comodato
comodato
(< lat commodātu ‘cousa emprestada’)
s
m
[DER]
Contrato, esencialmente gratuíto, polo que unha das partes entrega a outra unha cousa non funxible ou funxible sempre que non se vaia consumir, para que a use durante certo tempo e despois lla devolva. O comodatario debe satisfacer os gastos ordinarios de conservación do ben. O comodante ten o deber de aboar os gastos extraordinarios e de responder da evicción polos vicios que coñece da cousa deixada e dos que non se lle informou ao comodatario.