"Ove" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión cirúrxica dunha membrana sinovial.
-
PERSOEIRO
Raíña de Prusia e electora de Brandeburgo, filla de Ernesto Augusto I de Hannover e de Sofía do Palatinado. Casou en 1684 co futuro Federico I de Prusia (Federico III de Brandeburgo).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Grupo de illas do Mar Branco situadas en Rusia, na entrada do golfo de Onega, e pertencentes á oblast’ de Arkhangel’sk (800 km2). Na illa principal atópase o mosteiro homónimo (fundado en 1436-1450), foco do Raskol. Durante o réxime soviético converteuse en penitenciaría e en 1991 fóronlle restituídas as funcións relixiosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Axencia de información internacional soviética. Durante a Revolución de 1917 os soviets ocuparon a sede de Petrogrado e transformárona nun centro de información, prensa e propaganda, que se converteu na axencia TASS en 1925. Coa disolución da URSS en 1991, fusionouse coa Axencia Telegráfica de Información de Rusia (TAR, fundada en 1990) e deu lugar á Axencia ITAR-TASS, de titularidade estatal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela adaptada ou concibida para ser emitida en capítulos por televisión.
-
-
Relativo ou pertencente a Terranova ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Terranova.
-
-
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Lima, reuniu numerosos sínodos para promover a vida relixiosa no vicerreinado e defendeu os dereitos da Igrexa. Iconograficamente represéntase con capa, mitra e palio (arcebispo) e cun indio aos pés, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da beira oriental da ría de Arousa, situada no litoral da parroquia de Corvillón, no concello de Cambados, fronte ao extremo meridional da illa de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade vascular das plantas da horta e das árbores que está producida polos fungos do xénero Verticillium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural que constitúe un sistema litoral formado pola enseada do Grove, a praia da Lanzada, a punta Carreirón e a lagoa de Bodeira. A enseada do Grove presenta extensas chairas intermareais fango-areosas e diversos illotes en que se sitúan importantes colonias de aves mariñas. A lagoa de Bodeira, na península do Grove, é a única lagoa costeira da provincia de Pontevedra. Foi incluído como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Complexo Ons-O Grove na proposta da Rede Natura 2000 en 2001. Ademais foi declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona Ramsar.
-
-
Relativo ou pertencente a Vilanova de Arousa ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Vilanova de Arousa.
-
-
PERSOEIRO
Historiador francés. De formación marxista, traballou temas de historia das mentalidades no s XVIII e durante a Revolución Francesa, e as actitudes ante a morte, a festa ou as mentalidades revolucionarias. Das súas obras destacan La chute de la monarchie, 1787-1792 (1972), La mentalité revolutionnaire (1985), La Révolution contre l’église: de la raison a l’Être Supreme (1988), La découverture de la politique: géopolitique de la Révolution Française (1993) e Les folies d’Aix ou La fin d’un monde (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Xénova ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Xénova.
-
-
Moeda de ouro cuñada en Xénova desde a segunda metade do s XIII, cun peso de 3,5 g.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que se difundiu a través do francés Geneviève, procedente do latin tardío Genovefa, de orixe incerta. Tagliavini di que está composto do céltico geno ‘xénero, estirpe’ e do xermánico wefa ‘muller, dona’, e de aí ‘muller nobre, de estirpe elevada’, mentres que outros autores o derivan do galés Gwenhuifar ‘branca como a escuma do mar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Nanterre? 420 - París? 500) Pastora. A lenda presentouna como unha penitente que salvou coa súa oración a cidade de París da incursión dos hunos e dos francos. Iconograficamente representouse como unha pastora ou unha monxa, cunha cruz ao pescozo e unha vela ou facho na man. A súa festividade celébrase o 3 de xaneiro.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Bartolo que dá nome ao concello de Xove, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Mariña Occidental situado na provincia de Lugo, a N da Comunidade Autónoma de Galicia (43° 40’ 40’’ N - 7° 30’ 40’’ O). Limita ao N co Mar Cantábrico, ao L con Cervo (A Mariña Occidental), ao S co de Viveiro (A Mariña Occidental) e ao O co de Viveiro (A Mariña Occidental). Abrangue unha superficie de 89,1 km 2 , cunha poboación de 3.602 h (2007), distribuída nas parroquias de Lago, O Monte, Morás, Portocelo, A Rigueira, Sumoas, Xove e Xuances. A capital esta no lugar de Xove, na parroquia homónima. O concello atópase a 163 km de Santiago de Compostela e a 106 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Viveiro.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A configuración orográfica de Xove vén determinada por dous compoñentes: un perfil costeiro accidentado e os contrafortes das serras setentrionais. A costa é recortada (puntas Mansa, Recortadoira e de Morás), resolta en frecuentes acantilados e pequenas praias nas escasas... -
VER O DETALLE DO TERMO
Cría da vaca, de dous ou tres anos.
-
-
Cuarto día da semana segundo o cómputo antigo, ou quinto no cristián, entre o mércores e o venres. OBS: Tamén se denomina quinta feira.
-
Xoves da Semana Santa, que conmemora a oración no Monte das Oliveiras en Xetsemaní, o lavatorio e a Última Cea de Xesús, durante a que instituíu o sacramento da Eucaristía, segundo se establece na Biblia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico europeo nacido en Alemaña en 1957 que, concibido como un proxecto vital novo, partiu do ambiente artístico dos anos de posguerra, crítico cos valores do pasado. Nel confluíron as tendencias artísticas máis innovadoras da época: desde o monocromatismo de I. Klein e de P. Manzoni e as teorías sobre a cor de Jef Verheyen, pasando pola op art de J. Tinguely e o espacialismo de Lucio Fontana. Tivo a súa máxima actividade a partir da década de 1960, en que se celebraron numerosas exposicións e se editaron publicacións como Zero e Azimuth.