"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
-
Ocupar con xente un lugar.
-
Ocupar un lugar con seres vivos.
-
ivir nun lugar.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos polabos ou á súa lingua.
-
Individuo da tribo dos polabos.
-
Grupo de tribos eslavas que se instalaron nos ss III e IV entre os ríos Elba e Oder.
-
Lingua eslava da rama occidental que se extinguiu cara a finais do s XVIII.
-
-
-
-
Nome común co que se coñecen os moluscos cefalópodos da familia dos octopódidos. Son animais bentónicos, lixeiros cando reptan sobre os seus brazos, cazadores e ambulatorios. Son de corpo mol, sen cuncha interna, e están provistos de mandíbulas con forma de peteiro de papagaio, oito brazos con ventosas e ollos complexos, provistos de córnea. A súa envergadura está comprendida xeralmente entre 40 e 60 cm, e só rarísimos exemplares chegan a alcanzar 3 m.
-
polbo cabezudo/de altura/do limpo
cabezón.
-
polbo común [port: polvo; cast: pulpo; ingl: poulp] [Octopus vulgaris, Fam dos octopódidos]
Molusco de ata 100 cm de lonxitude, de corpo globoso de cor entre grisácea e parda verdosa, pel ás veces con verrugas na parte superior do corpo, e provisto de oito tentáculos (brazos ou raxos) rodeando a boca, e con dúas fileiras de ventosas. O terceiro tentáculo está modificado nos machos, co extremo en forma de culler, e utilízao como órgano copulador introducindo os ovos no interior do corpo da femia. A reprodución ten lugar no inverno, para o que se achega á costa, onde permanece ata a primavera. É un invertebrado moi intelixente, cun cerebro moi desenvolvido e capaz de diferenciar figuras xeométricas. Habita nos rochedos e durante o día permanece en fendas e recunchos, e de noite caza e alimentase de moluscos, crustáceos e peixes que atrapa cos seus tentáculos e mata co seu pico córneo. Distribúese polo Atlántico e o Mediterráneo. En Galicia é moi apreciado en gastronomía e constitúe un dos pratos máis tradicionais da nosa cociña.
-
-
Forma tradicional de preparación do polbo, que consiste en cocer o polbo en grandes caldeiros de cobre. Despois córtase en anacos e bótaselle un pouco de aceite de oliva virxe, sal e pemento picante en po. Nalgunhas zonas acompáñase tamén con cachelos, xeralmente cocidos na mesma auga ca o polbo.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Autor de novelas de exaltación patriótica, a súa obra principal Povest o nastojaščem čeloveke (Novela dun home auténtico, 1946) recibiu o Premio Stalin 1947, galardón que volveu gañar en 1949 con My sovetskije l’udi (Nós, os soviéticos, 1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto polimérico que contén grupos carbonato (-O-CO-O-) repetidos regularmente ao longo da súa cadea principal. Pode considerarse un tipo de poliéster. Desde o punto de vista industrial, o máis importante é o derivado do 2,2-bis(4-hidroxifenil)propano. Son substancias transparentes e ríxidas con boas propiedades como illantes eléctricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Complexo lineal formado por unha molécula de RNA mensaxeiro e ribosomas, e que ten un papel moi activo na síntese dos polipéptidos.
-
-
Que está formado por dúas ou máis sílabas.
-
Palabra que está formada por dúas ou máis sílabas. Segundo o número de sílabas que a compoñan, a palabra polisílaba recibe os nomes particulares de bisílaba, trisílaba, tetrasílaba, pentasílaba, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos falcónidos, ao que pertence o caracará.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave de 41 cm de lonxitude e sexos iguais, que ten a plumaxe de cor agrisada con raias brancas nas ás, manchas brancas no pescozo e cunha banda negra no extremo da cola. Habita en bosques caducifolios e de piñeirais, e pode atoparse en parques urbanos. Aliméntase de sementes, algúns froitos e algúns pequenos invertebrados. Distribúese por toda Europa e en Galicia é moi común.
-
-
Apelido de orixe galega. Segundo a lenda, algún dos seus membros puido participar na Batalla de Clavijo (825).
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, unha pomba de prata.
-
-
GALICIA
Médico. Profesor na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en pediatría e endocrinoloxía e investigou sobre o tratamento dos atrasos no crecemento. Publicou, entre outros, Endocrinología pediátrica (1990), Manual de pediatría práctica (1992). É académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, é autor dunha obra intelectual e irónica. Escribiu poesía, experimental e antivangardista, que plasmou en Protocolos (1973), e narrativa, marcada polo realismo subxectivo, como El heroe de las mansardas de Mansard (1983, Premio Heralde), El metro de platino iridiado (1990, Premio de la Crítica), Donde las mujeres (1997, Premio Nacional de Narrativa), El cielo raso (2001, I Premio Fundación Lara), en que trata o tema da homosexualidade e o cristianismo; Alrededores (2002) e Una ventana al norte (2004), en que procura a realidade a partir do gusto pola irrealidade. É membro da Real Academia Española (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Entre 1854 e 1858 tivo en arrendamento os obradoiros tipográficos de Francisco Arza, fillo de Pascual Arza, na Coruña, mentres Arza establecía outros en Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo. Editou Proyecto de ley para arreglo del notariado (1855), de Fermoso. Castor Míguez mercou este obradoiro en 1859.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cónsul romano. Cuestor en Sardeña e pretor, foi nomeado cónsul en 89 a C despois de obter diversas vitorias durante a guerra social. Outorgou coa lex pompeia o dereito latino ás cidades de Transpadana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club de fútbol fundado en Pontevedra o 16 de outubro de 1941. Xoga os seus partidos como local no estadio de Pasarón e viste camiseta e medias granates con pantalón azul. A historia do club iniciouse no campo da Xunqueira, á beira do Lérez, onde xogou o equipo do Spórting, en que militaron xogadores como Eduardo Novoa e Luís Otero. Co tempo, o Spórting trasladouse a Campolongo, un campo que alternou co equipo do Deportivo, en que xogou outro ilustre, Pasarín. Da fusión de ambos os dous equipos xurdiu o Atlético Pontevedra, primeiro equipo que principiou a xogar no estadio de Pasarón. Nesta etapa tamén xurdiron os equipos do Eiriña e do Alfonso CF, que competiron co Atlético Pontevedra en campionatos rexionais. En 1941, tras a desaparición do Atlético Pontevedra, fusionáronse o Alfonso CF e o Eiriña e xurdiu o Pontevedra CF. Despois de moitos anos militando na 3ª división, na tempada 1959-1960 conseguiu o ascenso a 2ª, e na tempada 1962-1963 logrou xogar en 1ª, éxito que volveu acadar na...
-
VER O DETALLE DO TERMO
iascón, Cotobade 4.11.1920 - Pontevedra 24.3.1992) Gaiteiro. Comezou a tocar moi novo da man do seu pai, Emilio Portela, que tamén era gaiteiro. Con doce anos marchou a Vigo, onde foi perfeccionando a súa técnica co mestre Xosé Oliveira o Moreno. En 1942 roubáronlle a gaita que lle regalara seu pai en 1934 e estivo sen tocar trece anos, ata que coñeceu a Antonio Fernández, que lle cedeu unhas gaitas de ébano que pertenceran a Faustino Santalices. En 1955 emigrou a Venezuela e fundou o grupo de gaitas do Lar Galego de Caracas, que dirixiu ata o seu regreso a Galicia en 1959. En 1968 gravou, xunto co seu irmán Xesús, un disco co grupo Irmáns Portela. Posteriormente, en 1980, gravou Festa en Viascón, que contou coa participación de Xosé V. Ferreirós. Foi un mestre da gaita dotado dunha técnica única, especialmente no sistema do “tocar pechado”.
-
RIOS
Río da vertente atlántica que nace no concello de Moeche, baña parte do concello de Cerdido e desemboca na ría de Cedeira, no concello homónimo, pola parroquia de Esteiro. O tramo final da súa conca pertence á Costa Ártabra, integrada na Rede Natura 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Porto do Cabo entre Esteiro (Cedeira) e Vilarrube (Valdoviño). É unha ponte medieval de cachotaría con arcos de medio punto, tallamar triangular, calzada de pedra e un só van. Sitúase no antigo Camiño Real de Ferrol a Cedeira.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Riós, no concello homónimo. O seu cumio acada os 868 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO