posterioridade, e seguindo unhas determinadas regras de concordancia. O galego non segue regras tan precisas como o latín, mentres que este si obedece ás seguintes normas: a) se a oración principal está en presente (rogo) ou futuro (rogabo) e se quere indicar que a subordinada está en relación de simultaneidade, esixe un presente de subxuntivo (rogo/rogabo quid facias ‘pregunto/preguntarei qué facías’); se está en relación de anterioridade, pretérito perfecto de subxuntivo (rogo/rogabo quid feceris ‘pregunto/preguntarei qué fixeches’); e se está en relación de posterioridade, participio futuro + sis (rogo/rogabo quid futurus sis ‘pregunto/ preguntarei qué vas facer’);...
-
-
Que sucede ou segue inmediatamente a algo. OBS: Normalmente, úsase en plural.
-
-
Que expresa consecuencia.
-
conxunción consecutiva
Conxunción que introduce a claúsula que indica o efecto ou consecuencia do expresado na cláusula antecedente. En galego son conxuncións consecutivas, entre outras, que, logo, entón, pois, conque, etc, e locucións conxuntivas así que, de modo que, de maneira que, de xeito que, polo tanto, xa que logo, etc (
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode conseguir.
-
-
de conseguir.
-
Que está ben feito ou rematado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se deriva ou é consecuencia de algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chegar a ter ou facer o que se pretende.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución de goberno e administración da comarca do Bierzo establecida na Lei 1/1991, do 14 de marzo, aprobada polas Cortes de Castela e León (BOCYL do 20 de marzo de 1991), que recoñece no Bierzo a concorrencia dunhas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais, culturais e económicas que o singularizan respecto a calquera outro territorio da comunidade autónoma. De acordo con esta Lei, O Bierzo é unha entidade local formada pola agrupación dos municipios de Arganza, Balboa, Barjas, Bembibre, Benuza, Berlanga, Borrenes, Cabañas Raras, Cacabelos, Camponaraya, Candín, Carracedelo, Carucedo, Castropodame, Congosto, Corullón, Cubillos, Fabero, Folgoso, Igüeña, Molinaseca, Noceda, Oencia, Páramo, Peranzanes, Ponferrada, Priaranza, Puente de Domingo Flórez, Sancedo, Sobrado, Toreno, Torre del Bierzo, Trabadelo, Vega de Espinareda, Vega de Valcarce, Villadecanes e Villafranca del Bierzo. Componse de tres órganos: o Pleno (integrado por 47 membros representantes dos 37 municipios, en función...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de ámbito estatal ao que lle corresponden funcións de ordenación, planificación, proposta e asesoramento en materia de educación superior. Está composto polo presidente, que coincide co ministro encargado da educación superior, polos conselleiros responsables do ensino universitario das comunidades autónomas, polos rectores de todas as universidades públicas e quince membros, designados, a partes iguais, polo Congreso de los Diputados, polo Senado e polo goberno. Entre as súas competencias, figuran a de informar sobre a creación e supresión das universidades; sobre a creación de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias; sobre o número de centros e as esixencias materiais e de persoal mínimas que debe reunir cada universidade; sobre as condicións de homologación dos títulos estranxeiros; e determinar os criterios xerais de validación de estudios cursados en centros académicos españois ou estranxeiros universitarios; e as áreas de coñecemento específicas das...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización que agrupa as conferencias episcopais católicas dos países de Hispanoamérica. Fundada en 1955, as súas oficinas centrais están en Bogotá. Celebra unha asemblea xeral anual de carácter ordinario, ademais doutras sesións extraordinarias; as máis importantes foron as de Mar del Plata (1966), Medellín (1968), Puebla de los Ángeles (1979) e Santo Domingo (1992).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de ámbito estatal que colabora na correcta xestión da educación. Participa na programación xeral do ensino e asesora os proxectos de lei ou regulamentos propostos ou ditados polo goberno. Está formado por un presidente, nomeado a proposta do ministro de Educación; un vicepresidente, elixido polo propio consello de entre os seus membros; un secretario e os conselleiros, que agrupa a profesores, pais de alumnos, alumnos, persoal de administración e servicios; e outros representantes pertencentes ao ámbito educativo. Ten, entre outras, as seguintes competencias: aprobar e facer público o informe anual elaborado pola comisión permanente do Consejo sobre o estado e situación do sistema educativo; aprobar e elaborar para o ministerio de Educación as propostas da comisión permanente do consello sobre as cuestións tratadas nela; fixar as ensinanzas mínimas e a regulación das demais condicións para a obtención, expedición e homologación de títulos académicos e a súa aplicación en casos dubidosos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de goberno do poder xudicial en España. Está composto polo presidente do Tribunal Supremo, que tamén actúa como presidente neste caso, e por vinte vocais nomeados polo rei para un período de cinco anos, a proposta do Congreso de los Diputados e do Senado. Cada unha das cámaras elixe, por maioría de tres quintos, catro vocais entre avogados e xuíces de recoñecida competencia e seis vocais entre xuíces e maxistrados. Propón o nomeamento do presidente do Tribunal Supremo e de dous vocais do Tribunal Constitucional, nomea os xuíces e ten competencias consultivas en todas as materias de índole xudicial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de colaboración entre a administración do Estado e as comunidades autónomas para as súas actuacións sobre o Camiño de Santiago. Creouse en 1991 por iniciativa do ministerio de Relacións coas Cortes e entrou en vigor o 30 de outubro dese mesmo ano. A presidencia correspóndelle ao ministro de Cultura e a vicepresidencia ao conselleiro de Relacións Institucionais e voceiro da Xunta de Galicia. Intégrano cadanseu representante (con rango de conselleiro do goberno autonómico) das comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, La Rioja, Aragón, Navarra, Euskadi, Cantabria e do Principado de Asturias, así como dos ministerios de Economía, Facenda, Industria, Comercio e Turismo, Asuntos Exteriores e Cultura (este último actúa como secretario). O presidente pode convocar ás súas xuntanzas a representantes de institucións culturais, académicas, eclesiásticas, etc, que poidan ter relación coas súas actividades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano político que durante o franquismo asumiu a representación colexiada do Movimiento. Institucionalizado polo Decreto do 31 de xullo de 1939 e, denominado inicialmente Consejo Nacional de FET y de las JONS, o seu nome e as súas funcións definitivas apareceron na Lei de Principios del Movimiento Nacional (1958). Entre as súas funcións estaban as de trazar as liñas fundamentais da estrutura do Estado e do Movimiento, e responder as grandes cuestións nacionais e internacionais que lle formulase o xefe do Estado. O xeneral Franco, como xefe nacional do Movimiento, convocábao e presidíao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[CRAE] Organismo que controla e protexe os produtos agrarios producidos de maneira ecolóxica ou orgánica, obtidos cunha elevada calidade e con ausencia de produtos químicos sintéticos (como moitos pesticidas e fertilizantes, que poden dar lugar a residuos nocivos) ou outras prácticas agresivas co contorno. Ampara tanto a produción primaria coma os produtos elaborados nas explotacións inscritas neles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo, dependente do ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, creado en 1939 como nova fórmula organizativa para as institucións científicas preexistentes para funcións similares. Ten a finalidade de fomentar, orientar e coordinar a investigación científica en España e finánciase fundamentalmente por medio de orzamentos xerais do Estado. Desenvolve actividades de investigación a distintos niveis (dende os básicos ata os tecnolóxicos) e ten centros de investigación en todas as comunidades autónomas do Estado. Adopta como logotipo a árbore da ciencia. Os seus obxectivos e funcións son elaborar e executar proxectos de investigación científica e tecnolóxica; analizar e seleccionar os obxectivos científicos e tecnolóxicos das investigacións futuras; asesorar as distintas administracións do Estado no relativo á investigación e innovación tecnolóxica; fomentar o avance da investigación básica; colaborar coas universidades en actividades de investigación e ensino superior; e desenvolver...