"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • (Santiago de Cuba 1879 - Madrid 1962) Militar. Loitou en Marrocos e dirixiu a Escuela Civil de Aviación de Getafe. Participou no desembarco de Alhucemas (1925) e foi ascendido a xeneral (1929). Trala proclamación da Segunda República Española pasou á reserva e exiliouse (1931). Foi xefe da aviación durante a Guerra Civil Española (1936-1939). Capitán xeneral de Mallorca (1939-1941) e de Catalunya (1941-1942), posteriormente dirixiu a Escuela Superior del Ejército. Interveu na conspiración monárquica contra F. Franco (1943-1948). En 1961 converteuse en marqués de Kindelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Hoboken, New Jersey 1894 - Bloomington, Indiana 1956) Naturalista, sociólogo e sexólogo. Sen abandonar as súas investigacións zoolóxicas na Universidade de Indiana, estudiou, a través de enquisas, o comportamento sexual humano. Xunto cos seus colaboradores Pomeroy e Gebhard, reflectiu o resultado desta análise en Sexual Behavior in the Human Male (1948) e en Sexual Behavior in the Human Female (1953), coñecidos como informes Kinsey, que representaron un fito científico e sociolóxico para clasificar a problemática complexa da sexualidade manipulada por tabús e leis. As conclusións obtidas teñen en común unha visión racional da conduta sexual e un ataque ás concepcións inmobilistas de “normalizar” e “anormalizar” a práctica sexual occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Johannesburgo 18.3.1936) Político sudafricano. Xurista, foi elixido deputado do Partido Nacional (1972) e posteriormente ocupou diversos cargos ministeriais (1978-1989). Sucedeu a P. Willem Botha na xefatura do partido e na presidencia sudafricana (1989-1994). Desde este cargo iniciou un desmantelamento gradual do sistema do apartheid e de aproximación ao Congreso Nacional Africano (ANC), legalizado en 1990, para introducir en Sudáfrica un réxime político plenamente democrático. En 1994 ocupou a vicepresidencia do goberno de unidade nacional que seguiu ás primeiras eleccións multirraciais. Recibiu o Premio Nobel da Paz, xunto a Nelson Mandela, en 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Las Palmas 1927 - Madrid 10.9.1999) Tenor. Estudiou en Barcelona, València e Milán, neste último lugar da man da soprano Mercedes Llopart. Debutou no Cairo con Rigoletto (1956) e posteriormente completou unha carreira musical nos mellores escenarios do mundo. Especializouse no repertorio romántico francés (Bizet, Massenet, Gounod, Offenbach), pero tamén destacaron as súas interpretacións de Donizetti e algúns papeis de Verdi. Realizou numerosas gravacións discográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Hoboken, New Jersey 1876 - París 1960) Antropólogo estadounidense. Profesor na Universidade de California (1901-1946) e director do seu Museo Antropolóxico (1908-1946), estudiou temas tan diversos como o parentesco, o folclore, a arte, a lingüística ou a arqueoloxía. No eido da teoría, tentou atopar regularidades no desenvolvemento das culturas e elaborou a noción de área cultural. Da súa extensa e variada obra, destacan Anthropology (1923), Configurations of Culture Growth (1945) e The nature of Culture (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Litomĕrĭce, Bohemia 1877 - Zuickledt, Austria 1959) Debuxante austríaco. Influenciado por O. Redon, uniuse ao grupo expresionista Der Blaue Reiter. A súa obra decantouse polo mundo fantástico e pola obsesión pola morte e a sexualidade feminina. Ilustrou obras de E. A. Poe e F. M. Dostojevskij.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista francés. Estudiou as causas e os efectos da erupción do monte Pelé, así como as erupcións do Vesubio. Escribiu, entre outras obras, Minéralogie de la France et de ses colonies (1839-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias da Ferreirúa (A Pobra do Brollón) e O Incio (O Incio). O seu cumio acada os 818 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Doutor en Filosofía e catedrático de escultura, foi o primeiro decano da facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa obra ten matices surrealistas, entendida cunha vangarda con reminiscencias barrocas. Escribiu ensaios de arte cunha concepción filosófica, entre outros, Teoría bruta de la forma frágil: escritos adverbiales de arte, estética y enseñanza (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou en La Habana, en Madrid e en París (1938-1939), onde coñeceu a Picasso e se integrou no grupo surrealista de A. Breton. En 1941 volveu a La Habana, onde fixo un tipo de pintura influída polas civilizacións primitivas, as tradicións e o vodú haitiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Foi o construtor do primeiro automóbil feito en Reino Unido, impulsor da investigación aeronáutica inglesa e creador dunha importante empresa automobilística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Foi moi popular grazas aos personaxes de comedia que interpretou en numerosos filmes. Destacan El verdugo (1963), de L. G. Berlanga, No somos de piedra (1967), de M. Summers, No desearás al vecino del 5º (1970), de R. Fernández, Las verdes praderas (1979) e El crack (1981), ambos os dous de J. L. Garci, Los santos inocentes (1983), de M. Camus, Premio de Interpretación de Cannes, Sinatra (1988), de F. Betriu, El río que nos lleva (1989), de A. del Real, e La marrana (1992), de J. L. Cuerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Investigou a teoría cuántica e a estrutura atómica. En 1918 deduciu, xunto con Max Born, unha expresión para calcular teoricamente as enerxías de rede na formación dos compostos iónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado ao SL de Santander, no extremo oriental da baía de Santoña (12.559 h [2001]). Tivo importantes estaleiros durante o s XVII. Na actualidade ten industria relacionada coa actividade pesqueira, complementada pola agricultura e a explotación gandeira. É centro turístico. O conxunto histórico foi declarado BIC en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Texas, EE UU, situada á beira do río Bravo (122.900 h [1990]). Posúe refinerías de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudou debuxo e pintura. Colaborou en Guía de las rutas de Galicia e escribiu Os nosos cruceiros (1993), ilustrado con debuxos seus. Realizou exposicións individuais e colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Licenciado en Filosofía e Teoloxía, Humanidades e Pedagoxía, foi autor de Os nosos devanceiros (1976), Guía de Santiago e Rías Baixas (1982), Galicia Enteira (1980-1989), Galicia de Galicia: do A ao Z (1991), O camiño de Santiago por Galicia (1993) e Guía de Arzúa (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao lugar agreste e cheo de pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Laza, no concello homónimo. O seu cumio acada os 784 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO