"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

    1. Ave paseriforme, de 15 cm de lonxitude, que ten unha dobre franxa nas ás e as temoneiras externas brancas. O macho ten a cabeza e caluga cinsenta, o peito e dorso castaños, e a mitra verde; a femia é parda na cabeza e dorso, e máis clara no ventre. Malia que dificilmente se pode amansar, é moi apreciado como ave de gaiola polo seu canto. É moi cosmopolita e vive en fragas, xardíns, campos de cultivos, etc. Migrador parcial, habita en toda Europa, L de Asia e N de África. En Galicia é sedentario e distribúese por toda a rexión, ata os 1.300 m de altitude.

    2. bicogroso.

    3. Ave paseriforme, de 15 cm de lonxitude, moi semellante ao pimpín común pero coas partes superiores do macho ennegrecidas durante o verán e pardentas con manchas negras no inverno, lombo e peito roxo e rabadilla branca. É granívoro, aínda que tamén come insectos. Habita en prados, campos e parques do N de Europa e Asia, pero en Galicia é moi raro.

    4. Paseriforme de 14 cm de lonxitude, de cor parda gris, coa rabadilla, as ás, a cara e as partes inferiores tinguidas de rosa. Habita no N de África e é accidental ao S de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, perenne, de follas pinnaticompostas, con folíolos festonados ou incisos, de flores apétalas, verdosas ou pardas, agrupadas en glomérulos, e de froitos en aquenio. Florece entre maio e setembro.

    2. Planta herbácea, perenne, de 20 a 100 cm de altura, de follas pinnaticompostas, e con flores purpúreas, xuntas en glomérulos, e de froitos en aquenio. Dáse en prados de sega, nos Pireneos e nas zonas húmidas de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de díodo en que unha capa de material intrínseco ou pouco dopado está situado entre dúas capas máis dopadas, unha p e outra n. Presenta unha característica intensidade-voltaxe moi interesante, tanto en polarización directa como en polarización inversa. O díodo pin ten un gran número de aplicacións, sobre todo en circuítos de microondas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insignia ou adorno pequeno de chapa ou metal que se prende na roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número secreto persoal que permite o acceso á utilización de aparatos (teléfonos móbiles, ordenadores, etc) ou servizos (tarxetas de crédito e débito, correo electrónico, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Xeneral, durante a Revolución de Setembro de 1868 participou no derrocamento da Raíña Isabel II. Tomou parte nas principais accións militares contra os independentistas cubanos e, de volta á Península (1881), foi gobernador militar de Ciudad Real e capitán xeneral de Castela a Vella e Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza metálica que forma a circunferencia externa dunha roda, arredor da que vai o pneumático.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estróbilo das pináceas.

      2. Infrutescencia do piñeiro onde se aloxan os piñóns.

      3. Nome que se dá a diversos órganos ou partes vexetais que teñen forma de piña, como por exemplo a sorose das ananás ou o capítulo de certos compostos.

      4. piña amarela [Aeonium arboreum, Fam das crasuláceas]

        Planta suculenta de tallos ramificados de 1 a 2 m, rematados en follas con forma de espátulas dispostas radialmente; produce flores dun amarelo dourado. É planta de xardín de orixe mediterránea.

      5. piña americana/tropical

        ananás.

      6. piña azul [Scilla peruviana, Fam das liliáceas]

        Planta herbácea vivaz, de 20 a 25 cm de altura, de bulbo tunicado, as follas lanceoladas, todas radicais, de flores xeralmente dun azul intenso, recollidas nunha inflorescencia corimbiforme, hemisférica, voluminosa e compacta, e de froitos capsulares. Dáse en malezas, prados e terreos húmidos da rexión mediterránea occidental.

      7. piña de san Xoán [Leuzea conifera, Fam das asteráceas]

        Planta herbácea bienal ou perenne, de 5 a 30 cm de altura, de follas brancas e tomentosas no reverso, as inferiores lanceoladas, as superiores pinnatífidas, de flores purpúreas ou abrancazadas, todas hermafroditas, de capítulos voluminosos, non recollidas en inflorescencia, terminais, globosas, con numerosas brácteas involucrais imbricadas e pardentas, e froitos en aquenio provistos de lanuxe. Dáse na rexión mediterránea occidental.

    1. Acio de uvas.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Castromaior (Abadín). O seu cumio acada os 814 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado en Los Monegros e regado polo Ebro (2.233 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cronista portugués. Secretario e notario de D. João II (1481), e protagonista de destacados feitos acontecidos durante o goberno deste monarca, foi nomeado cronista oficial da Corte de Portugal en 1497 durante o reinado de Manuel I de Portugal. Nos seus escritos, constituídos por un conxunto de crónicas dos monarcas da dinastía de Avis e dos primeiros reis portugueses na etapa posterior ao goberno de Afonso Henriques, reflectiu a vida portuguesa do s XV cun estilo que anticipaba a concepción renacentista da historia. Desta obra, cómpre distinguir as crónicas dos reinados de Afonso V e João II, polo coidado da súa narración e pola documentación que presenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pináceas.

    2. Planta da familia das pináceas.

    3. Familia de coniferais integrada por árbores e raramente por arbustos dioico, case sempre perennifolios, con follas alternas e aciculares. As flores masculinas son estrobiliformes e levan na base catafilos escamudos; os seus estames constan de dous sacos polínicos e dunha bráctea ou escama estaminífera. O aparato feminino, interpretado como unha inflorescencia, é un estróbilo ou cono pseudocárpico, que se lignifica ao madurar, e que consta de escamas seminíferas, que levan dous primordios seminais, e de escamas tectrices intercaladas. As sementes teñen o episperma lignificado e a miúdo están aladas. A polinización é anemófila e os grans de pole son vesiculares. Son propias das zonas temperadas e frescas do hemisferio norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das células ectodérmicas planas que tapizan o corpo dos poríferos. Nos de tipo sicón tapizan o exterior do corpo e a cavidade gástrica; nos de tipo leucón recobren só as partes interiores da cavidade gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao pinacoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma cristalina simple da clase holoédrica pinacoidal, á que pertence o sistema triclínico e que só ten un centro de simetría. A existencia do centro de simetría esixe que cada forma estea constituída por dúas caras opostas e paralelas, que se chaman pinacoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol dihidroxílico saturado, que se obtén por dimerización redutora da acetona con amálgama de magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cetona alifática saturada que se obtén por transposición do pinacol nun medio ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo da textura das superficies pitóricas artísticas que, considerando a importancia da pegada das ferramentas (pincel, brocha, espátula) e o seu percorrido, consegue personalizar as obras de atribución dubidosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio destinado a conservar ou expoñer coleccións de pintura. Na Grecia antiga, era o lugar onde se atesouraban as ðἱíáêåò ou táboas pintadas de carácter votivo. En época helenística e romana comezaron a atesourarse coleccións de carácter máis artístico.

    2. Colección de cadros.

    VER O DETALLE DO TERMO