"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • PERSOEIRO

    Escritor salvadoreño. Militante activo contra a opresión política do seu país, publicou, entre outras obras, La ventana en el rostro (1961), Los testimonios (1964), Taberna y otros lugares (Premio Casa de las Américas, 1969) e Pobrecito poeta que era yo (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría elaborada por J. Dalton coa finalidade de poder interpretar todo un conxunto de feitos experimentais, como por exemplo as relacións ponderais sinxelas entre os compostos químicos. Unha das principais proposicións da teoría afirma que todos os elementos químicos están constituídos por partículas moi pequenas, os átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas. Tamén postula que o átomo ten un conxunto de propiedades, entre as que se atopa a masa atómica que é característica de cada elemento. Sostén, así mesmo, que cando dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes. Finalmente, di que a cantidade mínima dun composto é a molécula e que esta ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan. Esta teoría foi o fundamento de posteriores hipóteses físicas e químicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao daltonismo.

    2. Que ou quen padece daltonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que ten unha composición constante, por oposición a bertholido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Discromatopsia na que hai unha cegueira conxénita para algunhas cores, descrita e sufrida por J. Dalton. Caracterízase pola falta de percepción dunha ou dúas cores, mentres se conservan as outras funcións oculares. As cores máis afectadas son a vermella e a verde. Polo xeral aféctalle aos dous ollos e é máis frecuente no home ca na muller, xa que se transmite por un xene recesivo ligado ao cromosoma X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Publicou poesías, contos e novelas onde predominan os elementos fantásticos e misteriosos. Publicou, entre outras obras, The Listeners (Os oíntes, 1912) e Poems for Children (Poemas para nenos, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación de desasfaltar a fracción residual da destilación de petróleo que se leva a cabo no refinamento. O residuo da destilación ponse en contacto cun solvente a contracorrente nunha columna de entre 30 e 60 °C, e a unha presión de 3 a 4 MPa. Os produtos da cima, aceite e solvente, e do fondo, asfalto e solvente, da columna sepáranse, e o solvente volve ao proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Separar as substancias asfálticas que contén a fracción residual da destilación de petróleo en bruto, para obter aceites de lubrificación libres de asfalto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Limpar ou desatascar algo que está atascado ou entupido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Coñeceu a D. G. Rossetti e, aínda que realizou unha obra propia dos prerrafaelistas, non o admitiron como membro do grupo. Entre as súas obras destaca The mock marriage of Orlando and Rosalind (O matrimonio finxido entre Orlando e Rosalinda, 1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ungüento preparado fundamentalmente con raíces de altea ou malvarisco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai contraer os músculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio activo da valeriana que ten propiedades citotóxicas nalgúns casos de neoplasmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral meridional da parroquia de Redonda, no concello de Corcubión, situada entre o cabo da Nasa, ao O, e o cabo de Cee, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical pioneiro do rock bravú que se caracteriza por unir o idioma galego e mais o rock e a cultura popular de Galicia. Integrado por Rómulo Górriz Sanjurjo, acordeón; Juan Guni Varela, guitarra; Mangüi Martín, baixo; Marcos Viascón, batería, voz, acordeón diatónico; e Xurxo Souto, vocalista, as súas influencias musicais son moi variadas: punk, ska, heavy, hardcore, a música das bandas, a muiñeira, a pandeirada, etc. Entre as súas composicións destacan Aí vos quedades, Lume de biqueira, Estrume e Berbés, e da súa discografía Arroutada Pangalaica (1991), Parrús (Arroutada 2) (1993), Avante toda! (Arroutada 3) (1995) e Capetón (Arroutada 4) (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor cinematográfico. Especializado en debuxos animados, tralo seu primeiro éxito co personaxe do rato Mickey (1928), realizou a súa primeira longametraxe Snow White and de Seven Dwarfs (Brancaneves e os sete ananos, 1938), á que seguiu Pinocchio (1940), Fantasy (Fantasía, 1940), Dumbo (1941) e Bambi (1942). Creador das figuras do pato Donald e do can Pluto, a partir de 1948 dedicouse a dirixir a produtora cinematográfica Walt Disney Produtions e os parques de atraccións Disneyland e Disneyworld. Deses anos destacan as películas con actores reais como Treasure Island (A illa do tesouro, 1950), Robin Hood (1951) e Mary Poppins (1964). Ademais, continuou a produción de debuxos animados cos filmes Cinderella (A cincenta, 1950), Alice in Wonderland (Alicia no país das marabillas, 1951), Peter Pan (1953), Sleeping Beauty (A bela durminte, 1959) e 101...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Italia, afluente pola esquerda do Po. Nace ao pé do Montblanc, nos Alpes, pasa por Ivrea e desemboca no Po, preto de Chivasso, despois dun percorrido de 160 km. O seu réxime é nivo-glaciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e técnico aeroespacial alemán. En 1935 planificou a instalación de ensaio de Peenemünde, de onde naceron os mísiles A4 (2). Ascendido a xeneral, foi xefe do programa de armas V e foguetes antiaéreos. Acabada a Segunda Guerra Mundial, foi asesor en materia de mísiles da US Air Force, e posteriormente conselleiro da Bell Aircraft Corporation. Defendeu o voo con transportadores recuperables, a diferenza de Wernher von Braun.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade maia situada na península de Yucatán. O seu nome significa ‘onde hai escrituras sobre pedras planas’. Entre as estruturas arquitectónicas conservadas destacan o Templo de las Siete Muñecas e El Reloj, onde no solsticio de verán e no equinocio de primavera se produce un fenómeno de luz e sombra durante o amencer. En 1987 foi declarada Parque Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ateniense. Sucedeu a Temístocles como líder do partido democrático e, xunto con Pericles, intentou subtraer Atenas do goberno dos aristócratas. Aprobou leis que limitaban as competencias do areópago nos delitos de sangue e cuestións sagradas, pero perdeu o seu papel de gardián das leis, que transferiu ao Consello dos Cincocentos e á Asemblea Popular. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO