"APA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘abdome’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hernia da parede abdominal que non sae polos aneis inguinal ou crural. OBS: Denomínase tamén hernia ventral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
peritoneoscopia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega na exploración da cavidade abdominal, a través dunha punción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión cirúrxica da parede abdominal e do peritoneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano da Gallaecia do convento Lucense. Segundo as fontes o seu territorio estendeuse polas rías de Ferrol e Ortigueira.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Colaborou inicialmente co seu pai, Francisco Llanos Mas. Ademais de traballar para Faro de Vigo, organizou o seu propio estudo na rúa Policarpo Sanz, en Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución financeira xaponesa fundada en 1952, que centrou a súa actuación no financiamento e no fomento da industria do país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Benedicto XIII.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Amapá, Brasil, situado ao N da desembocadura do Amazonas (270.077 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Curzio Suckert.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Película galega dirixida por Carlos Piñeiro en 1980. Patrocinada polo grupo Imaxe, conta os avatares do primeiro día de escola dun neno que acaba de chegar do interior a vivir coa súa tía nunha vila mariñeira. As liñas temáticas non se tratan en profundidade e producen un resultado final máis propio do cine amateur que dunha longametraxe profesional.
-
PERSOEIRO
Mítico soberano inca. Descendente do Sol, foi considerado o fundador do Imperio Inca. Segundo a tradición, casou coa súa irmá Mama Ocilo e estableceuse na cidade de Cuzco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soberano inca (1533-1544), fillo de Huayna Cápac. Logo de morrer os seus irmáns Huáscar e Atahualpa, accedeu ao trono recoñecido por Pizarro. Despois de rebelarse contra este, ocupou Lima e Cuzco, pero tivo que retirarse aos Andes. Sucedérono os seus fillos a finais de 1572.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Representación gráfica plana da superficie da Terra ou de parte dela, atendendo a unha escala e a unha proxección determinada. A elaboración de mapas é obxecto da cartografía, e está orientada cara a xeografía e a navegación mariña e aérea. Os mapas elabóranse a escala para resolver os problemas de dimensións. Poden ser a grande escala, entre 1:200.000 e 1:10.000, empregados en grandes coberturas; a mediana escala, entre 1:200.000 e 1:1.000.000; e a pequena escala, de 1:1.000.000, que representan conxuntos de países, estados e continentes. A complexidade da realidade que pretende representar fai que todo mapa leve unha lenda que simplifique os datos mediante a selección da información e o emprego de símbolos convencionais. Segundo o que representen, distínguese entre mapas topográficos, que plasman a estrutura físico-política da Terra, e mapas temáticos, que representan aspectos monográficos, como mapas xeolóxicos, climáticos ou demográficos.
-
Diagrama no que se indica o futuro destino de cada unha das partes do embrión.
-
Mapa sen lenda.
-
Diagrama que representa a posición dun xene no cromosoma. O mapa cromosómico constrúese a partir das frecuencias de entrecruzamento e da observación das aberracións cromosómicas. Canto maior é a frecuencia, máis próximos están os xenes, e viceversa. A unidade de distancia denomínase morgan. OBS: Tamén se denomina mapa cromosómico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de cartografía xeolóxica de España a escala 1:50.000, creado polo Instituto Tecnológico Geominero de España en 1972 e rematado en 2003. Neste traballo diferéncianse os distintos tipos de litoloxías, os accidentes tectónicos e os procesos xeodinámicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traballo de investigación realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia entre 1992 e 1996. Para a súa elaboración realizáronse un total de 38.897 entrevistas entre a poboación residente en Galicia de máis de 16 anos de idade. A enquisa constaba de 148 preguntas, algunha delas con subdivisións internas, polo que se obtiveron un total de 170 variables, como a competencia lingüística do galego, as actitudes e prexuízos lingüísticos ou os datos de identificación persoal do entrevistado. O traballo foi publicado pola Real Academia Galega en tres volumes (1994, 1995 e 1996) e nel recóllense datos significativos da situación sociolingüística de Galicia. En xeral, o estudo amosa que os galegos teñen unhas actitudes positivas cara ao galego, especialmente entre os máis novos e os galegofalantes. O galego é a lingua maioritaria do país, malia observarse unha liña de descenso constante no seu uso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mapa cartográfico de España reproducido a escala 1:50.000 e a escala 1:25.000, que constitúe a cartografía básica oficial. O mapa de 1:50.000 comezou a elaborarse en 1853 e rematouse en 1968, baseándose na rede xeodésica e cun total de 1.122 follas. En 1975 comezouse a escala 1:25.000 con datos proporcionados por satélites e fotografías aéreas; rematouse en 2003 con 4.123 follas, que cobren a totalidade do territorio ofrecendo unha representación detallada do terreo nos seus aspectos topográficos, morfolóxicos e os derivados da presenza humana, así como do medio natural. Ambos foron levantados polo Instituto Geográfico Nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero carnívoro duns 60 cm de lonxitude e 30 cm de alzada na cruz, coa cola de 40 cm, complexión robusta, patas pequenas e abundantemente cubertas de pelo, mans e pés coa planta núa, dedos finos e cara alongada nun curto fociño, na base do que están os ollos. A pelaxe, de cor gris amarelenta, presenta unhas características manchas negras ao redor dos ollos que forman unha especie de anteface, e uns aneis claros e escuros na cola. É de costumes nocturnos, hábil gabeador e nadador, e de réxime alimentario omnívoro. É gregario e habita nas zonas forestais próximas ás correntes de auga ou lagos de toda América do Norte e Central.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mapa que representa a superficie da Terra dividida en dous hemisferios. Desde o s XVI baséanse na proxección Mercator, aínda que tamén se empregan outras proxeccións, como a ortográfica ou a estereográfica.