comodín
comodín
(< cómodo)
-
s
m
Carta do xogo de naipes ou cara do dado que non ten valor de seu e que adopta un calquera dependendo das xogadas.
Ex: Tiña dous comodíns para completar a xogada gañadora.
-
s
m
Calquera cousa que pode ocupar o lugar ou a función doutra segundo se precise.
Ex: Este chaquetón é o meu comodín á hora de vestir. Se non se che ocorre outro verbo, utiliza “aqueloutrar” que é un verbo comodín.
-
s
m
Pretexto ou escusa coa que se pretende xustificar algo ou da que se abusa en proveito propio.
Ex: Os seus problemas de saúde son o seu comodín cando non quere viaxar. Xosé sérvenos sempre de comodín á hora de saír de noite.