"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

    1. Fase dun ciclo vital comprendida entre a fecundación e a meiose.

    2. Estado diploide na vida dos organismos que teñen alternancia de xeracións, por exemplo, a fase que corresponde ao esporófito nas plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á diplofase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición, por erro, dunha frase, palabra ou sílaba que comeza ou remata igual ca a anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á célula ou ao organismo que presenta diplohaploidía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade dun organismo que alterna xeracións diploides con xeracións haploides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que alterna, dentro do seu ciclo vital, xeracións haploides e diploides de morfoloxía similar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á célula ou ao organismo que presenta diploidía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade da célula, tecido, organismo ou fase dun ciclo biolóxico, no que os núcleos celulares teñen dous xogos completos e homólogos de cromosomas, polo que se designan como 2n.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de himenópteros, da familia dos cinípidos, que producen bugallos nos carballos. Na Península Ibérica están presentes as especies: D. centifoliae, D. eglanteriae, D. mayri, D. nervosa, D. rosae e D. spinosissimae.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Documento solemne, como unha bula ou un despacho, saído dunha chancelería imperial ou real, autorizado polo selo e as armas do monarca e, por extensión, dunha chancelería eclesiástica. Na Antigüidade romana recibían este nome os documentos que se gravaban en dúas placas de bronce e que formaban un díptico. O termo foi aplicado polos eruditos do Renacemento aos documentos e privilexios solemnes. Jean Mabillon, fundador da ciencia diplomática, adoptouno definitivamente. As formas diplomáticas poden distribuírse en tres grandes apartados: o protocolo inicial, que consta de invocación, intitulación, dirección e salutación; o texto, que comprende a arenga ou preámbulo, a notificación, a exposición, a disposición, a sanción ou a corroboración; e o protocolo final ou escatocolo, que pode incluír a aprecación, a subscrición, a datación e a validación.

    2. Escrito ou acta que expiden certos organismos, como unha universidade, facultade, escola, sociedade literaria ou corporación, conferindo un título, un grao, unha prerrogativa ou un premio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia ou coñecemento do procedemento para establecer e manter relacións internacionais mediante tratos e negociacións, e para representar un Estado. A súa existencia remóntase á aparición dos primeiros soberanos, aínda que non adquiriu un carácter de organización fixo, con embaixadores permanentes, ata finais da Idade Media. Contemporaneamente á consolidación dos estados nacionais, creáronse corpos estables de funcionarios encargados das relacións cos gobernos estranxeiros. A diplomacia determinou a creación de organismos e de normas, sobre a base das que se formou boa parte do dereito internacional. Non obstante , despois das dúas guerras mundiais tendeuse á creacion de organizacións supraestatais para reducir as tensións diplomáticas.

    2. Carreira ou cargo de diplomático.

    3. Conxunto da organización e do persoal encargado das relacións oficiais internacionais, en nome dun determinado goberno ou dunha determinada organización internacional.

    4. Habilidade ou astucia para levar a cabo un asunto delicado ou para tratar con persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de diplomar ou diplomarse.

    2. Que ou quen obtivo un diploma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conceder a alguén un diploma.

    2. Obter un diploma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilación de diplomas e outros documentos relativos a unha institución, un personaxe, un territorio ou unha época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia auxiliar da historia que ten por obxecto o estudo das fontes escritas, principalmente os diplomas ou documentos, tanto na súa forma externa como interna, para así poder verificar a súa autenticidade. Desde a Antigüidade, existiron sistemas para verificar a autenticidade dos documentos, pero foi no s XVII, como consecuencia da preocupación dos historiadores por descubrir e evitar a falsificación de documentos, cando o francés Jean Mabillon estableceu as regras fundamentais da diplomática na obra De re diplomatica (1681) e se centrou no estudo integral (formal e material) dos documentos. Co paso do tempo, o seu ámbito de investigación limitouse ao estudo das características de redacción dos documentos, á súa elaboración e transmisión, e ás institucións (persoas, chancelerías ou notarios) que os emitiron e lles conferiron unhas características formais. O seu desenvolvemento en España, que se iniciou no s XVIII ao redor dos círculos de eruditos e dos membros das ordes monásticas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación especializada que se editou en Mondoñedo en marzo de 1954. Subtitulouse “Periódico de Historia, Arqueología, Heráldica, Literatura, Ciencias y Artes comarcales”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos antigos diplomas e á diplomática.

    2. Relativo ou pertencente á diplomacia.

    3. Que ten habilidade ou tacto para levar a cabo asuntos delicados.

    4. Que ou quen é membro do corpo diplomático dun Estado que ostenta a representación dun país noutro. Encárgase das relacións xurídicas, políticas e financeiras que afectan os intereses dos cidadáns do seu país no estranxeiro, e da negociación de convenios e tratados internacionais.

    5. Persoa que, de maneira provisional, leva a cabo negociacións entre estados ou fai de intermediario entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical pioneiro do rock bravú que se caracteriza por unir o idioma galego e mais o rock e a cultura popular de Galicia. Integrado por Rómulo Górriz Sanjurjo, acordeón; Juan Guni Varela, guitarra; Mangüi Martín, baixo; Marcos Viascón, batería, voz, acordeón diatónico; e Xurxo Souto, vocalista, as súas influencias musicais son moi variadas: punk, ska, heavy, hardcore, a música das bandas, a muiñeira, a pandeirada, etc. Entre as súas composicións destacan Aí vos quedades, Lume de biqueira, Estrume e Berbés, e da súa discografía Arroutada Pangalaica (1991), Parrús (Arroutada 2) (1993), Avante toda! (Arroutada 3) (1995) e Capetón (Arroutada 4) (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa dedicada ao estudo dos diplomas ou da diplomática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grao universitario que se obtén cando se remata unha carreira de tres anos.

    VER O DETALLE DO TERMO