"ues" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 481.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en Portugal en 1921 a partir dun grupo de anarcosindicalistas. O seu primeiro secretario xeral foi José Carlos Rates. Tras o golpe militar fascista de 1926 sumiuse nunha grave crise e durante o réxime ditatorial tivo que pasar á clandestinidade, pero liderou as loitas obreiras e campesiñas. En 1961 foi elixido secretario xeral do partido Álvaro Barreirinhas Cunhal. Tras a Revolução dos Cravos de 25 de abril de 1974, o PCP volveu á legalidade e participou nos gobernos provisionais ata o golpe de 25 de novembro de 1975. O VIII congreso do PCP, celebrado en novembro de 1976, concentrouse na defensa da reforma agraria e as outras conquistas da Revolução. En 1987 deixou de ter representación parlamentaria. En 1992 foi elixido secretario xeral do partido Carlos Alberto do Vale Gomes Carvalhas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada en 1875 en Lisboa polo obreiro de orixe suíza José Fontana e núcleos influídos pola Asociación Internacional de Traballadores. Adoptou unha liña política reformista e antimonárquica e intentou elevar o nivel cultural da poboación. O golpe de estado de 1926 declarouno fóra da lei e foi refundado, cunha orientación moderada, por Mário Soares (1972), co novo nome de Partido Socialista. Tras a revolución de 1974 participou nos primeiros gobernos provisionais, tivo a maioría relativa na asemblea constituínte de 1975 e gobernou en 1976-1978 e en 1983-1985 (en coalición co Partido Social Demócrata). Nas eleccións anticipadas de 1985 só obtivo o 20% dos votos. Estes resultados foron mellorando paulatinamente ata que gañou as eleccións lexislativas de 1995 por maioría simple e António M. de Oliveira Guterres formou goberno en minoría. Nas eleccións presidenciais de 1996 Jorge Sampaio, en substitución de M. Soares, foi elixido presidente do país.
-
PERSOEIRO
Escultor. Iniciouse na década de 1970 no postsurrealismo influído por Cruzeiro Seixas, membro fundador do grupo surrealista de Lisboa. Na década de 1980, a súa obra caracterizouse polo dominio da xeometría e un detallado estudo da figura humana. A partir de 1988 fixou a súa residencia en Narón. A mediados da década de 1990 evolucionou desde o representativo cara ao obxectual. Realizou as súas obras preferentemente en aceiro, que lle permitiu a construción de volumes xeométricos, deixando o cobre e o latón para os detalles. Destacan as series Silencios do Día e Clérigos de Lugo e os monumentos públicos A vida nun puño (Narón), Animalalma (Madrid) e o monumento a Revolução dos Cravos en Póvoa de Santa Iria.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título concedido por Filipe V en Nápoles en 1713 a Baltasar de Patiño Saavedra e Moscoso , señor do pazo de Vilalonga. Foi o herdeiro o seu fillo, o mestre de Campo Xoán Antonio de Patiño e Lamas de Soutomaior , que participou na Batalla de Rande (1702). O seu fillo Nicolao Patiño Silva e Soutomaior converteuse no III duque. O último duque foi Xoán de Dios Patiño e Acebedo , VI conde de Patiño, que viviu a principios do s XIX. O título ducal napolitano estivo vacante ata 1950, cando se rehabilitou como marquesado español por Carlos Martínez de Ourense e García , I marqués de Patiño. En 1964 Lucía Alcaraz Patiño reclamouno alegando maior dereito xenealóxico, e converteuse na II marquesa de Patiño. En 2002 converteuse en III marqués de Patiño o seu fillo Cesáreo Novoa Alcaraz .
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, matemático e escritor francés. Estudou e practicou tamén a medicina. Autor de De Constitutione horoscopie, De peste compendium (1563) e Algebra (1554), editou os Elementos de Euclides (1559), con diversos comentarios. Escritor do grupo da Pléiade, publicou, ademais de diversas traducións, Oeuvres poétiques (1547) e L’amour des amours (1555).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen pertence á pequena burguesía.
-
Que ou quen ten prexuízos ou está moi apegado a valores convencionais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hugo Wouters.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Co estalido da Segunda Guerra Mundial alistouse no exército francés ata que as tropas alemás o detiveron en 1940. Posteriormente, conseguiu fugarse e unirse á Resistencia. Autor de Caporal Epinglé (1947), en que narra con humor e sarcasmo algúns aspectos da súa catividade, escribiu Vent dans les voiles (1948), Bande à part (1951, Prix Interallié), en que conta as súas experiencias na Resistencia; Rôle de plaisance (1957), o libro de viaxes Grands chevaux et dadas (1975) e Le jardin des plantes (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Michel Picoli, debutou en 1955 con French Cancan de Jean Renoir; pero foi a partir de Dillinger é morto (1968) cando destacou no cine europeo. Traballou con importantes directores como L. Buñuel (La voie lacteé, 1969), C. Sautet (Mado, 1976) ou J. L. Godard (Passion, 1982). En 1980 foi premiado en Cannes por Salto nel vuoto de M. Bellochino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Inicialmente cultivou un estilo romántico próximo ao de Nerval ou Baudelaire e, co tempo, avanzou cara ao surrealismo e o erotismo sutil. Anacrónico no tratamento dos temas, escribiu tanto novela como poesía, e da súa obra destacan Dans les années sordides (1943), Le lis de mer (1956), La motocyclette (1963), La marge (1967, Premio Gongourt), Sous la lame (1976) e Le deuil des roses (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario dedicado á Virxe do Pilar, situado en Zaragoza, no lugar onde a lenda di que a Virxe se lle apareceu ao Apóstolo Santiago sobre un piar de mármore xunto ao Ebro. Trátase da primeira aparición da Virxe. A igrexa baséase no proxecto de Francisco Herrera o Mozo, moi modificado por arquitectos posteriores. Destacan a capela da Virxe, as pinturas de Bayeu e de Goya e o retablo maior renacentista. Foi declarada BIC en 1904.
-
PERSOEIRO
Político, primeiro marqués de Baiona (1625), fillo do oitavo conde de Benavente. Filipe IV nomeouno vicerrei de Sardeña (1625-1631).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sebãstiao José de Carvalho e Melo.
-
-
Relativo ou pertencente a Portugal, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Portugal.
-
Lingua románica occidental pertencente ao dominio iberorrománico. É lingua oficial en Portugal, Brasil, Angola, Moçambique, Guiné-Bissau, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe e Timor Oriental, territorios que se agrupan na Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), fundada en 1996. Tamén ten estatuto oficial en Macau. Fálase igualmente noutras antigas colonias de Portugal, en lugares fronteirizos con países de fala portuguesa e, como consecuencia da emigración, en numerosas zonas con abundante presenza portuguesa. O portugués deu orixe a diversos crioulos, froito do seu contacto coas linguas autóctonas dos lugares colonizados por Portugal en África (crioulos da Alta Guinea, como o caboverdiano, de Guiné-Bissau e Senegal, e crioulos do Golfo de Guinea, como o forro ou santomense, o principense, o angolar e o anobonés ou “fá d’Ambô”; en Angola fálase o pretogués) e Asia (crioulos indoportugueses, como os de Diu, Daman, Korlai, Bombai, Goa, etc, e os de Sri-Lanka; crioulos malaioportugueses,...
-
Arte desenvolvida en Portugal. As primeiras manifestacións artísticas pertencen ao Paleolítico, das que destacan a cova do Escoural (Montemor-o-Novo), con representacións incisas e pitóricas de animais, e o complexo de Vila Nova de Foz Côa. Da época megalítica consérvanse antas e pedrafitas, sobre todo na rexión de Viseu. A cultura castrexa acadou un importante desenvolvemento no N do país. Destaca o castro de Briteiros, onde se localizou a primeira pedra formosa. Consérvanse tamén estelas funerarias, guerreiros, esculturas zoomórficas e obxectos de xoiaría. A maioría das construcións castrexas foron romanizadas a partir do s II. Da época romana destacan as ruínas de Conimbriga e de Miróbriga, e consérvanse restos de vías, pontes como a de Chaves, acuedutos como o de Alcabideque e Coimbra, termas como a de São Pedro do Sul, templos como o de Diana en Évora, e esculturas, sarcófagos e mosaicos. De época visigoda é a igrexa de São Frutuoso de Braga; ademais hai mostras da arte visigoda na...
-
Cine producido en Portugal. Ata a chegada do cine sonoro destacan algunhas producións de José Leitão de Barros, como Nazaré, praia de pescadores (1928) e A Severa (1931), e de Manoel de Oliveira, como Douro, faina fluvial (1930). Na década de 1960 xurdiu unha nova xeración de realizadores, dos que cómpre salientar a Manuel Guimarães, que dirixiu Vidas sem rumo (1956) e Cântico final (1975); Carlos Vilardebó, con As ilhas encantadas (1966); António Reis e Margarida Martins, con Trás-os-Montes (1976); e António de Macedo, con Domingo à tarde (1965), A promesa (1972) e As horas de Maria (1976). A finais do s XX, xunto ao veterano Manoel de Oliveira -premiado en Venecia por A Divina Comedia (1991)-, destacaron Pedro Costa, Joaquim Pinto e Joaquim Leitão. En 2003 faleceu o excéntrico João César Monteiro, realizador de filmes como A comédia de Deus (1995), que destacou en todo o ámbito...
-
Literatura cultivada en portugués en Portugal, Brasil ou nas colonias. As súas primeiras manifestacións poden localizarse nos cancioneiros da Ajuda e de Colocci-Brancutti (Biblioteca Nacional), que recollen cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldizer, ademais dalgúns subxéneros, como albas e pastorelas. O poema máis antigo está datado en 1189. O cancioneiro mariano de Afonso X o Sabio reflicte a expansión do galego-portugués como lingua lírica en gran parte da Península Ibérica. Os inicios da prosa están vinculados á difusión das narracións artúricas, como a tradución da Demanda do Santo Graal. A historiografía medieval, especialmente as crónicas de Fernão Lopes e Gomes Eanes de Zurara, amosa que a mediados do s XIV a prosa acadara plena madureza. O Renacemento ofreceu abundante historiografía e foi na poesía, especialmente no Cancioneiro Geral (1516), onde os humanistas difundiron un platonismo que asimilou perfectamente Sá de Miranda,...
-
Arte musical cultivada en Portugal. No s XIII os reis Afonso III e Denís I trouxeron trobadores provenzais á súa corte e cómpre destacar o Cancioneiro de Elvas (s XV). Máis tarde a polifonía flamenca influíu en autores como Damião de Goes e preparou o camiño para a escola polifónica autóctona de Évora, con Duarte Lobo e J. Lourenço Rebello. No s XVIII destacou a influencia de D. Scarlatti, mentres F. A. de Almeida, J. de Sousa Carvalho e, máis tarde, M. A. da Fonseca Portugal cultivaban a ópera italiana. No s XIX hai sinfonistas como J. Domingos Bomtempo, operistas como A. Keil e músicos nacionalistas como J. Vianna de Mota. No s XX destacaron F. de Freitas, Óscar da Silva, F. Lopez Graça, Ivo Cruz e, en música serial, F. Pires e J. Peixinho. A música culta foi protexida modernamente pola Fundação Gulbenkian. A música popular portuguesa acadou o seu éxito grazas ás interpretacións de cantantes como a fadista Amália Rodrigues, que principiou un labor que continuaron, entre outros,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Venezuela (15.200 km2; 830.440 h [estim 2000]). A súa capital é Guanare (112.139 h [1997]). Situado ao O de Venezuela, a maior parte está na rexión de Los Llanos e é atravesado polo río Portuguesa. O clima é tropical. A súa economía baséase na explotación de madeiras nobres, e nos cultivos de arroz, algodón, sésamo e millo. A industria céntrase na transformación de produtos agrícolas.
-
-
Palabra ou expresión portuguesa que se introduciu noutra lingua.
-
Movemento cultural favorable á lingua e á cultura portuguesa.
-
Sentimento de amor a todo o relacionado co portugués.
-
-
PERSOEIRO
Escultor e pintor suízo. Coñecido como James Pradier, instalouse en Francia e realizou algunhas obras pequenas (Les trois Grâces) pero decantouse pola escultura monumental, da que destacan as Douze Vitoires da sepultura de Napoleón I Bonaparte, a decoración do tímpano do Arc de Triomphe de l’Étoile e as estatuas de Strasbourg e Lille da Place de la Concorde, en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Participou entre os anos 1926-1930 no movemento surrealista, xunto a L. Aragon, A. Breton, R. Desnos e Y. Tanguy, pero deixouno para ter experiencias relacionadas co cine e a poesía. Símbolo dunha época, a súa obra poética, recollida en Paroles (1949), Spectacle (1949), La pluie et le beau temps (1955), Histoires (1963), Choses et autres (1972), a miúdo divulgada en forma de cancións, mestura ironía e lirismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política fundada en 1998 en Vigo por M. Soto Ferreiro e Agustín Arca Fernández, e que máis tarde se fusionou con outros partidos para crear Progresistas Vigueses-Democracia Progresista Galega. Autodefiníronse como unha opción política galeguista, nacionalista, democrática e progresista. Presentáronse ás eleccións locais de Vigo en 1999 e 2003, en que acadaron dous concelleiros. En 2004 os seus membros integráronse no Partido Galeguista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido polo Rei Carlos II en 1679 a Xosé de Bolaño Ribadeneira e Mariñas , señor da Puebla de Parga e das fortalezas de Torés e Xunqueiras, entre outras. A súa filla e herdeira, María Xosefa Rosa Bolaño Ribadeneira foi a II marquesa e casou con Tomé de los Cobos Sarmiento de Mendoza, capitán xeneral do Reino de Galicia e fillo do X conde de Ribadavia. A súa filla María Xosefa de los Cobos Bolaño Ribadeneira (?-Madrid 1767), foi a III marquesa e casou con Fernando Gayoso Arias y Ozores, III conde de Amarante e vizconde de Oca. O seu fillo Domingo Gayoso de los Cobos y Bolaño Ribadeneira (?-1803), foi o IV marqués e herdou tamén os títulos paternos e os de conde de Ribadavia (XIV), marqués de Camarasa (VIII), con Grandeza de España, e conde de Ricla. Desde entón o marquesado seguiu a mesma liña sucesoria que o condado de Ribadavia ata 1871: Joaquín Gayoso de los Cobos (?-1849),...