cómodo -da
cómodo -da
(< lat commŏdu ‘vantaxe’)
-
adx
Que axuda a realizar algo con facilidade e sen ningunha molestia.
Ex: É moi cómodo levar as cousas neste coche. Empregaba sempre o ordenador porque lle era moi cómodo para facer o traballo.
-
adx
Que proporciona descanso e evita todo tipo de molestias.
Ex: Nesa cómoda cama descánsase ben. Sempre viaxa en avión porque lle resulta cómodo.
-
adx
Aplícase á persoa que só busca a súa comodidade.
Ex: Ela é tan cómoda que non se che levanta da cadeira en todo o día. Éche tan cómodo que nin sequera fai a súa cama.