"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Título concedido polo Emperador Carlos V, o 1 de maio de 1543, a Fernando de Andrade das Mariñas, segundo conde de Vilalba. Foi Capitán Xeneral da Liga Santaza e das tropas do Pontífice Adriano VI e acadou moita sona nas campañas españolas en Italia. O conde de Andrade casou coa viúva do seu curmán Diego de Acevedo, a condesa de Monterrei Francisca de Zúñiga. A súa filla, Teresa de Andrade e Zúñiga, contraeu matrimonio co conde de Lemos, Fernando Ruíz de Castro e herdou o condado. A liñaxe dos Andrade tivo a súa casa orixinaria en Andrade, Pontedeume, onde aínda se conserva unha fortaleza co mesmo nome. Antepasados dos condes foron os señores Pérez de Andrade, Fernández de Andrade e outros que descenden dos condes de Traba e Trastámara. Seica foi Fernán Pérez de Andrade quen acuñou moeda e engadiu -lembrando o favor prestado ao Rei don Enrique-, un xabaril e un oso ás armas primitivas da famila. De feito, o xabaril é a figura principal dos Ares que foron nun comezo lugartenentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro pertencente á liñaxe dos Andrade. Na segunda metade do s XVI tomou parte nas loitas entre os señores galegos por títulos e poderes. Despois de enfrontarse ao Arcebispo Fonseca, ao conde de Monterrei, aos Pardos e aos Ribadeneiras, chegou a un acordo no 1474. Loitou tamén a prol da princesa herdeira Isabel, irmá de Enrique IV, na súa disputa con Xoana a Beltranexa polo trono de Castela, axudando a escuadra comandada por Ladrón de Guevara. Mentres este tomaba Baiona, Diego de Andrade ao lado do Arcebispo compostelán ocupou Pontevedra, Redondela, Vigo, Arousa e Oca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto nado en Cee (A Coruña). Inscribiuse como estudante entre 1654 e 1656 na facultade de Artes da Universidade de Santiago. Comezou a traballar nos talleres da Catedral de Santiago desde 1662 onde desenvolveu un ascenso profesional rápido: tres anos máis tarde xa aparecía vencellado ao fabriqueiro Vega y Verdugo que o promocionou como Aparellador Maior da catedral (1669). Pouco tempo despois, en 1676 acadou o cargo de mestre de obras coa obriga de organizar os espectáculos de fogos artificiais, trazar e dirixir todas as obras do edificio catedralicio e as posesións do cabido santiagués. Como arquitecto cómpre salientar as súas numerosas intervencións na catedral: a remodelación da Porta Santa (1694), o pórtico real da Quintana (1695-1700), a capela do Pilar (1686-1710) e sobre todo, a Torre do Reloxio (1676-1680) onde chegou ao seu cumio monumental e decorativo. A todo isto hai que lle engadir a súa actividade como mestre de obras municipal. Desta época son edificios civís tan significativos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. En 1935 resultou elixido fellow da Royal Society e, en 1950, director da Royal Institution e do Davy-Faraday Laboratory. Traballou na estrutura do átomo e nos raios gamma. Entre outras obras, publicou en 1924 The Struture of the Atom (‘A estrutura do atómo’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Iniciado co Neorrealismo, seguiu un camiño máis tradicional con algúns detalles tipicamente modernos. Da súa abondosa obra cómpre salientar Adolescente (1942), Os amantes sem dinheiro (1950), As palavras interditas (1951), Coração do dia (1958), Obscuro domínio (1971) e O peso da sombra (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de Roi Freire de Andrade e Inés González de Soutomaior. A el débeselle o prestixio inicial acadado pola casa dos Andrade. A súa actividade política e militar xira ao redor de Enrique de Trastámara: acolleuno na súa Torre de Pontedeume, facilitoulle unha nave en Ferrol e acompañouno á Corte do Rei de Francia cando este aínda era príncipe. Entre as actividades bélicas documentadas que protagonizou están: a loita contra Fernando de Castro, da casa de Lemos, en defensa do príncipe Enrique (1366); a súa participación na Batalla de Montiel, en 1369, segundo a tradición iniciada polo licenciado Molina (1550), quen engade que foi tamén o que matou a Pedro o Cruel. Enrique II dooulle os señoríos do Ferrol e Pontedeume, por privilexio do 19 de decembro de 1371, e o señorío de Vilalba, o 3 de agosto de 1373. Así mesmo, parece que conseguiu o privilexio de cuñar moeda, feito constatado pola presenza de moedas do s XIV da casa dos Andrade. Entre as obras que financiou nos seus dominios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante portugués, explorador e militar. Baixo as ordes do Comandante Alfonso de Alburquerque tomou parte, xunto co seu irmán Simão, na toma de Goa (1510) e na conquista de Malaca (1511).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e cronista maior do Reino portugués. Entre as súas obras históricas sobresae a Crònica do muito alto D. João III (1613); como poeta, é autor do poema épico Primeiro cerco de Diu (1589).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e dourador. Entre as súas obras máis salientables cómpre destacar a súa intervención no retablo de San Sebastián na Capela de San Roque de Santiago (1678), a pintura e dourado do retablo das Reliquias do convento de Vilanova de Lourenzá (1679), o retablo da desaparecida capela de San Roque en Pontedeume (1684) e o antigo altar da capela dos Remedios de Mondoñedo (1700), que pintou xunto con Alonso Canedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica, situada en Pontedeume, de finais do século XII na que se conserva principalmente a ábsida semicircular. O máis destacado deste templo é a colección de canzorros que se sitúan baixo o beiril: os máis sinxelos decóranse con grandes volutas, estrías verticais e varios rolos, algúns unidos por un bocel. Outros presentan figuras humanas espidas e de crequenas. O interior da ábsida quedou oculto pola colocación dun retablo que foi traído da igrexa do mosteiro de Santa María de Monfero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico brasileiro. Formouse como documentalista e iniciouse con dous filmes de carácter político Macunaíma (1969) e Os inconfidentes (1971). Máis tarde dedicouse á comedia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor brasileiro. Participou no movemento modernista do seu país e cultivou a poesía (Pau Brasil, 1925) e a novela (Marco Zero, 1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. En 1920 foi un dos promotores da escisión que deu lugar ao Partido Comunista de España (PCE). Separouse del no ano 1930 para converterse en membro da executiva do Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM) e residiu en Barcelona dende o 1936. Entre 1939 e 1978 permaneceu exiliado en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e político angolano. Como expresión da súa faceta poética publicou en 1958 unha antoloxía da poesía africana de expresión portuguesa. A súa actividade política comezou en 1956, cando xunto con outros compañeiros fundou o Movemento Popular de Libertação de Angola (MPLA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e folclorista brasileiro. Foi un dos iniciadores do Modernismo no Brasil e, posteriormente, evolucionou cara a formas vangardistas. Ademais de novelas como Macunaíma (1928), deixou estudios e recompilacións de cancións e danzas brasileiras como Ensaio sobre a música brasilera (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción pacega levantada por D. Fernán Pérez de Andrade o Boo no ano 1371 e da que só se conserva a torre de homenaxe. Esta torre de planta cuadrangular e vans oxivais, sufriu a destrución das guerras irmandiñas para ser reconstruída por Diego de Andrade no século XV. Declarada Monumento Nacional Histórico Artístico no ano 1924, foi restaurada no 1974 e agora é sede da oficina municipal de Turismo de Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torre de homenaxe do que fora castelo de Fernán Pérez de Andrade, quen o mandara construír no 1396. Está situada na parroquia da Nogueirosa, a 309 m de altitude, e desde alí pode outearse todo o esteiro do Eume e a vila de Pontedeume ao seu carón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de calcio e ferro, (SiO4)3Fe2Ca3, do grupo dos granates. Cristaliza no sistema cúbico, formando cristais informes e granulares; de cor parda, se ben tamén pode ser verde, incolora ou negra. Ten dureza 6-7,5 e peso específico 3,9. É un mineral típico de metamorfismo de contacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia e concello de Mondoñedo de 515 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilanova de Arousa baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO