"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • PERSOEIRO

    Cantautor portugués. Realizou estudios de dereito e participou, xunto a José Afonso e outros artistas, no movemento renovador do fado de Coimbra, que posteriormente orixinou un novo modelo de canción ao evolucionar cara á balada e á canção de intervenção. Foi un activo loitador contra a ditadura de Oliveira Salazar, actitude que condicionou boa parte da súa obra, e que se reflectiu en Trova do vento que passa (1962), unha escolma de poesía de protesta. O seu repertorio nutriuse de poemas alleos, musicados moitos deles por el mesmo, algúns da autoría de Curros Enríquez e Rosalía de Castro. Da súa discografía destaca Cantaremos (1970) e Gente de aqui e de agora (1971). Postumamente, editouse a escolma Memória de Adriano (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Estudiou medicina na facultade de Ciencias de Porto, onde foi catedrático de Antropoloxía dende 1921 e fundador do Instituto de Antropologia. Publicou numerosos libros sobre antropoloxía, arqueoloxía e etnografía, entre os que destacan Antropologia (1915), Da biologia á história (1934) e Antropologia e história (1954). Foi membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, e da Sociedade de Geografia de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador portugués. Residiu na India a maior parte da súa vida e a súa obra Lendas da India está considerada como a máis importante da historiografía ultramarina portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Centrou a súa obra na rexión de Entre Douro e Minho, e incorporou nela os dialectalismos. Da súa produción destacan Terra ingrata (1946), Montes pintados (1960), Noite de fogo (1974) e Outro Mundo (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor portugués. Membro dunha familia de vidreiros, estudou belas artes en Porto e Lisboa. Foi profesor e director da Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa. Realizou diversas estatuas e relevos que están repartidos por lugares públicos e privados. Pertenceu á Academia Nacional de Belas-Artes, á Sociedade Nacional de Belas-Artes, á Associação dos Arqueólogos Portugueses e á Sociedade de Geografia de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora portuguesa. Realizou os seus estudios en Lisboa. En 1979 foi deputada polo PSD e, posteriormente, deputada independente. Colaborou en diversos xornais e revistas, e fundou a Fronte Nacional para a Defesa da Cultura. Escribiu, entre outras obras: Rio de nuvens (1947), Passaporte (1958), Comunicação (1959), Cântico do país emerso (1960), O Homúnculo (1964), O vinho e a Lira (1966), A madona (1968), Epístola aos iamitas (1976), O dilúvio e a pomba (1979), Sonetos românticos (1990) e O sol nas noites e o luar nos dias (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo portugués. Cultivou un teatro costumista con elementos expresionistas: Sol da floresta (1957), As cinco vogais (1951) e O Vagabundo de mãos de oiro (1961). Escribiu tamén as novelas Desporto-Rei (1956), Bonecos de luz (1961) e O tritão (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -Os-Montes, Alto Douro 1888 - Coimbra 1944) Historiador da arte portugués. Fundou as publicacións Arte e Arqueologia e Terra Portuguesa, e dirixiu o Diário de Coimbra. Entre as súas obras cómpre destacar Monumentos e esculturas (séculos III-XV) (1924), Pintores portugueses dos séculos XV e XVI (1928), A escultura em Portugal no primeiro terço do século XVI (1929) e Excursões no centro de Portugal (1939). A Universidade de Coimbra publicou Obras (1944), unha escolma dos seus estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que reina xuntamente con outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reinar xunto con outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. xoaniña.

    2. lavandeira.

    3. zapateiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que cose ou arranxa roupa. OBS: Normalmente referido a unha muller. Na tradición oral recóllense ditos como: “A boa costureira, queira ou non queira, sempre ten algo de señoriteira. A costureira detrás do cristal, pinchada no dedo en tres no dedal. Muller costureira e home troiteiro, nin bo arranxo, nin bo palleiro. Non sabe a costureira para que se fixo a peneira”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e sindicalista. Traballador do estaleiro de Bazán que iniciou a súa andaina como delegado sindical antes de ocupar o cargo de secretario do comité de empresa. Ademais, exerceu como secretario comarcal da Unión General de Trabajadores (UGT) na comarca de Ferrol. A súa traxectoria política sempre estivo vinculada ao Partido Socialista de Galicia-Partido Socialista Obrero Español (PSdG-PSOE). Presidiu a comisión de Industria do Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985) e na II lexislatura, entre 1985 e setembro de 1989, mes no que accedeu á alcadía de Ferrol, logo dunha moción de censura. Despois das eleccións municipais de 1991, nas que resultou elixido alcalde de Ferrol Mario Villamil, unha nova moción de censura permitiu que volvese á alcadía, cargo que exerceu ata 1995. Así mesmo, foi deputado pola Coruña no Congreso de los Diputados durante a V lexislatura (1993-1996). En 1996 abandonou toda a súa actividade política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo, pedagogo e poeta. En 1904, ao tempo que estudiaba na Escola Normal de Mestres de Santiago de Compostela (1906-1909), estableceu un colexio na capital do Eume. Rematada a carreira, estudiou o bacharelato. No ano 1910 aprobou as oposicións de maxisterio e pasou a exercer de mestre na Escola Graduada de Lugo, traballo que realizou simultaneamente co exercicio libre do ensino secundario. O seu desenvolvemento persoal e intelectual articulouse ao redor do autodidactismo, a lectura continua e o exercicio da docencia; concibía a educación como un proceso de formación completo que debía abranguer tanto o plano intelectual coma o político, social e ético. En 1917 aprobou, sen pasar pola Escola de Estudios Superiores de Maxisterio, as oposicións para a inspección de ensino primario. Exerceu este novo cargo en Ourense ata 1936. Nesa mesma cidade, ademais de casar con Elisa Pavón Rodríguez, achegouse ao xornalismo e foi redactor xefe do Diario de Orense, e colaborador de La Zarpa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caverna do Monte da Farrapa, na parroquia de Argomoso, no concello de Mondoñedo. Situada nunha banda de materiais calcarios, é a máis grande das descubertas en Galicia, pois as súas galerías suman 5 km de lonxitude. No seu interior hai varias salas nas que se poden contemplar as típicas formacións calcarias de estalactitas e estalagmitas. A magnitude da cova e a excepcionalidade das formacións calcarias en Galicia, alimentaron a imaxinación popular para converter este lugar en escenario lendario. En 1873, Xosé Villaamil e Castro publicou un plano da galería principal da cova. En 1954, o Club Montañeros Celtas levou a cabo a primeira escavación arqueolóxica no recinto, no que se localizaron diversos achados materiais da Idade do Ferro, así como restos humanos. No aspecto deportivo, constitúe un dos lugares máis destacados para a práctica da espeleoloxía en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Cruz de Creixà (Anoia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, litógrafo e ilustrador. Durante a súa estadía en París (1915-1922), traballou no obradoiro do impresor François Bernouard e expuxo no Salon des Indépendants (1922), no Salon d’Automne e nas Tuileries. Realizou unha pintura impulsiva e nerviosa de carácter figurativo. Ilustrou, entre outras obras, Arrêts facultatifs (1925) de Gaston Pulings e Le chirurgien des Roses ou Roses des lles et du Soir (1922) de Marcel Sauvage, e colaborou en Les Feuilles Libres e Cahiers van de Driehoek. Entre os seus cadros destaca Portrait de famille (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carácter das rexións onde a rede hidrográfica é case exclusivamente subterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Frade capuchino, nos seus poemas comprácese nunha visión dramática da natureza. A súa obra publicouse no s XVIII e reeditouse en 1918.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pato cullerete.

    VER O DETALLE DO TERMO