"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
ILLOTES
Illote da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira, situado fronte á punta do Carreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que indica unha execución rápida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No tocante a, en relación con.
-
-
Inicio dunha acción que non se completa na súa totalidade.
-
Termo que se aplica ao presente e ao copretérito para indicar que expresan o comezo dunha acción ou que esta se intenta e non se realiza. Así, na oración Saía, pero chegou unha visita, a acción de saía, que vén de iniciarse, queda como unha disposición ou intención.
-
Concepto equivalente a forza ou potencia. Ten o seu precedente na noción de ὀρμή, empregada por Aristóteles para designar as accións que corresponden a un impulso natural, e polos estoicos, que a conceptuaron como a capacidade de esforzarse ou o impulso xerado na consecución dun obxectivo. Este termo traduciuse en latín como conatus. Na filosofía moderna, Hobbes definiuno como un movemento mesurable que no home está determinado pola vontade. Leibniz entendeuno como unha forza viva e dinámica, e para Spinoza constituíu o esforzo real para perseverar no ser.
-
Intento non consumado de efectuar un acto con contido delitivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canto harmonioso a varias voces.
-
-
-
Na lóxica clásica, representación abstracta e xeral dun obxecto que está asociada a unha palabra ou a un símbolo. Para Platón, os conceptos son as ideas perfectas que se forman nun mundo superior ao dos sentidos e que se reflicten nas cousas; para Aristóteles é o contrario, o concepto fórmase a partir das cousas. Os conceptos son os elementos últimos sobre os que se constrúe o edificio do coñecemento, e funcionan como suxeito e predicado no xuízo. As súas propiedades son a comprensión e a extensión. Pódese distinguir entre conceptos de individuo, de especie e de xénero, entre os que se establece unha relación de subordinación; Kant diferenciou entre conceptos a priori e a posteriori, segundo se deduzan ou non da experiencia; outros filósofos distinguen entre conceptos singulares e universais. O problema da súa orixe e da súa natureza estúdiase dende a Idade Media: o realismo afirma a súa existencia como realidades independentes do acto mental; o conceptualismo sostén que...
-
Representación psíquica dunha cousa concreta ou abstracta.
-
-
Opinión que se forma unha persoa sobre algo ou alguén.
-
Coñecemento descritivo dunha cousa.
-
Aquilo ao que se refire cada cantidade dunha conta ou dun orzamento.
-
Termo que designa un pensamento profundo ou agudo e, de xeito máis amplo, unha das modalidades expresivas fundamentais na literatura barroca. Xorde do establecemento dunha relación harmoniosa entre dous obxectos ou sentimentos non vinculados convencionalmente, mediante a abstracción dos trazos que teñen en común. Busca sorprender e marabillar o lector. Os procedementos retóricos utilizados habitualmente para producilo son o paradoxo, a antítese, a hipérbole, o oxímoro ou a suma de contrarios. Distínguense dous tipos, o petrarquista e o metafísico. O petrarquismo entendeuno como unha descrición metafórica de calidades físicas ou experiencias. Tivo grande influencia na poesía renacentista de Italia, Francia e Inglaterra, e sentou as bases formais dos catálogos de imaxes sorprendentes que caracterizan o marinismo. Pola súa banda, a vertente metafísica, cultivada especialmente polos poetas ingleses do s XVII, concibiuno como unha técnica metafórica achegada á alegoría. Nos...
-
Xénese do concepto ao longo do proceso evolutivo. A maioría das investigacións experimentais realizadas neste campo débense a Jean Piaget e á Escola de Xenebra. Segundo Piaget, poden distinguirse tres etapas fundamentais na adquisición de conceptos: etapa das coleccións figurais (de 2,5 a 5 anos), etapa das coleccións non figurais (de 5,5 a 7-8 anos) e etapa das clasificacións xenuínas (a partir dos 8 anos).
-
Plataforma única e orixinal dende a que se desenvolven as diferentes expresións que darán forma a un anuncio ou a unha campaña enteira.
-
-
-
Acción e efecto de concertar ou concertarse.
-
Harmonía de cousas dispostas ordenadamente para un fin.
-
Acordo entre diversas persoas xurídicas cunha finalidade común. Na tradición popular recóllese o seguinte refrán: “Máis vale un mal concerto que un bo preito”.
-
-
Modalidade do contrato administrativo de xestión de servicios públicos, polo que se encomenda esta xestión a unha persoa natural ou xurídica que realiza prestacións análogas a este servicio.
-
concerto de delictos
Circunstancia producida cando dous feitos delitivos orixinados por dúas ou máis persoas en distintos lugares poden considerarse delitos conexos.
-
concerto directo
Modalidade de contratación administrativa pola que a administración contrataba directamente co empresario que máis lle compracía. Dende 1995, o procedemento negociado de adxudicación dos contratos substituíu este tipo de contratación e esíxelle á administración negociar, como mínimo, con tres licitadores.
-
concerto económico-administrativo
En España, convenio sobre materia tributaria entre o ministerio de Facenda e determinadas autonomías ou provincias que gozan dun réxime fiscal especial. O goberno recibe unha cantidade fixa e global en concepto de impostos directos e as autoridades locais teñen facultades para recadar a contribución. Euskadi e Nafarroa gozan deste tipo de concerto, que no caso navarro recibe o nome de convenio.
-
concerto para a prestación de servicios
Forma de xestión indirecta dos servicios públicos na que se contrata a prestación dos servicios con outras entidades públicas ou privadas. É característica das corporacións locais.
-
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma musical característica do período barroco na que un grupo de instrumentos (concertino) rivaliza coa masa orquestral (concerto grosso, ripieno ou tutti). A Sonate di viole, de Alessandro Stradella (1644-1682), parece ser o primeiro concerto grosso coñecido. Entre os compositores que traballaron este tipo de concerto destacan, entre outros, Corelli, Torelli, Gemianini, Castruci, Sammartini ou Haendel. No s XX experimentou unha recuperación da man de compositores como Ernest Bloch (1880-1959) ou Paul Hindemith (1895-1963).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación empregada no s XVII para designar obras escritas para un grupo de instrumentos e voces. Posteriormente, aplicouse a calquera composición musical que opón un ou varios instrumentos solistas á orquestra. Contribuíron de xeito significativo ao desenvolvemento do concerto grosso e do concerto solista, como variante do concerto grosso, no que destaca o virtuosismo dun único solista, Archangelo Corelli (1653-1713), Guiseppe Torelli (1658-1709), Tomaso Albinoni (1671-1751) e Antonio Vivaldi (1678-1741), con quen esta forma musical acadou maior apoxeo ao ampliar as pasaxes solistas do concerto grosso ata que o só de violín dominou o conxunto e dividiu a composición en tres movementos extensos (allegro, adagio e un allegro final máis breve e vivo ca o primeiro) e dúas partes fundamentais (o ritornello do tutti e o concertino). Johann Sebastian Bach bebeu en parte destas fontes na creación dos seus Concertos...
-
GALICIA
Farmacéutico e político. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomouse en Sanidade. Membro do Partido Popular (PP), iniciou a súa andaina política en 1987 como concelleiro do concello de Ordes, cargo que ocupou ata 1989. Foi parlamentario galego nas lexislaturas IV (alta 12.9.1995) e V (alta 12.9.2000), pola circunscrición da Coruña. Participou como vogal na Comisión Institucional e na de Agricultura, Gandería e Montes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza musical para guitarra e orquestra da autoría do compositor Joaquín Rodrigo Vidre. Estreouse en Barcelona en 1940 baixo a dirección de César Mendoza Lasalle e foi interpretada polo guitarrista Regino Sáinz de la Maza acompañado da Orquestra Filharmónica de Barcelona. A peza reflicte o Aranjuez do s XVIII, cidade na que se refuxiaba a monarquía, e as cortes de Carlos IV e Fernando VII. Síntese do clásico e do popular, constitúe a primeira obra composta especificamente para guitarra e a peza que máis dereitos de autor acadou no s XX. De enorme éxito internacional, ao longo dos anos foi interpretada por grandes figuras musicais como os guitarristas Narciso Yepes, Paco de Lucía e Juliam Bream ou polo arpista Nicanor Zabaleta, ademais de ser adaptada ao jazz, incluída unha versión de Miles Davis no disco Sketches of Spain (1959).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que concilia ou ten por obxecto conciliar vontades ou criterios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concilio de Trento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xuntanza convocada polos bispos das dioceses galegas en 1974. Constou de cinco sesións centradas, respectivamente, nas problemáticas da liturxia, da catequese e dos medios de comunicación, do clero, dos segrares, e da caridade e promoción social. As sesións prolongáronse ata 1979. A iniciativa da celebración do Concilio partira do arcebispo de Santiago, o cardeal Quiroga Palacios, en 1966. O cardeal pretendía aplicar na súa arquidiocese as directrices emanadas do Concilio Vaticano II, que supuñan unha fonda renovación na vida da Igrexa. Unha das esixencias máis novidosas das conclusións do Concilio Vaticano II era a necesidade de inculturación e encadramento das igrexas locais no seu contexto social e cultural. Así, o episcopado galego acordou comezar un proceso de debate no seo da Igrexa, aberto á participación do clero e dos segrares, co que pretendía coñecer a situación, as necesidades e as aspiracións da comunidade de fieis. En 1968, os bispos galegos decidiron principiar as actividades...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación dinámica que prescribe un movemento axitado, apaixonado e fogoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo bilateral entre a Santa Sé e un estado, que ten como finalidade a regulamentación das actividades eclesiásticas que se desenvolven no territorio estatal e a resolución dos conflitos que xurdan eventualmente entre a potestade eclesiástica e a civil. Ten a natureza xurídica de tratado internacional e considérase como fonte do dereito. Na Idade Media recibían o nome de concordato toda clase de convencións entre os bispos e os poderes laicos ou os mosteiros; o novo significado adoptouse no Concilio de Constanza (1414-1418). Poden ser pontificios ou episcopais segundo sexa o papa ou un bispo o asinante do acordo. A súa validez pode ser temporal ou perpetua. Tratan asuntos de carácter económico ou referentes ás actividades propias da Igrexa aínda que, en xeral, os acordos acadados se refiren a cuestións de carácter mixto como o ensino, a lexislación matrimonial ou os delitos que atinxen aos ámbitos civil e eclesiástico. Os concordatos poden asinarse tanto para afianzar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertence a un concordato.
-
-
-
Aplícase ás cousas ou ao seu nome, que existen ou se imaxinan como existentes, como individuos dunha especie designada polo seu nome, considerados en si mesmos e non na mente como representación de toda a especie. Así, por exemplo, peixe, como concepto abstracto, oponse a un peixe, que designa un individuo determinado dunha especie e, xa que logo, concreto.
-
Aplícase ao termo que designa un suxeito real, e non unha calidade ou relación nela mesma.
-
-
-
Que se coñece ou expresa de forma exacta, sen vacilacións de ningún tipo.
-
Que expresa un obxecto particular ou que alude a algo determinado e puntual que se está a tratar.
-
-
Formado pola unión de partículas nunha masa máis ou menos sólida (por oposición a fluído).
-
Produto aromático, sólido ou pastoso, obtido de plantas e flores aromáticas pola acción disolvente de hidrocarburos e a súa posterior evaporación. Contén aceites esenciais, ácidos graxos, ceras e, en xeral, todas as substancias solubles en hidrocarburos. Emprégase para uso alimentario e para perfumería.
-
Denominación que Theo van Doesburg lle deu á arte abstracta no manifesto Art Concret (1930) -que, nun principio, ía ser o primeiro número dunha revista- como reacción á fundación do movemento artístico Cercle et Carré, malia estar vinculada a eles nun comezo. As súas ideas recolleunas en 1944 un grupo de artistas suízos dirixidos por Max Bill, quen definiu a pintura concreta como a eliminación da representación naturalista baseada nas formas mínimas, na cor e nas composicións ortogonais. Estes artistas quixeron realizar unha arte comprensible para todo o público e buscaron a creación dunha linguaxe válida para todas as artes. Max Bill organizou dúas exposicións, unha en Basilea (1940) e outra en Zúric (1960).
-
Música baseada no emprego de sons e ruídos que poden reproducirse de diversas formas e que configuran unha peza musical. Esta iniciativa musical principiouna Pierre Schaeffer no estudo da radio francesa no ano 1948. A súa denominación fai referencia á orixe concreta dos sons utilizados nunha composición: elementos preexistentes, sons musicais e ruídos (motores, auga que cae, perforadores, etc). A partir dos anos setenta o concepto de música concreta inseriuse dentro do máis xeral de música electrónica. Precursores deste tipo de música foron, entre outros, John Cage e Olivier Messiaen, e as primeiras composicións importantes foron obra de Pierre Schaeffer e de Pierre Henry. Estiveron en contacto coa música concreta, entre outros, Pierre Boulez, Luciano Berio e Bruno Maderna.
-
...
-
-
-
-
Aplícase ás cousas ou ao seu nome, que existen ou se imaxinan como existentes, como individuos dunha especie designada polo seu nome, considerados en si mesmos e non na mente como representación de toda a especie. Así, por exemplo, peixe, como concepto abstracto, oponse a un peixe, que designa un individuo determinado dunha especie e, xa que logo, concreto.
-
Aplícase ao termo que designa un suxeito real, e non unha calidade ou relación nela mesma.
-
-
-
Que se coñece ou expresa de forma exacta, sen vacilacións de ningún tipo.
-
Que expresa un obxecto particular ou que alude a algo determinado e puntual que se está a tratar.
-
-
Formado pola unión de partículas nunha masa máis ou menos sólida (por oposición a fluído).
-
Produto aromático, sólido ou pastoso, obtido de plantas e flores aromáticas pola acción disolvente de hidrocarburos e a súa posterior evaporación. Contén aceites esenciais, ácidos graxos, ceras e, en xeral, todas as substancias solubles en hidrocarburos. Emprégase para uso alimentario e para perfumería.
-
Denominación que Theo van Doesburg lle deu á arte abstracta no manifesto Art Concret (1930) -que, nun principio, ía ser o primeiro número dunha revista- como reacción á fundación do movemento artístico Cercle et Carré, malia estar vinculada a eles nun comezo. As súas ideas recolleunas en 1944 un grupo de artistas suízos dirixidos por Max Bill, quen definiu a pintura concreta como a eliminación da representación naturalista baseada nas formas mínimas, na cor e nas composicións ortogonais. Estes artistas quixeron realizar unha arte comprensible para todo o público e buscaron a creación dunha linguaxe válida para todas as artes. Max Bill organizou dúas exposicións, unha en Basilea (1940) e outra en Zúric (1960).
-
Música baseada no emprego de sons e ruídos que poden reproducirse de diversas formas e que configuran unha peza musical. Esta iniciativa musical principiouna Pierre Schaeffer no estudo da radio francesa no ano 1948. A súa denominación fai referencia á orixe concreta dos sons utilizados nunha composición: elementos preexistentes, sons musicais e ruídos (motores, auga que cae, perforadores, etc). A partir dos anos setenta o concepto de música concreta inseriuse dentro do máis xeral de música electrónica. Precursores deste tipo de música foron, entre outros, John Cage e Olivier Messiaen, e as primeiras composicións importantes foron obra de Pierre Schaeffer e de Pierre Henry. Estiveron en contacto coa música concreta, entre outros, Pierre Boulez, Luciano Berio e Bruno Maderna.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cohabitación dun home e dunha muller que non están legalmente unidos en matrimonio. Ao longo da historia o concubinato foi unha constante nas diversas sociedades, aínda que usualmente os dereitos das concubinas nunca foron equiparables aos das mulleres lexítimas. Co tempo, a tolerancia cara ao concubinato minguou e o cristianismo logrou ennobrecer xurídica e moralmente a institución do matrimonio; xudicialmente, os emperadores cristiáns abolírono definitivamente no s IX. O dereito canónico inclúe dentro do concubinato o matrimonio civil que non pode ser recoñecido como válido, polo que castiga os concubinos coa privación do dereito a realizar actos lexítimos eclesiásticos. Non obstante , o dereito civil do Estado español foi parello ao evolutivo recoñecemento social do concubinato e tendeu a identificar progresivamente a unión de feito, a regulala legalmente e a incrementar a nómina de dereitos dos concubinos.