"USA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 381.
-
PERSOEIRO
Navegante portugués. Enviado por Xoán III de Portugal a unha expedición a Brasil (1531), descubriu a baía de Rio de Janeiro e fundou a cidade de Bahia. Dirixiu diversas expedicións ás Indias Orientais, entregouse á pirataría e tivo que volver a Lisboa. O seu irmán, Pero Lopes de Sousa (? 1500 - Madagascar 1539) acompañouno a Brasil, e tamén marchou á India, pero morreu nun naufraxio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento con forma de tuba baixa, deseñado por J. P. Sousa, para ser tocado nas bandas. Ten forma helicoidal e consta de tres ou catro válvulas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Irán, situada na beira do Kārūn, uns 325 km ao L de Eşfähān. Corresponde coa actual Susa. En poder, primeiro, da dinastía autóctona de Awan (2400?-2230 a C), posteriormente foi sometida, como o resto do país, ao Reino de Accad (2371-2191 a C). Foi novamente sé da dinastía elamita de Simaški (2230-1850 a C), aínda que foi sometida aos guti (2240-2120 a C), á dinastía de Lagaš e á terceira dinastía de Ur (2113-2006 a C), ata a independencia dos elamitas. Supeditada aos casitas (1592-1160 a C), Elam recuperouse coa dinastía de Ansan e de Susa (1330-1150 a C), un de cuxos soberanos, Kutir-Na))unte, desterrou os casitas de Babilonia. Durante o período neoelamita (742-638 a C) apoiou a Babilonia contra Asiria. Tomada por Assurbanipal (638 a C), foi incorporada con toda a provincia de Elam ao Imperio Persa (539-331 a C). Ocupada por Alexandre o Grande (331 a C), a partir de 312 a C formou parte do reino seléucida. Baixo os partos (140 a C-224 d C)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en 1963 por Raimundo Susaeta. Destaca na edición de libros infantís e xuvenís no mercado español e unha das principais editoriais de libros de cociña, xardinaría ou bricolaxe.
-
CAPITAIS
Capital do wilāya de Sūsah, Tunisia (124.990 h [1994]). Situada ao S do golfo de Hammamet, é un centro portuario e agrícola e un núcleo industrial. Corresponde á antiga Hadrumetum. Os aglabidas (s XI) construíron sobre os cimentos dunha basílica paleocristiá un ribā ṭ (mosteiro sufí), un dos monumentos islámicos máis antigos do Magreb. A medina foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (2.621 km2; 545.800 h [estim 2004]). A súa capital é Sūsah.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe semita, transmitido a través do grego Susanna e Susanná, do hebreo shûshan ‘lirio’, relacionado co exipcio shoshen ‘flor do lodoeiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe bíblica protagonista dunha parte deuterocanónica do Libro de Daniel. Paradigma de castidade, foi acusada falsamente de adulterio por dous anciáns, en vinganza por non acceder ao trato sexual que lle propuxeran. Condenada a morte, salvouna a intervención do profeta Daniel, que demostrou que os vellos mentiran, polo que foron lapidados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s III) Moza romana, filla de san Gabino e sobriña do papa san Caio. Negouse a facer sacrificios a Xúpiter e morreu mártir, decapitada na súa propia casa, baixo o mandato de Diocleciano. Foi eliminada do calendario litúrxico tras a reforma do Concilio Vaticano II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona da atmosfera situada no límite da termosfera e na que o gradiente vertical de temperatura se anula.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Susan Sarandon, da súa filmografía destacan The Front Page (1976), Pretty Baby (1978), Thelma and Louise (1991), The Client (1995), Dead Man Walking (1996, Oscar á mellor interpretación feminina) e Romance & Cigarettes (2005). En 1995 recibiu o Premio Donostia pola súa carreira cinematográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, príncipe de Lampedusa. Estudou en Turín, foi avogado e cultivou en secreto a súa vocación literaria. A obra pola que destacou foi Il Gattopardo (1958), que foi levada ao cine por L. Visconti en 1963.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Plano de discontinuidade entre a troposfera e a estratosfera caracterizado por un cambio brusco no gradiente térmico. Aínda que a súa situación varía lixeiramente segundo as estacións do ano, soe estar a uns 16 km sobre o Ecuador, a uns 9 km de latitude e a uns 6,5 km sobre os polos.
-
-
Botar pola boca o contido do estómago.
-
trasfegar.
-
Pasar as abellas dun trobo para outro.
-
Torcer o fío co trouso.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal fundado por A. H. Neuharth o 15 de setembro de 1982 dentro do grupo de comunicación Gannet Company. Combinou información e entretemento, incluíu cor, gráficos explicativos e artigos máis breves, establecendo un modelo de éxito mundial que o levou a ser o xornal de maior difusión no país.
-
-
de usar.
-
Que xa o usou alguén.
-
Que está gastado polo uso.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Comunidad Autónoma de Extremadura, situado en Tierra de Barros e delimitado ao L polo río Retín (2.044 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il homónimo, Anatolia Occidental, Turquía (124.356 h [1997]). É un centro de fabricación de alfombras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Anatolia Occidental, Turquía (5.389 km2; 315.950 h [1997]). A súa capital é Usak.