"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de sete reunións celebradas durante un período de doce anos (1908-1919) en distintas vilas galegas: Monforte de Lemos (1908, 1910 e 1911), en Ribadavia (1912 e 1913), en Redondela (1915) e a última na Coruña (1919), e que constituíron fitos fundamentais nas discusións do Agrarismo galego. En conxunto, nestas asembleas tratábase de elaborar unha serie de medidas para o cambio da estrutura agraria do momento, aínda afogada polos foros, o atraso técnico, a baixa produtividade e a escasa integración no mercado. As tres primeiras, celebradas en Monforte, constituíron un bloque común; nelas reuníronse os representantes das diferentes organizacións agraristas -Unión Campesina, Directorio Antiforista de Teis, Solidaridad Gallega-, cos seguintes obxectivos: desaparición do foro e das aparcerías do gando; supresión dos aranceis do millo; seguros para o gando e vacinación do mesmo; préstamos para adquirir gando; supresión do foro mediante a redención; control dos concellos, co fin de lograr...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de tres Asembleas Agrarias Galegas celebradas en Monforte de Lemos os días 15 e 16 de agosto de 1908, o 13, 14 e 15 de agosto de 1910, e o 13, 14 e 15 de agosto de 1911.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Celébranse por iniciativa da Academia Galega, co obxectivo de reflexionar sobre a comunidade de cultura entre Galicia e Portugal. A primeira tivo lugar en Braga, os días 29 e 30 de outubro de 1955; a segunda na Coruña, os días 14, 15 e 16 de agosto de 1961. Destas asembleas obteranse unhas corenta ponencias sobre lingua, historia, folclore, etnografía e literatura comúns, publicadas posteriormente pola Academia, no ano 1967.
-
-
de asetear.
-
Que ten forma de seta cravada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fere ou mata con setas, frechas, etc.
-
-
Disparar setas ou frechas contra alguén.
-
Molestar decote.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dicir ou facer asneiras, disparates, parvadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1980 por unha trintena de artistas, críticos e persoeiros do eido da cultura baixo a presidencia de Xulio Maside. O seu fin prioritario é promover o desenvolvemento e perfeccionamento da cultura artística galega entre os seus membros e no ámbito social, así como a defensa e pulo da arte na escultura, na ornamentación ambiental, no gravado, na arquitectura, etc. Xunto coa Asociación de Artistas de Pontevedra e a Asociación de Artistas de Ourense, constituíu a Federación Galega de Artistas Plásticos en 1990 coa presidencia de Miguel Mosquera. Froito do dinamismo cultural promovido por esta asociación, creouse o Grupo Nome integrado polos pintores X. Maside, X. G. Pardiñas, Morquecho, Bibian, Anselmo Lamela, Quintana Martelo e a escultora Mª Xosé Díaz. Actualmente está obsoleta, só ten existencia a nivel enunciativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación internacional fundada no ano 1973 que reúne xuristas e bromatólogos e ten a súa sede en Bruxelas. Os seus obxectivos son a divulgación, o desenvolvemento e a harmonización internacionais do dereito alimentario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma creada en 1980 polas compañías profesionais, despois da celebración dunhas xornadas de traballo en Sada (24-26 de outubro), que tiveron o seu precedente nas mesas de traballo celebradas en Ribadavia co gallo da Mostra de Teatro. Presidida por Eduardo Alonso, á fronte dunha dirección colexiada, a asociación situou entre os seus obxectivos prioritarios os relacionados coa defensa dos intereses profesionais dos traballadores do teatro galego e coa promoción da actividade teatral en moi diversos ámbitos, tempos e espacios. Logo de presentar un interesante programa de traballo recollido na revista Don Saturio nº 2 (1981), a asociación foi esmorecendo debido ao escaso eco institucional das súas propostas e ás diferencias entre os seus asociados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no ano 1919 na cidade de Bos Aires, e que tiña como obxectivo sustentar economicamente á Real Academia Gallega, ao mesmo tempo que difundir as súas iniciativas na República Arxentina. Esta asociación tivo a súa orixe en 1908, cando a Asociación Iniciadora y Protectora da Academia Gallega na Habana nomeou unha delegación en Bos Aires, que no sucesivo se amosaría case inexistente; estes académicos na Arxentina tiveron como única actividade a promoción dunha suscrición popular para a construción do monumento a Curros Enríquez na Coruña. En 1919, a Real Academia Gallega enviou a Xulio Dávila coa intención de unir as iniciativas existentes en Bos Aires a prol da Academia. Xulio Dávila solicitoulle apoio económico á Casa de Galicia da capital, acordando esta ofrecer unha achega anual de 500 pesetas, ao mesmo tempo que permitía a constitución dunha comisión autónoma da Academia nas súas dependencias. Poucos días despois constituíuse oficialmente a Asociación, sendo o seu primeiro...
-
-
Fento da familia das aspleniáceas
-
Familia de fentos que engloba os xéneros Asplenium, Ceterach, Phyllitis e Pleurosorus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación das Nacións do Sueste Asiático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Londres no ano 1924, onde radica. Ten por finalidade a coordinación do uso sistemático da información e da ciencia. Agrupa a bibliotecas, universidades, sociedades científicas, departamentos gobernamentais e asociacións de industriais e comerciantes.
-
-
Planta da familia das asteráceas.
-
Familia de plantas da orde das asterais ao que pertencen 1.100 xéneros, cunhas 20.000 especies. As asteráceas están presentes en todo tipo de ambientes como herbas, arbustos, pequenas árbores ou plantas gabeadoras. A inflorescencia, que é a característica máis singular da familia, é un capítulo que semella unha única flor complexa. O capítulo está formado por pequenas flores pentámeras, denominadas flósculos, dispostas sobre un receptáculo. Estes flósculos presentan ovario infero, dous estigmas, cinco estames soldados e un cáliz reducido a uns poucos pelos ou escamas sobre o ovario; poden ser actinomorfos ou cigomorfos e moitas veces pódense distinguir estes dous tipos na mesma inflorescencia. O capítulo rodéase de brácteas verdes que conforman un involucro. O froito é un aquenio, ás veces con restos do cáliz, que constitúe o vilano. As follas son alternas, opostas ou situadas nunha mouta basal. A substancia de reserva é a inulina que substitúe o amidón, máis común noutras familias. Moitas...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de antozoos da orde dos madreporarios que forma, por xemación, grandes colonias compactas, macizas ou ramificadas, cos cálices fusionados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asteria.
-
-
Fungo da familia das astreáceas.
-
Familia da orde das esclerodermatais ao que pertence o xénero Astraeus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa grega da sabiduría e da intelixencia, das artes e das ciencias, e dos dons da civilización en xeral. Ensina aos homes a arte de navegar, de fiar e de tecer. Filla de Zeus e de Metis, era tamén a deusa da guerra e das vitorias militares así como da paz, motivo polo que se representa con lanza e casco. Fidias esculpiuna, armada e de pé, nas estatuas colosais de Atenea Prómacos, situada no punto máis alto da Acrópole, e de Atenea Partenos, realizada en crisoelefantina, no interior do Partenón.