"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico alemán de orixe checa. Dirixiu, entre outros, os filmes titulados Cikani (1921), Tonka Sibenice (1930), primeiro filme sonoro checo, Le cordon bleu (1931), Matricule 33 (1933), Weisse Sklaven (1938), versión nazi de O acoirazado Potemkim, Viktor und Viktoria (1957) e Der Rächer (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Florencia (1446-1459), de nome Antonino Pierozzi. Prior do convento dominicano de San Marcos, fíxoo decorar por frei Anxélico. Publicou unha Summa theologica, chamada tamén Antonina onde se admitía por primeira vez a licitude de investir na industria. Ten tamén unha Summa historalis, historia da Igrexa ata a súa época. A súa festa celébrase o 10 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escritora, deuse a coñecer no ano 1981 coa obra O asasino de Calindornas, un conxunto de 32 relatos breves onde a autora mostra unha forte vontade de experimentación nos rexistros lingüísticos. O asasino de Calindornas é unha mostra de obra editada polo propio autor. Así mesmo, colaborou en diversas revistas galegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Antonius, nome da gens romana á que pertenceu Marco Antonio; posiblemente de orixe etrusca pero con significado escuro. Non parece adecuada a hipótese renacentista que o relaciona co grego anthos ( ἄ ν ϴ ος) ‘flor’, razón pola que existe en inglés unha variante con th, Anthony. É un dos nomes máis frecuentes en Galicia e, amais da forma patrimonial Antón, ten a variante culta Antonio, quizais pola de influencia de santo Antonio de Lisboa. Este nome, malia comezar por vocal, pode ir precedido tanto da forma “santo” como de “san”, debido ao longo asentamento desta última no uso popular. Santo Antonio de Lisboa ou de Padua (s XIII) é o patrón nacional dos portugueses e a súa festa celébrase o 13 de xuño. Santo Antón Abade é titular de 2 parroquias (Feás, en Boborás, e Vilarmeao, en Viana do Bolo) e patrón dos concellos de Carballeda de Valdeorras, Castrelo do Val, Petín e Verín....
-
PERSOEIRO
Catedrático de Literatura Italiana que publicou numerosos estudios críticos. Da súa produción teatral, influída polo verismo francés, destacan: Le Rozzeno (1891), Danza Macabra (1893) e Terra o fuoco (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Autor da cúpula múltipla de San Gaudenzio, en Novara (1841-1881) e da Mole Antonelliana de Turín (1863 -1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal secretario de estado dende 1848 ata a súa morte. Foi presidente da Consulta do Estado, dende onde redactou o Estatuto Constitucional dos Estados Pontificios. Defensor do absolutismo papal, rexeitou no nome do Papa a lei de garantías e foi contrario á convocatoria do Concilio I do Vaticano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo italiano. Foi un dos creadores da corrente teatral italiana denominada grotesc. A súa obra máis célebre foi L’uomo che incontrò se stesso (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano, fillo de escultor. Probablemente, foi discípulo de Colantonio en Nápoles -non en Flandres como adoita dicirse-, onde entrou en contacto coa pintura da Escola Flamenca, da que asimilou a técnica da pintura ao óleo, que logo difundiu por Italia; a preferencia pola perspectiva lineal, as composicións verticais e a sobrevaloración do detalle (Políptico de San Gregorio do Museo de Messina).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político romanés. Agregado militar en diversas capitais europeas, sentiuse atraído polas doutrinas fascistas e nazis. No 1940 dirixiu un golpe de estado, que obrigou ao Rei Carlos II a abdicar no seu fillo Miguel, con Antonescu como primeiro ministro. Na Segunda Guerra Mundial apoiou o Eixe, e ao se producir a desfeita romanesa foi destituído e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situada na costa nordés de Madagascar, está formada por unha fosa tectónica invadida polo Índico de 65 km de lonxitude e 30 km de anchura. No fondo da badía está o porto de Maroantsétra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dunha célebre familia romana á que pertenceron, entre outros personaxes, o triunviro Marco Antonio e o orador do mesmo nome executado por Mario.
-
PERSOEIRO
Astrónomo francés de orixe grega. Dende o observatorio de Meudon fixo no 1909 unha observación moi acertada sobre os detalles da superficie marciana. Contra as ideas de G. Schiaparelli suxeriu que as chamadas “canles” non eran máis ca ilusións ópticas. Interesouse tamén pola historia da astronomía, principalmente exipcia e grega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal (1599) Por encargo de Carlo Borromeo, escribiu un tratado en tres libros de Educazione cristiana dei figlioli (Educación cristiá dos fillos, 1584).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Significación contraria de dous vocábulos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra de sentido directamente oposto a outra. Por exemplo, en galego a palabra capaz ‘que presenta aptitudes, que reúne as condicións necesarias para algo’ é antónima de incapaz ‘que non ten capacidade ou as actitudes necesarias para algo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia ou división administrativa romana, cun breve período de existencia (216 e 217), creada polo Emperador Marco Aurelio Antonino Caracalla (211-217) como resultado da secesión dun territorio da Provincia Citerior Tarraconense, identificado coa Gallaecia, e que se correspondía cos tres conventus xurídicos noroccidentais: asturicense, lucense e bracarense. A súa creación debeuse a motivos económicos e militares: era preciso controlar o territorio fronte a posibles revoltas indíxenas e asegurar o acceso ás minas de ouro do noroeste de Hispania, situadas principalmente no Bierzo. Con estas medidas, Caracalla tentaba revitalizar as explotacións auríferas, que xa coñeceran o seu momento de esplendor durante a época flavia. Coa morte de Caracalla no 217, xa certificado o esgotamento mineiro debido en gran medida á pouca rendibilidade dos procedementos técnicos empregados, a nova provincia desapareceu e pasou a estar baixo o mando do gobernador da Tarraconense. O seu único gobernador,...
-
-
Pertencente ou relativo aos emperadores antoninos da antiga Roma (96-180 d C).
-
Tipo de moeda, con valor de duplo denario. A súa cuñaxe principiou baixo o Emperador Caracalla no s II. Os seus motivos iconográficos foron a cabeza radiada do Emperador ou unha lúa crecente baixo o busto da Emperatriz. A súa orixe xustificouse pola retirada da circulación dos antigos denarios de prata para refundilos nunha soa moeda, o antoniniano. O seu peso inicial foi de 5,45/5,10 g, aínda que, a causa da crise económica, foi reducindo o seu peso ata un terzo do que posuía inicialmente. De igual xeito, de ter ao principio unha lei dun 50% de prata, converteuse nunha moeda de billón e, finalmente, nunha moeda de cobre recuberta por unha fina capa de prata, polo xeral perdida co tempo. En certos momentos, o propio cobre foi substituído por unha aliaxe de estaño, cinc e chumbo. Están moi ben representadas as cuñaxes da época de Galieno, sendo a única moeda que se utilizou no Imperio durante a época da anarquía militar. En Galicia, atópanse xeralmente de bronce sen a recuberta de prata...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da dinastía romana dos Antoninos.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (138-161) de orixe itálica. Sucedeu a Adriano e impuxo disciplina no estado. Gobernou como un déspota ilustrado, gañando a confianza das clases cultas. Promoveu unha execución humanitaria do dereito e mantivo a relixión tradicional. Preocupouse pola prosperidade económica e reprimiu as rebelións nas provincias por medio de legados. Baixo o seu goberno o Imperio chegou ao seu máximo apoxeo. No 139 adoptou a Marco Anio Vero, o futuro Marco Aurelio.
VER O DETALLE DO TERMO