"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de occitanizar ou de occitanizarse.
-
-
Situación que se caracteriza por permanecer sen ningunha ocupación nin actividade que se considere proveitosa ou útil.
-
Tempo libre de que dispón un individuo para realizar actividades non relacionadas co traballo remunerado, nin equiparables ás propias obrigas ou ocupacións. Vincúlase co desenvolvemento integral da persoa mediante a realización de actividades que permiten distanciarse do traballo e requiren tantas ou máis destrezas, pero estimulan a creatividade e producen un descanso reparador. A súa progresiva xeneralización, converteu o ocio en obxecto de estudo nos tratados de socioloxía, como Vers une civilitation du loisir (1962), de Joffre Dumazedier. OBS: Tamén se denomina lecer.
-
Actividade lúdica que se adoita facer no tempo libre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou estado da persoa ociosa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A ociosidade é a nai de todos os vicios.”
-
-
Que está desocupado e sen desenvolver ningunha actividade laboral.
-
Que dispón de moito tempo libre.
-
Que se caracteriza pola falta de actividade.
-
Que resulta superfluo ou falto de utilidade.
-
-
-
Acción e efecto de ocultar ou de ocultarse.
-
Paso dun astro próximo á Terra por diante doutro astro máis afastado, aparentemente máis grande e máis luminoso. Un caso frecuente e moi importante é o de ocultación dunha estrela pola Lúa. Neste caso, a medida dos instantes de inmersión e de emersión dan información sobre os movementos da Terra e da Lúa. Son tamén frecuentes as ocultacións dos satélites galileanos de Xúpiter polo propio Xúpiter.
-
Encubrimento dunha cousa que legalmente se debe manifestar á autoridade ou ao funcionario que o pregunta por razón do seu cargo.
-
-
-
Acción e efecto de ocupar ou ocuparse.
-
-
Actividade en que se está ocupado.
-
Traballo ou estudo ao que se dedica o tempo a cambio dunha retribución ou ganancia.
-
Utilización de man de obra para a produción. A estrutura da ocupación determina a parte da poboación activa empregada nos diversos sectores de actividade económica, e tamén a súa composición cualitativa. O nivel de ocupación fixa o grao de absorción dos factores e en especial do factor traballo no conxunto das actividades produtivas. Segundo o modelo neoclásico, o nivel de ocupación está determinado pola intersección das curvas da oferta e da demanda de traballo, que dependen ao mesmo tempo do salario real. Un exceso da oferta de traballo respecto da demanda desencadea un proceso de axuste que tende á diminución do salario real. A nova situación de equilibrio obtida cumpre as condicións de plena ocupación, entendida como a situación en que todo individuo disposto a traballar ao nivel de salarios vixente pode conseguilo. Esta concepción optimista oponse á visión marxista, segundo a que, o capitalismo mantén en permanencia un certo volume de man de obra desocupada para facer...
-
Utilización efectiva, nun momento dado, dos recursos produtivos, como a man de obra, os bens de capital e os recursos naturais.
-
-
-
Toma de posesión por parte dos poderes públicos dunha propiedade privada para o estudo ou a execución de traballos públicos. O propietario desposuído ten que recibir unha indemnización.
-
Forma orixinaria de adquirir a propiedade que consiste en apoderarse de bens materiais externos que non pertencen a ninguén.
-
Exercicio temporal da soberanía sobre un territorio ou estado estranxeiro. A ocupación de guerra ou militar prodúcese despois dun conflito, a ocupación pacífica efectúase para garantir as estipulacións dun tratado de paz, e a ocupación mixta ten como base un acordo entre os belixerantes. Foi regulamentada pola Convención da Haia (1907) e pola Convención de Xenebra (1949) para a protección de civís en tempo de guerra.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo á ocupación, sobre todo á do traballo ou emprego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de oficializar.
-
Oficina de Socorros e Traballo das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina no Próximo OrienteVER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado pola Organización das Nacións Unidas en 1949 coa finalidade de axudar os refuxiados vítimas do conflito árabe-israelí de 1948. Con sede en ’Ammān e Gaza, estendeu a súa acción a Xordania, Líbano, Siria e aos territorios ocupados de Cisxordania e Gaza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional con sede en París, creado en 1924, que se dedica especialmente á información, á investigación técnica e á experimentación enolóxicas. Tamén traballa pola uniformización das lexislacións dos diversos países vitícolas, para conseguir unha política racional mundial da viticultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en Xenebra en 1925 como organización non gobernamental e privada. Tiña como obxectivos centralizar a documentación relativa ao ensino, interesarse na investigación científica referente á educación e servir como centro de coordinación para institucións e asociacións interesadas na educación. Foron membros fundadores da OIE Edouard Claparède, Pierre Bovet, primeiro director, e Adolphe Ferrière. En 1929 converteuse na primeira organización intergobernamental educativa ao ampliar a súa composición aos gobernos e ao manter o acceso a institucións públicas e organismos internacionais. Ao mesmo tempo, Jean Piaget foi nomeado director da OIE, cargo que ocupou case coarenta anos. A partir de 1934, organizou a Conferencia Internacional de Instrución Pública (ou Conferencia Internacional de Educación). En l969, a OIE entrou a formar parte da UNESCO, aínda que mantendo a súa autonomía e ocupándose de tres áreas principais: a organización das sesións da Conferencia Internacional de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado en 1931 pola Sociedade de Nacións encargada de proseguir coa obra de Fridtjof Nansen. Cesou as súas actividades en 1938 e tivo como sucesor o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1938) pola súa obra de asistencia aos refuxiados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bureau International Permanent de la Paix.
-
-
-
Profesión que require unha actividade manual.
-
Función ou traballo que alguén realiza de maneira habitual. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen ten oficio non morre de fame. Oficio que non dá de comer ao seu amo, non vale un ichavo”.
-
-
Papel ou función que algo ou algúen está obrigado a desempeñar polo cargo que ocupa.
-
Escrito ou comunicado sobre un asunto de servizo que é emitido por un organismo oficial.
-
-
Misa maior ou cantada.
-
Conxunto de oracións e cerimonias relixiosas que se celebran en festividades sinaladas, especialmente durante a Semana Santa.
-
oficio divino
Celebración da pregaria cristiá establecida para diferentes momentos da xornada. A reforma litúrxica do Concilio Vaticano II deulle o nome de liturxia das horas. As dúas horas de tradición máis antiga e universal son as da mañá (matinas) e as do serán (vésperas). Engadiuse unha pregaria nocturna (vixilias), e outras horas diúrnas (terza, sexta e nona). O monaquismo ampliou a serie coas horas de prima e completas. No ámbito do antigo rito hispánico, a distinción entre o oficio do clero regular e o secular foi moito máis claro ca noutros lugares. Antigamente para a celebración dos oficios era necesario recorrer a diversos libros: salterio, leccionario, antifonario, responsorial e himnario. O Breviarium Curiae Romanae recolleu nun só libro todos os elementos do oficio. Interviñeron na revisión do breviario, Inocencio III (1215), Pío V (1568) e Pío X (1911). O intento dunha revisión máis drástica do cardeal Quiñónez (1535), a pesar do éxito obtido, foi suprimido coa edición...
-
oficio eclesiástico
Calquera cargo constituído por dereito divino ou eclesiástico, revestido de dereitos e deberes, que se exerce con fins espirituais.
-
...
-
-
-
-
Calidade de oficioso.
-
Acto oficioso.
-
-
-
-
Que provén dunha autoridade pero non ten carácter oficial.
-
Que expresa o pensamento do goberno sen ser oficial.
-
-
-
Que se manifesta solícito e servizal por ser útil a outro.
-
Que media entre outros dous que se atopan en litixio.
-
-
Que dá consellos ou se inmisce nos asuntos doutra persoa sen ser invitado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ofrenda que realiza o xefe do estado de España, ou unha persoa en que delegue, ao Apóstolo Santiago o día da súa festividade, o 25 de xullo. Foi instituída en 1643 por Filipe IV, realízase durante a celebración da Eucaristía e a ofrenda é respostada polo arcebispo compostelán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción que consiste nunha rubién e nunha inflamación da conxuntiva, observable particularmente nos enfermos tuberculosos e tíficos, cando se lles instilan as toxinas da súa enfermidade.
-
-
Acción e efecto de ofuscar ou ofuscarse.
-
Confusión das ideas que pode producir efectos na orde penal cando dá lugar á obcecación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Percepción dos olores polo sentido do olfacto.