"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Construción situada en Cabanelas (O Carballiño). Á obra orixinal do s XVI engadíuselle outras edificacións. Ten planta cadrada con cuberta a dúas augas. No exterior ten unha escaleira que leva ata unha solaina sostida por columnas rematadas en zapatas decoradas cos escudos dos Losada e Ribadeneira. Conta cunha capela nas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Reboreda (Redondela). É obra de finais do s XVII con reformas posteriores. Ten dúas partes diferenciadas, con acceso por dous portóns da fachada principal. A unha delas accédese a través do pórtico onde se sitúa a escaleira e conta cun patio rectangular con decoracións na balaustrada e nos capiteis. Nesta parte hai unha torre que foi reformada. A outra zona conserva a súa estrutura orixinal. A través do portalón accédese a un patio desde o que se sube á planta principal polo patín. A casa comunícase por un pasadizo coa igrexa parroquial. Os escudos, situados sobre os portóns, aluden aos Troncoso, Lira, Mondragón e Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Baleo que nace na parroquia das Neves e desemboca na de Devesos (Ortigueira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oza dos Ríos baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que presenta, en campo de ouro, un barril de goles, superado de tres estrelas de azul colocadas en faixa en xefe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xardineiro. Introduciu e aclimatou, no terreo do marqués de Santa Cruz, sementes, flores e froiteiras que procedían de Francia. Contou cun establecemento de plantas en Santiago de Compostela. Recibiu o título de cabaleiro da Orde Civil del Mérito Agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (A Coruña?) Arquitecto. Formouse na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona. Desde 1977 é profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Os seus primeiros traballos dirixíronse ao planeamento urbano e á ordenación do territorio, como o estudo sobre o impacto sobre o territorio da Autopista de Atlántico. Realizou a rehabilitación do cuartel da rúa do Hórreo para sede do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela (1987, Premio Julio Galán Carvajal en 1991) e, xunto con Albert Pineda, o Hospital Marítimo de Oza na Coruña (1995-1997, Premio Julio Galán Carvajal en 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, participou en diversas campañas arqueolóxicas na comunidade galega. Escribiu, entre outras, Guía dos castros de Galicia (2000) e Castelao e nós (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Sabuguido (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.050 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Paleo (Carral). Trátase dunha construción en forma de L cunha torre de planta cadrada e ameada nun dos lados. Construíuse en cahotaría agás os esquinais, ocos e cornixas, realizados en cantaría. Está amurallada e rodeada de xardíns. Destaca o escudo con cimeira e dividido en catro cuarteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota). O seu cumio acada os 531 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao terreo inclinado ou cunha forte pendente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar de maneira repetida un corpo de material elástico.

    2. Cambiar de traxectoria ou retroceder un corpo despois de bater contra algo.

    3. Bater unha cousa noutra que vén de bater con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rebotar.

    2. Cada un dos sucesivos botes dunha pelota despois de ser golpeada.

    3. Pelota que rebota no taboleiro ou na canastra de baloncesto e que non entra polo aro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sobresae, especialmente referido ao ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aquilo que sobra ou que non se aproveita dalgunha cousa, especialmente da comida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caída vertical abrupta entre dous terreos que están a diferente nivel.

    2. Terreo que se deixa sen cultivar durante un tempo para que descanse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilelos (O Saviñao). O seu cumio acada os 581 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de rebozar.

    2. Que está cociñado segundo este preparado.

    3. Capa, xeralmente de ovo e fariña ou pan relado, que cobre un alimento.

    VER O DETALLE DO TERMO