"Rodríguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 437.

  • PERSOEIRO

    Político. Perito marcantil, estudou tamén maxistero. Foi director da Escuela-Hogar Ciudad de los Muchachos e presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Elixido deputado por Ourense entre 1979 e 1996 e senador electo por Ourense (1996-2000), foi secretario xeral (1982-1985) e presidente (1985-1988) do PSdeG-PSOE e membro do comité federal do PSOE (1982-1994). Foi presidente de FETE-UGT Galicia (1981). Desde 2002 é membro e voceiro do PSdeG-PSOE no Consello de Adminisración   da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Foi interventor adxunto do Ministerio de Sanidade, xerente da Universidade de Santiago de Compostela e interventor xeral da Xunta de Galicia. Foi elixido deputado no Parlamento galego polo PP (1993-1999) e conselleiro da Presidencia e Administración Pública (1990-1999). Desde 2003 é vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Catedrático de Francés no Instituto de Ourense, publicou Nuevo método teórico-práctico para aprender la lengua francesa (1908), Programme de Langue française (1921) e Tradución de los principios de Derecho consignados en las leyes civiles de medicina y Marañón (1925). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso marista. Fundou e dirixiu as revistas Radia Nacional e Mandos, así como o Seminario de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia. Publicou Breviario de la vida y la muerte (1930), La labor misionera de España en el mundo (1950) e Ribadavia, plataforma turística (1965). Deixou inéditas Dicionario religioso de urgencia e Hagiografía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e escritor. Inventou unha regra movible para a escritura de cegos e publicou Estudio clásico sobre el análisis de la lengua española (1895), Origen filológico del idioma gallego. Apuntes gramaticales sobre el romance gallego de la Crónica Troyana (1898) e as novelas A boda do grilo (1907) e O pantasma (1907), que se inseriron en El Eco de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Diplomado en radiodifusión, mercadotecnia, publicidade e xornalismo, foi redactor en Diario de Pontevedra e El Correo Gallego, e director de programación da Cadena Cope en Vigo e Donostia. Director do programa Desde Galicia para el Mundo de TVE, foi director de Cadena Radio Noroeste, RNE en Santiago de Compostela e da Radio Autonómica. Ocupou tamén o cargo de director da TVG e do Centro Territorial de TVE en Galicia, ademais de coordinar diversos proxectos audiovisuais da Consellería de Cultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Presidiu a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia (1926-1939) e foi académico correspondente da Real Academia Española. Escribiu Procesos de formación y eliminación del ácido úrico, Patogenia de la angina de pecho e Concepto energético biogenésico y valor terapéutico de las aguas naturo-medicinales (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dramaturgo, guionista e escritor. Director das galerías de arte Torques e Citania en Santiago de Compostela e codirector da revista de estudos artísticos e literarios Citania, impartiu cursos de formación sobre escritura dramática e audiovisual nas tres universidades galegas. Colaborador do grupo Ditea e fundador do grupo de teatro Obradoiro e do equipo de cine Lupa, participou en numerosos congresos e actos culturais. Ademais, foi xurado en diversos premios literarios e artísticos, comisario en máis de 200 exposicións e colaborou en revistas especializadas, como Grial, Ensaio, Assaig de Teatre e Acotaciones, e en gran parte da prensa de Galicia. Da súa produción escrita destacan -ademais de abundantes recensións críticas e estudos teatrais en publicacións e libros colectivos-, en teatro, Zardigot (1974, Premio Abrente 1973), unha parábola da guerra protagonizada por unha serie de personaxes marcados pola violencia e estreada polo Teatro Circo; A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo e político. Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, ingresou na UPG en 1971, da que foi secretario xeral ata que a formación se integrou no BNG. Foi membro da comisión permanente e do consello nacional do BNG e deputado no Parlamento de Galicia (1993-1997) e no Congreso desde 1996. Cultivou a crítica literaria e o ensaio, e colaborou en diversas publicacións, como A Nosa Terra e Diario 16 de Galicia. Das súas obras destacan A evolución ideolóxica de M. Curros Enríquez (1973), Conflito lingüístico e ideloxía na Galiza (1976), Problemática nacional e colonialismo (1978), en colaboración con Ramón López-Suevos; Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988, Premio da Crítica Galega), Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación (1990) e Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Toureiro. Coñecido como Manolete, tomou a alternativa en Sevilla en 1939. Considerado pola afección e pola crítica como unha das maiores figuras do toureo en España, morreu na praza de Linares, despois dunha collida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarcosindicalista. De orixe galega, pertenceu á Federación de Obreros del Calzado da Federación Obrera Regional Argentina (FORA) desde 1913 e, en 1925, comezou a traballar de condutor e incorporouse á Unión de Chauffeurs, colectivo en que ocupou cargos directivos en diversas ocasións. Deportado en 1930, viviu en Vigo ata que regresou clandestinamente a Arxentina. Deportado novamente en 1936, chegou a Barcelona, onde se adscribiu á Sección Defensa do Comité Nacional da CNT. Ao rematar a guerra, pasou a Francia. En 1945 elixírono tesoureiro do Comité Nacional do Movimiento Libertario Español-CNT. Retornou a Arxentina en 1946 onde continuou vinculado á Unión de Chauffeurs, e ocupou a secretaría do consello federal da FORA (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Evolucionou desde a pintura realista cara á mural, en que se perciben as influencias do seu mestre Vázquez Díaz. Das súas obras destacan os murais do convento do Sagrado Corazón de Madrid e do mosteiro de Samos e Peixeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca e en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, en 1920 trasladouse a EE UU para desempeñar unha cátedra de Literatura Española do s XIX na Cornell University Ithaca (Nova York). En 1932 converteuse en catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo. Experto en mitoloxía e astroloxía, e lector de Rubén Darío, Verlaine e Baudelaire, influíu intelectualmente nos membros da Xeración Nós, especialmente en R. Otero Pedrayo, cos que compartiu algúns parladoiros e conferencias no Ateneo ourensán. Colaborador de La Centuria co nome de Beta Herculis, escribiu Las mesetas ideales (1910), Escenas de gigantomaquia (1923) e Errores de la actual división provincial de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias (1925). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e escritor. Emigrou a Cuba, onde se dedicou ao ensino, comercio e xornalismo. Cultivou o conto, Las ilusiones del amor (1909); a novela, Las dos primas (1911); a poesía, Rosas fugitivas; e o teatro, El maldito deber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático. Catedrático de Xeometría Analítica na Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos de análise matemática, aritmética razonada e álxebra. Publicou Grupos de sustituciones que dejan invariable un recinto plano circular múltiplemente conexo (1918) e Lecciones de geometría analítica. Coordenadas homogéneas. Generalidades sobre las líneas y superficies (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fitopatólogo. Especialista en bacterioloxía agrícola, traballou na Estación de Fitopatoloxía Agrícola da Coruña e foi membro do CSIC. Publicou numeros artigos de investigación sobre patoloxía vexetal, dos que destaca Plan de lucha contra las plagas del campo que actualmdetne pueden ser combatidas (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político, irmán de Xosé Rodríguez Seoane. Doutor en Medicina pola Universidad de Madrid, foi deputado nas Cortes pola sección de Pontevedra (1869-1871), polos distritos de Ponte Caldelas (1871-1872) e da Cañiza (1881-1884); e senador polas provincias de Pontevedra (1886-1887) e A Coruña (1899-1900). Pertenceu ao Partido Moderado, foi un dos organizadores do Banquete de Conxo e formou parte da xunta revolucionaria de 1868 de Pontevedra. En 1871 foi nomeado gobernador en Cáceres e director xeral de Aduanas e en 1888 gobernador de Asturias. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1858) e colaborou en El Siglo Médico, La Perseverancia e Faro de Vigo, e cultivou a poesía en galego e castelán. Das súas obras de temática médica destacan Los nuevos tratamientos curativos de las enfermedades sifilíticas (1878), Lecciones de terapéutica. Materia médica y arte de recetar (1880) e Varela de Montes y la Escuela Médica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático e filósofo, irmán de Luís Rodríguez Seoane. Tivo un papel destacado no provincialismo que se interrompeu, así como o seu labor literario e xornalístico, pola súa morte prematura. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1858) e colaborou en La Oliva, La Perseverancia, El Miño e Revista de Instrución Pública. Destacan as súas obras póstumas Artículos y novelas (1899) e Lembranzas da terriña (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Obtivo o título en 1833 pola Academia de Matemáticas y Nobles Artes de la Concepción de Valladolid. Ata 1869 foi arquitecto provincial de Valladolid. Instalouse en Vigo onde foi arquitecto municipal (1881-1886) e foi tamén arquitecto diocesano de Tui e Santiago de Compostela. Traballou co seu fillo Alejandro Rodríguez-Sesmero González (Valladolid ?-?), titulado como mestre de obras en 1871 e arquitecto municipal de Pontevedera e Vigo. Moitos dos seus proxectos están asinados polos dous ao non ter este último o título de arquitecto. Introduciron en Vigo o eclecticismo retórico. Das obras de Domingo destacan os edificios situados entre a rúa García Barbón 4 e República Arxentina, organizadas en planta baixa e andar, a casa de Marcelino Barreras (1882) e fóra de Vigo as casas do concello de Vilagarcía de Arousa (1886-1890) e Ponteareas (1894) e a fachada de San Marcos de Corcubión (1885). Das obras proxectadas por Alejandro destacan as casas Odriozola (1873),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, ilustrador e deseñador. Coñecido como Carlos Silvar, licenciouse en Belas Artes na Escuela de San Fernando (1980) e a partir dese ano entrou no departamento de deseño do Grupo Sargadelos. Deseñador de cartelaría e decorados, colaborou como caricaturista en A Nosa Terra, Can sen dono, Xerme, Irimia, Coordenadas, Ameixa Cacofónica e La Voz de Galicia. Promotor do colectivo de creación audiovisual Ollo de Vidro, traballou como ilustrador para diversas editorais, para a Sociedade de Historia Natural e para Adega. Recibiu o primeiro premio de banda deseñada do Facho e a Curuxa do Humor (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO