"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en febreiro de 1933 ao abeiro da estruturación industrialista adoptada no congreso da CNT de 1931. Contou con sindicatos de industria ou sociedades de oficio na Coruña, Lugo, Sada, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Tui, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Betanzos, Ourense e Moaña. Desfíxose coa represión provocada trala revolución de Asturias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída a comezos do verán de 1931 por militantes da CNT galaica. A Federación Regional Marítima (1925) e a Federación Regional Pesquera (1930), constituídas en Vigo baixo a influencia do sindicalista compostelán Xosé Villaverde, foron os antecedentes da súa conformación. Foi a primeira federación de industria que, dun xeito estruturado e organizado, funcionou no mundo sindical galego. Serviu de base á Federación Nacional de Industria Pesquera, creada no outono de 1931, que tivo a sede do seu primeiro comité na Coruña e da que foi o seu secretario o patrón de pesca coruñés Manuel Montes. Na Segunda República, as súas seccións estendéronse por Galicia, de maneira que, en 1936, máis de 40 portos e arredor de 16.000 homes e mulleres estaban representados nela, sobresaíndo os sindicatos da Coruña, Vigo-Bouzas, Marín, Moaña, Cangas, Cariño e Ribeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación da CNT fundada en Vigo en 1925 que agrupaba os sindicatos mariñeiros de Vigo, Bouzas, A Coruña, Marín e Pontevedra. Tivo continuidade ata a Segunda República mediante un comité domiciliado na Coruña e unha secretaría encabezada polo patrón de pesca coruñés, Manuel Montes. Tiña como voceiro o quincenario Despertad.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político de carácter republicano federal e galeguista. Fundouse o 16 de marzo de 1930 froito dunha alianza entre a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e Alianza Republicana, que asinaron conxuntamente o chamado Pacto de Lestrove. O documento de fundación foi asinado por Santiago Casares Quiroga, Antón Villar Ponte, Luís Seoane e Xerardo Abad Conde, entre outros. O obxectivo da FRG era a instauración en España dunha República democrática e a loita pola autonomía de Galicia. Trala proclamación da Segunda República Española, convocou unha grande asemblea, en maio de 1931, co propósito de debater a elaboración dun estatuto de autonomía para Galicia. Nas eleccións de xuño dese mesmo ano, obtivo 14 representantes nas Cortes. Nas Cortes, as escisións de varios deputados, disconformes co liderado exercido por Casares Quiroga, que converxía co republicanismo español de Manuel Azaña, fixeron diminuír a súa influencia, feito que se comprobou nas eleccións seguintes,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación internacional de sindicatos ligados aos partidos socialistas creada en Copenhaguen en 1901 e nomeada así a partir de 1913. Trala Primeira Guerra Mundial reduciuse a súa importancia e a súa actividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación internacional de sindicatos xurdida da conferencia obreira mundial celebrada en Londres (1945), baixo a iniciativa de Walter Citrine, secretario xeral das trade unions británicas e presidente da Federación Sindical Internacional (FSI), e de Švernik, secretario xeral dos sindicatos soviéticos. No primeiro congreso (París, 1945) estaban representados cerca de 70 millóns de traballadores e Citrine foi nomeado presidente. En 1949 os sindicatos europeos que aceptaron o Plan Mar-shall retiráronse da FSM e crearon, xunto coa American Federation of Labor (AFL), a Confederación Internacional de Sindicatos Libres (CISL). Tivo como sedes as cidades de París, Viena e Praga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FUE.
-
SEMANARIOS
Semanario republicano aparecido en xuño de 1894 en Vigo. Cesou a súa edición en marzo de 1895. Dirixido por Ángel Bernárdez Rodríguez, continuou o labor realizado por La Vanguardia. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco Carranque. Reproduciu numerosos artigos do político republicano Francesc Pi i Margall.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de federar ou federarse.
-
Que ou quen forma parte dunha federación.
-
-
Pobos que na Antigüidade se ligaban a Roma mediante un tratado de alianza. Existían dous grandes grupos de pobos federados, os de orixe bárbara, que recibían só o dereito de xentes, e os aliados latinos, que gozaban dos dereitos de alianza e hospitalidade, do ius connubii e do ius commercii. Durante o Imperio conservaron unha importante cota de autonomía interna a cambio de proporcionar tropas e pagar tributos aos romanos. Posteriormente, a denominación estendeuse ás forzas mercenarias de orixe bárbara que servían no Imperio Romano. A partir do s IV incluíu os pobos xermánicos que se estableceron dentro dos límites do Imperio segundo os procedementos da hospitalitas e da tertio.
-
Membros da garda nacional durante a insurrección da Comuna de París de 1871.
-
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a unha federación.
-
Que ou quen é partidario da federación.
-
-
Partidarios ou soldados do goberno da Unión na Guerra de Secesión norteamericana (1861-1865).
-
Sistema de goberno dunha federación de estados en que os asuntos de interese xeral están suxeitos ás decisións dunha autoridade central.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto creado polo goberno de EE UU en 1935. Incluído na Works Progress Administration, tiña como obxectivo axudar os artistas trala Gran Depresión e dar a coñecer o potencial artístico do país. Dirixiuno H. Cahill e baseouse na contratación de artistas que decoraron edificios públicos e realizaron obras destinadas a lugares onde a arte era descoñecida. Incluíu a elaboración de The Index of American Design (O índice do deseño americano). Existiron proxectos semellantes para a literatura, o teatro e a música. Desenvolveuse ata 1943.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema bancario norteamericano establecido en 1914. A gran extensión dos EE UU facía difícil o control da oferta monetaria por parte dun só banco central. A ausencia dunha política monetaria motivou graves desequilibrios que conduciron ao establecemento do Sistema de Reserva Federal, formado pola Xunta de Gobernadores (órgano xestor da política monetaria) e os directores dos doce bancos da Reserva Federal, que actúan como bancos centrais na súa demarcación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de descentralización teatral que se iniciou en 1935 e que constituíu a primeira iniciativa de financiamento público das artes escénicas en EE UU. Dirixido pola directora Hallie Flanagan, tiña como obxectivo ofrecer traballo aos profesionais da escena afectados pola crise económica e promover a difusión dos produtos escénicos en todo o territorio estadounidense, con espectáculos para todo tipo de públicos, desde a infancia e a mocidade ata as minorías lingüísticas emigrantes. Nas diferentes unidades de produción que se estableceron atópanse artistas notables como Orson Welles, Arthur Miller, Paul Green ou Elmer Rice. Produciu centos de espectáculos que foron contemplados por decenas de millóns de espectadores, e na maioría deixábase sentir unha lectura crítica da realidade social e política dunha época chea de conflitos e transformacións, e esa foi a causa de que en xuño de 1939 o Congreso dos EE UU cancelase o proxecto e acusase aos seus promotores e directores de esquerdismo....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico republicano aparecido en 1868 en Lugo. Xurdiu ao abeiro da revolución de setembro, na que se decretara a liberdade de imprenta. Puido ter unha segunda época de edición en 1873. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Juan A. Menéndez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente política que expresa unha forma de organización do estado que compatibiliza a autonomía das colectividades federadas co poder central. As colectividades federadas gozan de autonomía constitucional, polo que poden dotarse dunha constitución propia, que non pode ir contra os principios proclamados na constitución federal. Nunha perspectiva histórica, foi máis que unha técnica de organización do estado, un complexo movemento político e social que pretendeu organizar a vida política e social de acordo coa súa particular concepción das relacións políticas. En Galicia e España, o federalismo apareceu ligado, dende o s XIX, ao republicanismo e aos partidos políticos progresistas. Arrincou das Juntas Revolucionarias, aparecidas espontáneamente en momentos conflitivos do s XIX (1808,1868). F. Pi i Margall foi o teórico máis importante do federalismo en España, para quen a estruturación da sociedade partía das ideas de pacto e federación, polo que a sociedade se articulaba a través de pactos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo partido político dos EE UU. Representaba os intereses dos industriais, dos comerciantes e dos banqueiros do NL e dos terratenentes. Conseguiu en dúas ocasións a presidencia, con G. Washington (1793) e J. Adams (1796). Cara ao 1824 extinguiuse e os seus membros pasaron ao Republican Party.
-
-
Relativo ou pertencente ao federalismo.
-
Partidario do federalismo.
-
-
-
Unir nunha federación.
-
-
Formar unha federación.
-
Entrar a formar parte dunha federación.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a unha federación.
-
PERSOEIRO
Raíña de Grecia, filla de Ernesto Augusto de Hannover e de Victoria Luísa de Prusia. Casou en 1938 co príncipe Paulo (despois Paulo I) de Grecia. Tralo golpe de estado de 1967 houbo de exiliarse.
VER O DETALLE DO TERMO