"RCA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 608.
-
GALICIA
Concello da comarca administrativa de Tabeirós-Terra de Montes, situado na provincia de Pontevedra no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao NL co concello de Silleda (na comarca do Deza), ao L co de Lalín (Deza), ao S cos do Irixo e Beariz (ambos os dous na comarca do Carballiño) e A Lama e Cotobade (na de Pontevedra), ao O co de Cerdedo e ao NO co da Estrada. Abrangue unha superficie de 168,4 km 2 , nos que acolle unha poboación de 4.428 h (2007), distribuídos nas parroquias de Aciveiro, Castrelo, Dúas Igrexas, Forcarei, A Madanela de Montes, Meavía, Millarada, Pardesoa, Pereira, Quintillán, San Miguel de Presqueiras, Santa Mariña de Presqueiras e Ventoxo. A capital municipal é a vila de Forcarei, situada a 42° 35’ de latitude N e 8° 20’ de lonxitude O, 44 km ao NL de Pontevedra e 52 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial da Estrada e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A elevada altitude media... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Forcarei. Construída no 1697, reedificouse en 1787 baixo a dirección dos canteiros Pedro Varela e Pedro Gutiérrez, e ampliouse no s XX ao engadirse unha nave transversal ao muro S. Ten planta de cruz latina con ábsida e sancristía cadradas, cóbrese con bóveda de aresta. Na fachada, a porta é arquitrabada e sitúase baixo un pórtico con arco semicircular; sobre ela ábrese unha fornela coa imaxe da Virxe. A torre, situada nun dos lados da fachada, está composta por dous corpos, un rectangular e outro octogonal coroado por unha pequena lanterna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Parada de Sil baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de extrema esquerda, xurdido en Portugal en 1980, que tomou o seu nome da revolución contra a ditadura salazarista (25.04.1974), coñecida como Revolução dos Cravos. A súa ideoloxía centrábase na loita contra o imperialismo e o poder exercido pola burguesía capitalista, para o que levou a cabo diversos atentados contra o goberno portugués, entidades bancarias, delegacións estadounidenses e da OTAN ata 1986, ano en que foi detido o seu líder, Otelo Saraiva do Carvalho, condenado a quince anos de prisión. En 1995 beneficiouse dunha amnistía xeral concedida aos membros do grupo e saíu en liberdade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apéndice dos insectos en forma de garfo, como o aparello quitinoide da probóscide dalgúns dípteros, o aparello caudal dos colémbolos, etc, que lles serve para saltar.
-
SEMANARIOS
Semanario de tendencia republicana editado na Coruña a partir de 1905. Cesou a súa edición ao redor de 1913. Tiña unha tiraxe de 800 exemplares e difundía información económica e comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario de carácter económico editado na Coruña a partir de 1902.
-
PERSOEIRO
Poeta. Membro da Arcádia Lusitana, baixo o pseudónimo de Córidon Erimanteu, colaborou na Gazeta de Lisboa. Da súa produción destacan as Obras Poéticas (1778).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Dereito, viviu na madrileña Residencia de Estudiantes, onde contactou coa elite literaria e intelectual dos anos vinte e pertenceu ao grupo de poetas vinculados á Xeración de 1927. No bienio de 1929-1930 visitou EE UU e Cuba e no período 1933-1934 estivo en Arxentina e Uruguay. Republicano e intelectual de esquerdas, foi asasinado en 1936, ao pouco de comezar a Guerra Civil española. Como poeta iniciou a súa traxectoria en 1921 con Libro de poemas, ao que seguiron Canciones (1927), Poemas del cante jondo e Primer romancero gitano (1928). Posteriores son Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1935) e Seis poemas galegos (1935). Con carácter póstumo apareceron Diván del Tamarit e Poeta en Nueva York, ambos os dous publicados en 1940. Máis serodia aínda foi a publicación dos Sonetos del amor oscuro. No terreo teatral é autor de dous dramas modernistas, El maleficio de la mariposa (1920)...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (798-810). Resistiu as acometidas de Carlomagno (800) e comezou a construción dunha serie de fortificacións entre os fiordes Sli e Eider. Detivo o avance dos vendos ao destruír Reric, unha das súas marcas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de príncipes rusos de orixe moscovita. Entre os seus membros destacaron Dmitrevi č Gor č akov (1790-1868), xeneral que participou na campaña contra Napoleón (1812-1813), na guerra contra Turquía (1829) e na de Crimea; Mikhail Dmitrevi č Gor č akov (1793-1861), xeneral que reprimiu a revolta de Polonia (1830-1831), cabeza do estado maior durante a represión da revolución húngara (1849) e lugartenente xeral en Polonia (1856); e Aleksandr Mikhajlovi č Gor č akov (1798-1883), diplomático e ministro de Asuntos Exteriores desde 1856, que foi o artífice da hexemonía rusa no Mar Negro, da Alianza dos Tres Emperadores (1873) e da sinatura do Tratado de San Stefano (1878).
-
PERSOEIRO
Xornalista e político. Fundador do diario demócrata El Porvenir (1860) e de La Redención del Pueblo (1868) en Reus, en Madrid foi redactor de La Democracia (1864) e director de La Discusión (1873) e El Pueblo Español (1878). Colaborou tamén en L’Esquella de la Torratxa e El Poble Català. Publicou El regionalismo en la nación (1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, primeiro conde de Revillagigedo (1749-1768). Durante a súa xestión como capitán xeral de Cuba (1734-1746), fundou a Compañía de Comercio de La Habana (1739-1740) e conseguiu expulsar os británicos da illa. Vicerrei de Nova España (1746-1755), ditou unha serie de medidas liberalizadoras do comercio e reprimiu o contrabando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Revillagigedo, fillo de J. F. Guemes de Horcasitas. Vicerrei de Nova España (1789-1794), o seu goberno caracterizouse por completar a división en intendencias, fomentar a rede viaria, mellorar o sistema educativo e dos correos e patrocinar numerosas expedicións de carácter científico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (826?-863?). Loitou contra os fillos de Godofredo I de Dinamarca axudado por Ludovico Pío, a cambio da súa conversión ao cristianismo. Bautizado xunto coa súa familia no 826, facilitou a chegada a Dinamarca de santo Anscario, que evanxelizou o país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (940?-986?), fillo de Gorm o Vello. Estendeu a soberanía danesa ao S de Noruega e rexeitou os vendos no Hoder. Tolerante co cristianismo ao que se converteu no 966, foi vencido por un grupo de nobres rivais entre os que se encontraba o seu fillo Sven I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Iniciador dunha herexía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á aleta caudal integrada por dous lobos desiguais, un dorsal ou superior, sostido pola columna vertebral, e un ventral, moito máis pequeno, sostido polos raios córneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ocupa un lugar de autoridade na xerarquía dunha organización, especialmente referido á Igrexa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xeneral de cabalería na antiga Grecia, que se ocupaba de recrutar e instruír os xinetes. En Atenas había dous hiparcas elixidos para un período dun ano.