"Alle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 636.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea de ferro que colga do teito da lareira e que conta cun gancho no extremo inferior para pendurar as potas ou outros utensilios metálicos que se poñen ao lume para facer, sobre todo, a comida. Ás veces vai pendurada dun caínzo ou dun aparello en forma de forca, o burro ou angarelo, que xira sobre un eixe vertical ao mesmo tempo que permite arredar o caldeiro do lume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada desde o ano 1974, baixo a dirección de Ramón Otero Pedrayo. Ademais do editor, Silverio Cañada, o seu equipo de redacción estivo formado por numerosos especialistas, encargados de redactar os temas de cada unha das súas áreas de coñecemento, por directores de sección e por un comité coordinador formado por Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández del Riego e Basilio Losada Castro. Naceu co obxectivo de recoller por primeira vez nunha obra enciclopédica a propia identidade galega e todas as súas manifestacións culturais. Consta de trinta volumes.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e arqueólogo. Bispo de Astorga en 1886, encargoulle a Gaudí a construción do palacio episcopal. Fundou un Museo Arqueolóxico no Seminario.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Mendoza, Arxentina, situada no suburbio L de Mendoza, no val do río Mendoza, e que forma parte do Gran Mendoza (157.334 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huesca, Aragón, situado en Los Llanos da la Violada e drenado polo río Gállego (1.772 h [2001]). Predomina a agricultura de regadío (cereais, remolacha) e as viñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, á beira do río Saale, afluente do Elba (254.360 h [2000]). É un núcleo industrial, que destaca pola minería de lignito e potasa, azucre, maquinaria, industria alimentaria, cemento, produtos químicos e aparellos eléctricos. É sede da Martin Luther Universität Halle-Wittenberg. Pertenceu á Liga Hanseática e do seu patrimonio cultural destacan os edificios de estilo gótico tardío.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Colaborou con R. Jakobson na publicación de Fundamentals of Language (1956), sobre a interpretación binarista das oposicións fonolóxicas, e da súa colaboración con N. Chomsky resultaron estudios fundamentais sobre a fonoloxía xenerativa, como The Sound Pattern of Russian (1959) ou Sound Pattern of English (1969). É membro da Linguistic Society of America.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de igrexa gótica na que todas as naves teñen a mesma altura e anchura e están cubertas co mesmo teito. A nave central recibe claridade a través das fiestras das naves laterais.
-
PERSOEIRO
Anatomista, botánico, fisiólogo, médico e poeta. Tiveron moita relevancia en medicina os seus estudios sobre a contractilidade do tecido muscular e a sensibilidade do sistema nervioso. Ademais, foi un dos primeiros en establecer unha relación directa entre o bocio endémico e a xeoloxía da rexión. Como botánico, escribiu unha crítica libre sobre a obra de Linné e creou as bases dun sistema de clasificación fundamental no parentesco natural. Como poeta é autor de diferentes libros de poesía lírica e descritiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mercado de París que fixo construír Luís VI arredor de 1130. O proxecto definitivo, realizado por Victor Baltard, consistiu en dous pavillóns de ferro e vidro (1845-1866), que foron derrubados no ano 1973. Converteuse nun gran centro comercial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cometa descuberto por E. Halley. Foi o primeiro cometa do que se anunciou o seu regreso. Ten un período de 76 anos e é visible desde o perihelio. A excentricidade da órbita é de 0,967, e ten unha inclinación de 162°12’55’’. En 1705 Halley constatou que os cometas aparecidos nos anos 1531, 1607 e 1682 eran o mesmo, e anunciou o seu regreso en 1758. A última vez que este cometa pasou preto da Terra foi en 1986 e volverá pasar no 2061. Durante a aparición de 1985-86, diferentes sondeos automáticos estudiaron a propiedade da composición e determinaron as súas dimensións.
-
PERSOEIRO
Astrónomo inglés. Estudiou e foi profesor na Universidade de Oxford. Foi secretario da Royal Society e director do observatorio de Greenwich. Colaborou con Newton no estudo da órbita dos cometas. Descubriu que a traxectoria dos cometas era unha elipse como as dos planetas, aínda que con máis excentricidade, acercándose moito ao Sol para logo afastarse moito máis. Na illa de Saint Helena observou o tránsito de Mercurio pola face do Sol, o que lle serviu para propoñer un novo método de determinación da paralaxe solar. Estudiou o magnetismo terrestre e os movementos da Lúa, e describiu os movementos das estrelas supostas fixas. Publicou Catalogus Stelarum Australium (1678), o primeiro catálogo das estrelas do hemisferio austral, en base a observacións feitas coa axuda dun telescopio; Treatise of Cometary Astronomy (1705), un estudo sobre cometas; e Tabulae Astronomicae (1749). En 1720, foi nomeado segundo Astrónomo Real, sucesor de Flamsteed e predecesor de Bradley.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico liberal editado en Santiago de Compostela a partir do 21 de abril de 1820. Cesou a súa edición en outubro dese ano (nº53). Saía todos os martes e venres dos obradoiros tipográficos de Campaña e Aguayo. Fundado e dirixido por Antonio B. Fandiño, incluía artigos de carácter satírico dirixido aos políticos, feito que motivou a suspensión da edición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cultural editada en Ourense a partir do 1 de xaneiro de 1874. Cesou a súa edición o 23 de outubro de 1880 (nº408). Subtitulouse “Semanario de ciencias, artes y literatura”. Fundada e dirixida por Valentín Lamas Carvajal. A través dos seus comentarios criticou o caciquismo e defendeu a independencia política dos partidos e a fe cristiá.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de 15 de xaneiro de 1889 en Montevideo. Cesou a súa edición o 28 de febreiro dese ano (nº37). Subtitulouse “Diario de la mañana. Todo por España. Todo por Galicia”. Dirixida por Ramón G. Vicetto, incluía diversos poemas e difundiu en folleto O Catecismo do Labrego, de Lamas Carvajal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en setembro de 1906. Cesou a súa edición en 1950. Subtitulouse “Órgano de las colectividades gallegas en el Plata” e “El periódico gallego de mayor circulación en la Argentina y el Uruguay”. Dirixido por Julio de la Cuesta, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Iberia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Caracas a partir de 1970 pola Hermandad Gallega de Venezuela e dirixiuna Juan A. Iglesias. Cunha periodicidade irregular, chegou a ter unha tiraxe de 15.000 exemplares. Incluíu información gráfica e escrita sobre as actividades culturais e sociais da Hermandad, reproducións de textos da literatura galega e algunhas viñetas humorísticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada a partir do 1 de xuño de 1922 en Bos Aires. Foi o voceiro oficial da sociedade Hogar Gallego, escindida da Casa de Galicia. Nos seus primeiros números foi quincenal, mentres que a partir do 29 se converteu en mensual. Incluíu informacións da sociedade, e seccións dedicadas ao deporte e á cultura, ademais de colaboracións literarias.
-
PERSOEIRO
Astrónomo estadounidense. Membro do consello directivo dos observatorios Hale ata 1957. En 1925 descubriu con Hubble a relación entre o desprazamento cara ao vermello e a magnitude das galaxias, que tivo aplicación na medida da distancia das galaxias. En 1956 publicou, xunto con N. U. Mayall e A. R. Sandage, un artigo onde aparece a velocidade radial de máis de 800 galaxias. Descubriu o cometa que leva o seu nome (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en La Habana a partir de xullo de 1926. Cesou a súa primeira etapa en agosto de 1928. Subtitulouse “Paladín de la cultura y defensor de la colonia gallega de Cuba”. Dirixida por Xosé Mª Sánchez Brea, incluía información sobre as actividades da colonia galega na illa. Na súa segunda época, desde agosto de 1928 ata maio de 1930, converteuse en revista mensual e inseriu crítica musical e teatral, novas sociais e literatura.
VER O DETALLE DO TERMO