"Ya" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 670.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Sichuan, China, situada ao NL da chaira de Chengdu, na confluencia dos ríos Fou e An-chang (262.947 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e escritor. Aínda que inicialmente se negou a recoñecer a Xosé I Bonaparte como rei de España (1808-1813), despois converteuse nun dos seus conselleiros. Emigrou a Francia en 1814 pero volveu a España entre 1816 e 1831. Escribiu Lamentos políticos de un pobrecito holgazán (1820) e Dicionario Geográfico Estadístico e Histórico-Biográfico (1885). Foi membro da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado entre os núcleos de La Roda e Villarrobledo, ao O do río Júcar (1.697 h [2001]). A súa economía céntrase na agricultura e gandaría, complementada con algunhas industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a de Exipto (1.532 km2; 2.760.400 h [1996]). A súa capital é Shibîn el Kôm.
-
CAPITAIS
Capital do mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a homónimo, Exipto, situada na beira esquerda do Nilo (201.440 h [1996]). É un centro de industrias químicas, alimentarias e téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a de Exipto (2.262 km2; 3.310.100 h [1996]). A súa capital é Al- Minyā.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou con Carme Pinós i Desplat. Foi o director do Departamento de Proxectos da Stödelschule de Frankfurt. Autor do proxecto da Cidade Universitaria da Universidade de Vigo, no campus de Vigo, das súas obras destacan a escola La Llauna de Badalona, o cemiterio de Igualada e as instalacións olímpicas de tiro con arco en Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mediametraxe filmada en 1916 polo fotógrafo José Gil, que constitúe a primeira película galega de ficción que se conserva. Foi obxecto de dúas reconstrucións, nas décadas de 1980 e 1990. Con guión de Rafael López de Haro, destaca polas paisaxes pontevedresas e a interpretación dun grupo de actores afeccionados de Pontevedra, entre os que figura Castelao nun breve papel secundario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ken da illa de Honshū, Xapón (7.2922; 2.365.320 h [2000]). A súa capital é Sendai.
-
CIDADES
Cidade do ken de Miyazaki, na illa de Kyūshū, Xapón, situada nunha rexión volcánica (130.436 h [estim 1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do ken homónimo, situada na illa de Kyūshū, Xapón (303.784 h [1997]). É un centro relixioso sintoísta. Destaca como porto de pesca na desembocadura do río Ōyodo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ken da illa de Kyūshū, Xapón (7.735 km2; 1.170.007 h [2000]). A súa capital é Miyazaki.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club náutico creado en Baiona en 1964 co obxectivo de promocionar o deporte e o turismo náuticos. Ademais de convocar diversos cursos de formación en deportes vinculados co mar, foi organizador de regatas como o Trofeo Príncipe de Asturias, a Regata Conde de Gondomar ou o campionato do mundo IMS-600.
-
PERSOEIRO
Escritor. Perseguido e encarcerado (1976) pola ditadura de Hugo Banzer por mor das súas actividades políticas, exiliouse en Suecia en 1977. A súa obra está dirixida a relatar, de xeito testemuñal, a explotación, a miseria e a represión da que foi obxecto o pobo boliviano, así como outros temas de carácter universal, e abarca o conto, a novela, o ensaio e a crónica xornalística. Fundou e dirixiu as revistas literarias PuertAbierta e Contraluz, e das súas obras destacan Huelga y represión (1979), Días y noches de angustia (1984), Cuentos violentos (1991), El laberinto del pecado (1993), El eco de la conciencia (1994), Antología del cuento latinoamericano en Suecia (1995), Palabra encendida (1996), Cuentos de la mina (2000) e Entre tumbas y pesadillas (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático. Foi embaixador de España en Israel (1996) e representante especial da UE para o proceso da paz do Próximo Oriente (1996-2003). Foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores en 2004. Escribiu European Union-Middle East: Developing Societies for Peace: distinguished Lecture (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Mon, Myanmar (219.961 h [1983]), situada na desembocadura do Salween, no golfo de Martaban.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Uadi de Marrocos (480 km de lonxitude) que nace no Atlas Medio, desde onde toma dirección NL, atravesa Marrocos oriental e desemboca no Mediterráneo. Posúe depósitos de chumbo e de manganeso. En 1291 Xaime II de Aragón e Sancho IV de Castela empregárono como límite das súas respectivas zonas de influencia. Xaime II reservou os territorios situados ao L do mesmo, Alxeria e Tunisia, entre outros, e o rei castelán a zona de Marrocos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado ao N da illa de Gran Canaria, ata onde se estenden as formacións montañosas do centro (8.137 h [2001]). Os recursos principais da súa economía son a agricultura e a gandaría, que se complementan con industrias derivadas, certa presenza de turismo e algunhas actividades artesanais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe galega que se estendeu por toda a Península e América.
-
PERSOEIRO
Tenista. Debutou no circuíto profesional en 1995 e conseguiu máis dunha vintena de títulos individuais, dos que destacan os torneos de Monte-Carlo e Roland Garros en 1998. Foi o primeiro español (1999) en conseguir o número 1 na clasificación da ATP e formou parte da selección española que se proclamou campioa da Copa Davis en 2000. Recibiu a medalla de ouro ao Mérito Deportivo (1999) e foi escollido como Mellor Xogador Europeo pola ATP (2002).
VER O DETALLE DO TERMO