"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
-
Carga que transporta unha balsa en cada viaxe.
-
Cada unha das viaxes que fai unha balsa.
-
-
RIOS
Río afluente pola dereita do Landro. Nace nas estribacións meridionais dos montes de Cabaleiros, da confluencia dos regos de Cordeiras e da Fraga, no límite das parroquias de Vilacampa (concello do Valadouro) e Miñotos (Ourol). Drena esta última parroquia e desemboca no Landro logo dun percorrido duns 6 km de dirección L-O.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro, xeralmente de pequenas dimensións, que trata un tema popular pintoresco ou grotesco, por exemplo escenas de taberna, banquetes, cabarés, reunións de bebedores ou fumadores, etc. Nun principio o termo referíase ás obras de temática popular realizadas por Pieter van Laer, chamado il Bamboccio, e o seu círculo (Both, Miel, Corza, etc). Posteriormente, no s XVII, ampliou o seu significado para designar un xénero pictórico sen distinción de escolas. Autores de bambochadas foron, entre outros, Adriaen Brouwer e David Teniers.
-
-
Fileira de bancos. SIN: grada.
-
Nun terreo inclinado, zona que se pode adicar ao cultivo grazas á construción de pequenos muros. SIN: bancal, socalco.
-
Grupo grande de peixes que pasan xuntos. SIN: banco.
-
Conxunto de bancos feitos de táboas traveseiras que van de babor a estribor nos botes e que serven de asento aos remeiros, ou bancos que se colocan dentro do bordo nas embarcacións menores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada en 1902 por un grupo de 16 afeccionados, sendo unha das bandas máis antigas de Galicia. A partir de novembro de 1971 está dirixida por José Iglesias Ramilo e ten ao redor de 78 músicos e dende 1976 ensaia no Centro Cultural de Valladares, funcionando este local dende 1983 ata 1994 como unha filial do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e paralelamente está a propia Escola de Música da Banda. Mostra da súa constante actividade foi a creación dos grupos de Cámara Grupo de Metales Ars-Metal e o Grupo de Vento-Madeira Amadeus. Recibiu o I Premio nos Certames de Bandas de Música en Cangas (1985), Vigo (1986) e en Lalín (1991) e na segunda convocatoria do Certame de Bandas de Música Populares (1996), así como o II Premio no Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de València (1997). Dentro da súa discografía destacan as gravacións: Unión Musical de Valladares e Coral Polifónica do CVC de Valladares (1983) e Unión Musical de Valladares (1987,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical documentada polo franciscano Samuel Eiján que se ocupou dela na súa Historia, publicada a comezos do s XX. Nos arquivos do Museo Diocesano de Ourense hai datos dos inicios desta banda do Ribeiro, da que figura o ano 1840 como punto de arranque, e que aínda hoxe existe. A Ribadavia chegou o artista toscano Veneroni que, despois de actuar na localidade cunha compañía de cómicos, optou por quedar na vila exercendo o ensino da música. Organizou unha sociedade filharmónica, destinada á formación da xuventude, dando facilidades económicas aos fillos das familias menos protexidas. Anos máis tarde, cando xa a organización ía en marcha, o concello de Ribadavia, en sesión celebrada o día 9.6.1850, tomou o acordo de prestar todo o apoio necesario para que ninguén, por falta de medios, se vise privado de ser músico. Nunha segunda sesión celebrada o día 13.10.1850, o concello facilitou o local de ensaio na escola de nenos de Santo Domingo. No 1894, data na que a banda tomou o nome...
-
-
Multitude de aves pertencentes á mesma especie que voan xuntas. SIN: bando.
-
Grupo numeroso de peixes da mesma especie que se desprazan xuntos. SIN: banco, bando, cardume, mada, 1manda.
-
Conxunto numeroso de persoas.
-
-
-
Parte do corpo humano e dos animais onde está situado o estómago e outras vísceras. SIN: bandougo, bandullo, barriga.
-
Barriga grande. SIN: bandougo.
-
-
-
Golpe dado no bandullo ou barriga.
-
Comida ou banquete abundante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conversa sobre cousas de pouca importancia ou transcendencia. SIN: baralla, parolada.
-
-
Parte carnosa situada debaixo do queixo humano, especialmente se ten certa gordura. SIN: barbadela, barbela, faceira, papada, papeira, papo.
-
Parte inferior da queixada do gando vacún, porcino e equino. SIN: barbadela, barbela, faceira, papada, papeira, papo.
-
Peixe mariño de corpo alongado e comprimido lateralmente na parte inferior que pode acadar ata 60 cm de lonxitude. Presenta dúas barbelas sobre o fociño e outra no queixo, e unha liña lateral pouco evidente e curvada. Ten dúas aletas dorsais, a primeira máis curta e máis baixa cá segunda que se estende ata a aleta caudal, que é arredondada. É de cor avermellada, máis pálida nos laterais e no ventre, e amosa unhas pintas escuras no dorso. Vive en fondos rochosos de ata 120 m de profundidade, onde se alimenta doutros peixes e crustáceos. SIN: mariola.
-
Peixe mariño de corpo alongado, de ata 26 cm de lonxitude, que posúe tres barbelas, dúas no labio superior e a outra no inferior. A primeira aleta dorsal está formada por dúas ou tres aletas longas e está moi separada da segunda, e as aletas pectorais presentan de 17 a 19 radios. Ten o corpo e a segunda aleta dorsal salferida de castaño ou, ás veces, avermellada, cos laterais e o ventre cinsentos. Vive en pozas da zona intermareal de ata 10 m de profundidade na rexión do Atlántico Norte coñecida co nome de Macaronesia, onde se alimenta de crustáceos decápodos e algas.
-
Peixe mariño de corpo alongado, que non supera os 30 cm de lonxitude, cuberto de pequenas escamas e de cabeza apuntada e estreita con tres barbelas, unha no queixo e dúas no fociño. As aletas pélvicas posúen seis radios e as aletas pectorais de 15 a 18 radios. A súa cor é parda escura salferida de claro, coas aletas dorsal e anal orladas de negro. Aparece nas charcas intermareais onde se alimenta de algas, crustáceos e outros peixes.
-
-
-
RIOS
Río afluente do Barbaña, tamén chamado dos Muíños. Nace na parroquia de Parderrubias, no concello da Merca. O seu curso adopta unha dirección S-N e penetra nos concellos de San Cibrao das Viñas, Barbadás e Ourense, cidade na que desemboca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca e da provincia de Ourense (42° 17’ de latitude N e 7° 53’ de lonxitude O). Limita ao N co concello de Ourense, ao L cos de Ourense e de San Cibrao das Viñas (Ourense), ao S co da Merca (Ada Terra de Celanova) e ao O co concello de Toén (Ourense). Abrangue unha superficie de 30,2 km2 cunha poboación de 8.685 h (2007) distribuídos nas parroquias de Barbadás, Bentraces, Loiro, Piñor, Sobrado do Bispo e A Valenzá. A capital do concello é Barbadás. Situado a 5 km da cidade de Ourense e a 116 km de Santiago de Compostela, está adscrito ao partido xudicial e a diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Climaticamente o concello está baixo o dominio oceánico-mediterráneo, que se caracteriza por unhas temperaturas altas no verán e suaves no inverno; a temperatura media anual é de 14°C, o mes máis frío é xaneiro, cunha media de 8,8°C, mentres que o máis cálido é agosto, cunha media que acada os 23°C. A oscilación térmica é de 14,6°C, unha forte... -
-
Locuacidade insubstancial ou desatinada. SIN: leria.
-
Relato esaxerado dun suceso.
-
-
-
Carga ou totalidade de pasaxeiros que leva unha barca nunha viaxe.
-
Cada unha das viaxes que realiza unha barca.
-
-
-
Barco.
-
Liñaxe oriúnda de Ferrol. Relaciónanse con esta caste os Barcadeiro e Barcadiga. As súas armas levan, en campo de azul, un barco de carga sobre ondas de azul e prata.
-
-
-
Cousa feita a correr e sen coidado.
-
Conxunto de cousas sucias revoltas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión ou acción insensata, provocada moitas veces por falta de prudencia, que pode causar un prexuízo.
-
PERSOEIRO
Pintor. Viviu en Barcelona, onde realizou a maior parte da súa obra. Foi un dos primeiros pintores americanos interesados polo Cubismo e o seu estilo estivo moi emparentado co Futurismo italiano xa que tiña un compoñente dinámico, por iso intentou crear o Vibracionismo. Expuxo nas galerías Dalmau e colaborou en publicacións como Un enemic del poble.
VER O DETALLE DO TERMO