"Dal" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 544.

  • (Florencia 1566 - 25.5.1607) Relixiosa carmelita. Mestra de novicias, tiña estigmas e acadou un alto grao de misticismo. A súa festividade celébrase o 25 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s I) Penitente. Personaxe do Novo Testamento, foi discípula de Xesús Cristo, a quen acompañou ata a súa morte na cruz e foi a primeira persoa que anunciou a súa resurrección. A tradición medieval occidental identificouna coa pecadora arrepentida que perfumou os pés de Xesús Cristo na casa de san Simón, citada nos Evanxeos de san Lucas, san Mateo e san Marcos. Discútese se María de Magdala, María de Betania e a pecadora anónima eran esta mesma santa. É a personificación das bágoas do arrepentimento. Na iconografía existen dúas tipoloxías: a Madalena cortesá de gran fermosura e sensualidade que, vestida con ricos vestidos, leva na man un vaso de perfume para lavarlle os pés a Xesús Cristo; e a Madalena penitente, xeralmente núa, co corpo cuberto por unha longa cabeleira, e que leva nas mans un cranio, un rosario e unha coroa de espiños. A súa festividade celébrase o 22 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Adestradora. Foi directora técnica de ximnasia rítmica da Federación Gallega e directora técnica do Club 2000 de ximnasia. Obtivo a Medalla al Mérito Gimnástico de la Federación Española e o diploma de honra do Consejo Superior de Deportes. Escribiu La gimnasia rítmica. Metodología e La gimnasia rítmica: un planteamiento educativo motriz. Obtivo o campionato de España como adestradora en 1978, 1979 e 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á apófise mastoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Desenvolveu a súa actividade no grupo Troula, co que participou en todos os seus espectáculos. Dirixiu a proposta Informe do día despois (1984) e participou en Caderno de Bitácora (1985), produción do Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Explorou o plano como espazo ideal da ilusión, reforzando a estrutura xeométrica e usando o gravado calcográfico. Analizou a xeometría visual do espazo ao fragmentar as estruturas nunha ortogonalidade suxerida, máis ca presente, e creou mundos de arquitecturas insinuadas e puramente lineais onde case non empregou a curva. Da súa produción destaca a serie Cadrados (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de metal fundido ou cuñado, de forma semellante á dunha moeda e traballada en relevo, que está destinada á conmemoración dun feito. Realizadas preferentemente en ouro, prata ou bronce, o seu uso vinculouse coa condecoración de actos deportivos, militares, fazañas ou personaxes ilustres. De uso corrente na Antigüidade, especialmente en Roma, a súa fabricación recuperouse en Italia desde finais do s XIV, da man de artistas como A. Pisano, S. Malatesta, F. Laurana e máis tarde, B. Cellini. Nos países xermánicos destacaron os centros de Nuremberg e Augsburgo con artistas como A. Dürer, ademais de Q. Massys, en Países Baixos e J. Goujon en Francia.

      2. Chapa ou placa de metal que se pendura do pescozo como adorno.

      3. Condecoración ou premio que se concede aos mellores participantes en concursos, competicións ou exhibicións.

      4. medalla de bronce

        Premio que se concede nalgúns concursos, competicións ou exhibicións a quen acadou a terceira posición.

      5. medalla de ouro

        Premio que se concede ao vencedor nalgúns concursos, competicións ou exhibicións .

      6. medalla de prata

        Premio que se concede nalgúns concursos, competicións ou exhibicións  a quen acadou a segunda posición.

    1. Peza metálica cuñada que reúne as características das moedas e das medallas. As medallas de proclamación, cuñadas desde Filipe I con motivo da proclamación dun novo soberano, tenderon desde os tempos de Carlos IV a acadar o valor dalgúns dos tipos monetarios en curso. Tamén se dá este nome ás grandes pezas de ostentación, múltiplos da unidade de ouro, que levan algúns soberanos e que polos seus altos valores non están destinadas a circular.

    2. Mérito ou recoñecemento que se lle dá a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medalla creada en 1984 para conmemorar o retorno a Galicia dos restos de Castelao, o 28 de xuño do mesmo ano. Con este galardón, o executivo autonómico distingue aqueles galegos e galegas autores dunha obra merecedora do recoñecemento do seu pobo, no ámbito artístico, literario, doutrinal ou en calquera faceta da actividade humana. Segundo se recolle no seu decreto de creación, a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das devanditas obras é o froito da entrega dunha vida e o reflexo dun traballo conscientemente realizado con fe na cultura, na historia e mais no ser dun pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón creado pola Xunta de Galicia en 1984 para distinguir as persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade galega en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica. Entréganse o 25 de xullo, Día de Galicia, nun acto solemne.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar ou moble  en que se gardan ou expoñen diferentes medallas.

    2. Clasificación dunha competición deportiva que se basea no número de medallas conseguidas por un país, un equipo ou un deportista.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que fabrica ou grava medallas.

      2. Persoa que colecciona medallas.

    1. Persoa que consegue algunha medalla nunha competición deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Baixorrelevo de pedra, madeira ou metal de forma redonda ou elíptica, utilizado como elemento decorativo en arquitectura, especialmente nas fachadas dos edificios. A súa orixe vén do costume, corrente na Antigüidade, de pendurar das paredes dos templos os escudos conquistados aos inimigos vencidos. No Renacemento recuperouse a moda, e foron característicos os medallóns con cabezas humanas ou animais, emblemas, alegorías, monogramas e motivos históricos ou lendarios.

    2. Xoia con forma de caixa pequena e aplanada, oval ou redonda, onde se gardan retratos, pinturas, guedellas ou recordos persoais. Normalmente está feito con metais preciosos e con pedrería aplicada.

    3. Toro groso de carne ou peixe.

    4. Medalla grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor, crítico e produtor cinematográfico. Licenciado en Filosofía e Letras, foi distribuidor de diversas editoriais en Galicia (1967-1973), entre outras, Alianza, Siglo XXI, Fondo Cultura Económica, Ariel, Cuadernos para el Diálogo, Labor, Castalia e Seix Barral. Foi   director do Fondo de Cultura Económica (1974-1982), director de mercadotecnia de Alianza Editorial (1983-1989) e do xornal El País (1989-1990). Pertenceu ao equipo fundador do Instituto Cervantes, onde dirixiu a área de Cultura e Relacións Externas (1991-1993), e dirixiu a editorial Electa (1994-2002). No campo cinematográfico, colaborou como articulista nos diarios La   Noche e El Correo Gallego (1960-1967) e fundou e dirixiu o Cine-Club Universitario (1961-1964) e o Cine-Club da Agrupación Fotográfica Compostelana (1965-1967). Xunto con Gonzalo Anaya e Enrique Banet fundou e codirixu o Equipo 64 (1964-1966) que produciu os documentais El Camino de Santiago, Malpica, El Pórtico de la Gloria e Compostela inédita. Entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo e historiador. Doutorouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid (1893), onde foi discípulo do profesor M. Menéndez Pelayo. Catedrático de Filoloxía Románica (1899-1939) na Universidad de Madrid, consagrouse ao estudo da épica medieval e emprendeu a investigación rigorosa das crónicas medievais, ademais de interesarse polos aspectos sincrónicos da lingua e da dialectoloxía. En 1901 foi elixido membro da Real Academia Española, que presidiu nos períodos 1925-1939 e 1947-1968. A partir de 1910 dirixiu o Instituto de Estudios Históricos e, en 1914 fundou a Revista de Filología Española. Durante a Guerra Civil refuxiouse en Cuba e Nova York, e ao seu regreso iniciou a publicación de Historia de España (1947), que dirixiu, e na que colaboraron máis de 250 especialistas españois e estranxeiros. A súa grande obra Cantar de Mio Cid (1908-1912), en tres volumes, contén o texto paleográfico e crítico do manuscristo da xesta e constitúe un estudo capital da lingua castelá da época,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da illa de Menorca, Illes Balears, situado no sector central da illa (2.572 h [1996]). Son moi importantes os rabaños de gando bovino. A industria é derivada das actividades primarias, e destacan as alimentarias e de reparación de material agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sarria. Fundouse, segundo a tradición, por dous monxes italianos a principios do s XIII, co fin de atender os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. O Papa Pío V en 1568 concedeulles a oficialidade, pero baixo a regra agostiña. Abandonaron o lugar coa exclaustración de 1835, e retornaron en 1896. O edificio ten planta rectangular que alberga un claustro e dous patios laterais. A primeira edificación, a capela de San Lourenzo, é de estilo románico-gótico. No s XVI realizáronse reformas, pero foi no s XVIII cando experimentou a maior transformación en estilo barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma particular ou variante de algo.

    2. Calidade das proposicións ou dos xuízos modais. Segundo Aristóteles a modalidade, ou modo con que S e P se unen no xuízo, pode ser de catro tipos: de posibilidade, de imposibilidade, de continxencia ou de necesidade. Máis radical foi a postura de I. Kant ao establecer a modalidade como a función que non afecta á materia do xuízo, senón só ao valor da cópula. Tamén distinguiu os tipos de realidade, de continxencia e de necesidade como tipos de modalidade propios, respectivamente, dos xuízos asertorios, problemáticos e apodícticos, dos que derivan as correspondentes tres parellas de categoría modal (existencia-inexistencia, posibilidade-imposibilidade e necesidade-continxencia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina cristiá, coñecida tamén como monarquianismo e patripasianismo, segundo a cal Deus é unha soa e única persoa, chamada Pai, Fillo ou Espírito Santo só en relación coa súa tripla manifestación cara ao mundo. Estendido durante os ss II e III, Sabelio foi o seu máximo representante. Combatido por Hipólito de Roma, Tertuliano e Dionisio de Alexandría, foi condenado polo papa Calixto I (217-222). Desapareceu primeiro de Roma e definitivamente cara a 260.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar cubano. Combateu en Marrocos (1909-1930), onde foi ascendido a xeneral (1924). Director xeral de seguridade do goberno Berenguer (1930), ao caer a monarquía foi separado do exército, pero volveu (1934) e, co nome de el Director, planeou o alzamento contra a República. Comandante militar de Pamplona, o 18 de xullo de 1936 organizou coa axuda dos requetés, as columnas que marcharon contra Donostia e contra Madrid desde Nafarroa. Estableceu a Junta de Defensa Nacional de Burgos e, en outubro, pasou a comandar o Exército do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO