"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Astrónimo que designa o nome dado a un cometa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén a ameaza dunha pena, especialmente legal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto, fillo de Antonio de Cominges Tapias. Estudiou na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1970) e desenvolveu o seu labor en Vigo. Colaborou co seu pai (1970-1974) e traballou en obras nas que este intervira anteriormente, como a Escola Naval de Marín, onde realizou a mediados dos anos setenta o cuartel Almirante Moreno, e as aulas e os laboratorios Isaac Peral. Proxectou o polideportivo, as residencias para oficiais e o cuartel José Luis Díez da Escuela de Transmisiones y Electrónica de la Armada (ETEA). Realizou o Centro Comercial Praza E xunto con Cameselle e Pedro la Puente (2000), o novo colexio Cluny (2000), a Cooperativa de Armadores de Vigo (2000) e o Asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados en Alcabre (2001). No eido da rehabilitación arquitectónica destacan a Casa Rectoral (2001) e o Centro Cultural e Social de Caixanova iniciado no 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid, onde se licenciou en 1924. Foi profesor de xeometría, debuxo arquitectónico, estereotomía e construción na Escola de Artes e Oficios de Vigo (1927-1967), e arquitecto municipal de Santiago de Compostela (1930-1931) e de Lavadores. Traballou en Vigo ata que se xubilou en 1974. Durante a súa estadía en Santiago de Compostela proxectou o Hotel Compostela (1930). Influenciado polas ideas arquitectónicas de Gómez Román e Palacios, a súa arquitectura anterior á Guerra Civil caracterízase por unha concepción rexionalista sen a proliferación ornamental que existía noutros arquitectos contemporáneos. Construíu vivendas particulares para a burguesía viguesa da época, edificios para institucións docentes, como o colexio Cluny (1929) e o Fogar e a Clínica San Rafael (1935). Trala guerra a súa actividade incrementouse e realizou un gran número de proxectos, tanto de carácter privado como público. Estilisticamente evolucionou cara a un eclecticismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica dunha comisura. Aplícase especialmente á liberación das valvas dunha válvula do corazón afectada de estenose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político venezolano de tendencia socialcristiá fundado en 1946 por Rafael Caldera. En 1958 formou parte da Junta Patriótica que substituíu o ditador Marcos Pérez Jiménez. Gobernou o país cos presidentes Rafael Caldera (1969-1974) e L. Herrera Campins (1979-1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización estudantil nacida en 1983 na Universidade de Santiago de Compostela, a máis antiga das que se manteñen en activo no conxunto de España. Constituídas ao abeiro da asociación Estudiantes Revolucionarios Galegos (ERGA), axiña ampliaron a súa base organizativa con membros procedentes doutros grupos políticos de esquerda (Esquerda Galega, Movemento Comunista, Liga Comunista Revolucionaria, etc), co que lograron ter presenza en todo o mapa universitario galego. Cun ideario nacionalista e de esquerdas, contan cunha longa traxectoria de loitas e reivindicacións na universidade e, conxuntamente, con outros movementos de tipo sectorial (antimilitaristas, ecoloxistas, feministas, etc). Aínda que asumen a constitución dunha organización única que represente a todos os estudiantes galegos, carece de coordinación real co ensino medio e contan coa oposición de numerosos colectivos estudiantís creados dende o reitorado (Colectivo de Independentes de Vigo, Grupo Múltiple de Santiago, etc)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrofa que pecha a sextina, a canción italiana e outro tipo de composicións. Pode estar integrada por unha estancia completa ou por parte dela, e incluso establecer un novo esquema métrico, mantendo a medida dos versos en hendecasílabos e heptasílabos. A norma petrarquista impón que sexa máis breve ca as demais e que repita, completa ou parcialmente, a disposición da sirima con novas rimas, aínda que non sempre se respectou a norma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo do Estado francés creado en 1945 para canalizar a busca fundamental e aplicada da enerxía nuclear. Dispón de diversos centros de estudios nucleares (Fontenay-aux-Roses, Saclay, Grenoble e Cadarache) e xerou algunhas sociedades filiais, de estatuto privado, para as actividades economicamente rendibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paquete de aplicacións creado pola compañía Netscape que inclúe un navegador para Internet, un editor de páxinas web, un xestor de correo electrónico e varias utilidades máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrato, esencialmente gratuíto, polo que unha das partes entrega a outra unha cousa non funxible ou funxible sempre que non se vaia consumir, para que a use durante certo tempo e despois lla devolva. O comodatario debe satisfacer os gastos ordinarios de conservación do ben. O comodante ten o deber de aboar os gastos extraordinarios e de responder da evicción polos vicios que coñece da cousa deixada e dos que non se lle informou ao comodatario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta rupícola que vive sobre unha cantidade mínima de terra acumulada na superficie das rochas (exocomófitos) ou nas súas fendas (casmocomófitos).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten os seus constituíntes moi unidos, sen separación nin ocos.

      2. Aplícase a un solo ou a un terreo moi pouco ou nada poroso.

      3. Aplícase ás rochas cristalinas, normalmente con textura uniforme, de elementos non apreciables a simple vista, e tamén ás rochas que constan exclusivamente dun só elemento mineralóxico que se presenta aparentemente como amorfo.

    1. Que non presenta divisións ou fisuras, especialmente aplicado a algo non material.

    2. Aplícase ás vocais abertas (a, ɛ, ɔ) que presentan a característica acústica de agrupar os formantes fundamentais nunhas frecuencias específicas, xeralmente baixas. A vogal máis compacta é o a. OBS: Tamén se denominan vocais densas e opóñense ás difusas.

    3. Nun espazo topolóxico E, parte de E que, dotada da topoloxía de E, é tamén un espazo compacto.

    4. CD.

    5. Equipo musical que reúne nun só corpo varios aparatos de reprodución de son que poderían separarse en módulos independentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que permite medir o grao de compactación dun terreo, dun aglomerado, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de compadecer ou compadecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou convento de la Enseñanza Edificio situado no núcleo histórico de Santiago de Compostela. Fundouno o bispo Rajoy y Losada en 1765 como colexio de Señoritas Nobres, baixo a advocación da Nosa Señora da Gracia e san Xudas Tadeo, e co patrocinio do indiano Mateo Vázquez. Reedificouse entre 1821 e 1841 baixo o goberno do arcebispo Múzquiz. Pertence á Compañía de María e funciona como colexio de ensino. O proxecto inicial foi obra de Clemente Fernández Sarela, pero continuou as obras Xoán López Freire. A fachada, obra de Xosé Otero, é neoclásica. Consta de dous corpos laterais rematados en forma de torreón e dun corpo central con fachada dórica que remata cunhas esculturas de Xosé Pernas (1831). A igrexa ten planta de cruz grega e o seu espazo central cóbrese cunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de compartir.

    2. Cada unha das divisións que se fan nun espacio ou lugar para aloxar diferentes persoas ou cousas.

      1. Cada unha das seccións independentes que ten o casco dun navío para evitar o afundimento aínda que se inunde unha delas.

      2. Cada unha das seccións independentes en que se divide algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para compensar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que se engade a unha cousa para que estea completa.

    2. Diferencia entre a potencia de base 10 e de expoñente igual ao número de cifras de que consta un número e o mesmo número.

    3. Arco ou ángulo que hai que engadir a un arco ou a un ángulo para conseguir un cuadrante ou un ángulo recto.

    4. Sistema composto por quince enzimas ou máis, diferentes do plasma e relacionados entre eles de maneira que entran en actividade secuencialmente, determinando a formación de substancias de notable importancia no proceso de inflamación. A activación do sistema do complemento provoca efectos como a lise celular, a liberación de histamina polos mastocitos e polas plaquetas, o aumento da permeabilidade dos vasos sanguíneos, a quimiotaxe dos leucocitos e a neutralización de determinados virus. Ademais, relaciónase con outros sistemas, como o da coagulación e o da fibrinolise, e intervén na patoxenia de diversas enfermidades inmunolóxicas, como o lupus eritomatoso sistémico, a artrite reumatoide, a glomerulonefrite e a anemia hemolítica autoinmune. Por iso, a determinación dos niveis de complemento no sangue é útil no diagnóstico destas enfermidades e tamén no control da súa evolución e resposta ao tratamento.

    5. Diferencia entre un intervalo simple e unha oitava.

      1. complemento adverbial

        Etiqueta de función que, nalgúns modelos gramaticais, se lles asigna aos complementos circunstanciais que eventualmente son argumentos, e non satélites como acostuman; é dicir, aos circunstanciais seleccionados por certos verbos como constituíntes necesarios da oración. É o caso, sobre todo, de determinados complementos locativos (

      2. complemento axente

        Función sintáctica argumental exclusiva da oración pasiva, que desempeña o constituínte equivalente ao suxeito da oración activa correspondente (

      3. complemento circunstancial

        Complemento xeralmente non argumental (satélite) que dá conta das circunstancias nas que ten lugar o evento denotado polo verbo (

      4. complemento de obxecto directo

        Función sintáctica argumental que delimita ou precisa o significado expresado polo verbo. Formalmente, identifícase pola posibilidade de ser substituído polos pronomes átonos o, a, os, as (coas súas variantes alomórficas: -lo, -no, etc) segundo o xénero e número do obxecto directo (

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que contén todas as características ou as partes das que se constitúe.

      2. Que non presenta ningunha eiva na súa integridade.

    1. Aplícase a quen ten boas calidades.

    2. Que non implica restricións.

    3. Que ten todas as prazas ocupadas.

    4. Que ten as propiedades que o identifican e distinguen doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO