"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en 1984 por Manuel Sendón, Xosé Luís Suárez Canal e Vítor Vaqueiro. A súa actividade principal é a organización, cada dous anos, da Fotobienal de Vigo (mostra fotográfica realizada en Vigo). Arredor das exposicións organízanse conferencias, proxeccións e obradoiros, que contan coa participación dos fotógrafos invitados. O acondicionamento da sala principal para acoller as exhibicións, que se realiza na Casa das Artes e da Historia, encárgaselles anualmente a diferentes arquitectos e deseñadores galegos de vangarda. Ademais o CEF dispuxo dunha sala estable dedicada á fotografía, Sala dos Peiraos, que funcionou entre os anos 1985 e 1991, e na que se presentaban periodicamente mostras de fotógrafos de todo o mundo, como Brandt, ao tempo que se daban a coñecer novos creadores galegos. Tamén organizou outras mostras de carácter puntual en diversas cidades. O CEF edita, ademais dos catálogos correspondentes a cada unha das Fotobienais, outros libros, entre os que destaca a colección...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo, adscrito ao ministerio da Presidencia, que realiza estudios de medición dos estados de opinión da sociedade española, principalmente a través de enquisas. Ten como antecedente o Instituto de la Opinión Pública (IOP), fundado en 1963, e a súa denominación oficial data de 1977.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de investigación inaugurado o 25 de marzo de 1994 como Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Nel desenvólvense proxectos de investigación en humanidades, con especial atención á lingua e á literatura. Este centro, que conta con infraestrutura informática, cunha biblioteca especializada e cun importante número de investigadores (a súa maioría bolseiros), está dirixido e coordinado por científicos especializados: un coordinador científico (Constantino García González), un director técnico da área de lingua (Guillermo Rojo) e un director técnico de literatura (Anxo Tarrío). Mantén, ademais, contacto con outros investigadores de centros galegos e de fóra de Galicia. Entre os proxectos que se promoveron no Centro, cómpre destacar os seguintes: na área de lingüística, o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), base de datos gramaticais e léxicos; o etiquetador e lematizador...
-
PERSOEIRO
Pintor. Formado na escola de Llotja de Barcelona e na Accademia di San Luca de Roma, en 1843 estableceuse en Madrid. Destacou como pintor romántico coas obras O Retrato da nena María Miquela de Despujol e o Rapto de Ganimedes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Xudea, situada na costa, a 30 km ao S de Haifa. Construída por Herodes o Grande, serviu de lugar de residencia dos procuradores romanos e chegou a ser o porto máis importante do reino. Coa destrución de Xerusalén no 70 d C na guerra xudía, adquiriu maior importancia ao converterse en sede metropolitana de Palestina, no s II d C. Formou parte do mundo bizantino ata que foi conquistada polos árabes no ano 633 a C, para decaer baixo o seu poder. No 1265 foi conquistada e destruída polo sultán mameluco Baybars.
-
PERSOEIRO
Matemático. Exerceu como catedrático de Análise Alxébrica na Universitá de Palermo. Destacou polas súas investigacións en xeometría intrínseca, series diverxentes e conceptos de probabilidade local. Publicou, entre outros libros, Lezioni di geometria intrinseca (Leccións de xeometría intrínseca, 1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Recipiente, xeralmente meirande ca o cesto, feito de vimbios, vergas ou varas entretecidas, de distintas formas e tamaños que pode ser con asas ou cun aro polo medio e que se utiliza para transportar ou conter distintas cousas. OBS: O que nunhas zonas ou lugares de Galicia se designa coa forma masculina cesto, noutras desígnase coa forma feminina cesta e viceversa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cesta patela, arromba máis que leva. O millo rascado enche a cesta e o ferrado”.
-
Contido dunha cesta.
-
-
Especie de pa cóncava e curvada que se emprega no xogo de pelota vasca para lle dar impulso á pelota. Está formada por unha estrutura de listóns de madeira de castiñeiro entretecida con vimbios, en forma de canle, moi convexa na parte inferior. No extremo oposto leva unha luva de coiro que se suxeita no pulso con correas.
-
cesta punta
Modalidade deportiva do xogo de pelota.
-
-
Elemento do capitel, principalmente do corintio, comprendido entre o astrágalo e o ábaco.
-
Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa o utensilio, feito de vimbio ou de xunco, empregado para gardar os palillos.
-
Conxunto de produtos de primeira necesidade dos que se toma o prezo como referencia para realizar o estudo das variacións no nivel de vida por sectores de poboación.
-
Denominación popular que reciben as esponxas vítreas da clase dos hexactinélidos. De simetría radiada e espículas silíceas unidas entre si, forman unha estrutura reticular e presentan unha aparencia de tecido que lembra a dun cesto.
-
-
-
Cantidade de cousas que caben nunha cesta ou nun cesto.
-
Dito ou feito de pouca importancia e que non vén ao caso.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación bimensual en galego editada dende xullo do ano 1997 en Mondariz. O sumario divídese en “Editorial”, “Saúde”, “Queixumes da mimosa”, “As nosas riquezas”, “Crítica”, “Sabe usted que...?” e “Minihistoria”. Cómpre destacar as súas ilustracións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fabrica ou vende cestos. Constituíron un oficio practicamente libre e a súa agremiación foi tardía e sen éxito. Para entenderse entre eles, perante a presenza de estraños, crearon unha linguaxe propia, igual que facían algúns membros doutros oficios ambulantes como os canteiros e afiadores. Moitos percorreron a xeografía galega, mesmo por fóra das fronteiras de Galicia. A materia prima que empregan (madeira de carballo, vimbio e, en menor medida, castiñeiro, salgueiro ou cerdeira) pode ser da súa propiedade, dun monte comunal ou ben mercada. Distínguese o cesteiro rural, que adoita traballar na casa ou ben en aldeas próximas e completa o labor coas tarefas do campo por non estar moitas veces agrupado e dedicado só ao cesto; o cesteiro urbano, que moitas veces se organiza por barrios e traballa en rúas escollidas, como en Vigo e Pontevedra, que emprega normalmente o vimbio pelado, tinguido ou sen tinguir, como mateira prima; ademais traballa na fabricación e...
-
-
Obradoiro ou tenda do cesteiro.
-
Arte de trenzar ou tecer fibras vexetais para a elaboración de recipientes que se empregan, especialmente, no transporte, almacenamento e conservación de produtos agrícolas; na construción de cabaceiros para gardar o gran e nas cubertas de colmo das pallozas, así como na elaboración de pezas de vestir, corozas e sombreiros. A súa orixe, segundo algúns arqueólogos e antropólogos, é anterior á cerámica e ao tecido; sen embargo, só hai testemuños indirectos na decoración da cerámica. A industria da cestería está en decadencia pola diminución de certas tarefas agrícolas, pola mecanización do campo e polas dificultades para obter a materia prima. Esta arte está marcada pola multiplicidade de formas e técnicas, e as máis empregadas son a cestería de vergas, de corres e a cosida. A primeira, coñecida sobre todo na zona oriental de Galicia, dedícase especialmente a confeccionar cestos con tiras de madeira rachada, entrecruzadas perpendicularmente en dúas series de tiras. O cabalete ou burro, a...
-
-
PERSOEIRO
Escritor e diplomático dominicano. Despois dunha primeira etapa modernista influída por D’Annunzio e pola súa obra Sangre de primavera (1908), escribiu La sangre (1914) na que describe a época do ditador Ulises Heureaux. É autor ademais de ensaios e textos históricos e políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Discípulo de Carissimi, foi mestre de capela en Florencia (1646), tenor da capela pontificia (1660) e segundo mestre de capela de Leopoldo I en Viena (1666-1669). Distínguese, principalmente, como compositor de óperas, entre as que destacan Orontea (1649) e Il pomo d’oro (1668). O equilibrio entre arias e recitativos, iniciado por Monteverdi e mantido por Cavalli, rematou con el a prol das arias, nas que se concentra todo o interese musical. Compuxo, ademais, numerosos motetes e cantatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Recipiente empregado para o carrexo e almacenamento de produtos. A súa forma e tamaño están determinados polo uso e a maneira de levalos. Na sementeira, bótase man dos pequenos con asa en aro coñecidos cos nomes de queipos, carabelos, megos ou gamelos, feitos de varas ou palla. Na recolleita poden verse os paxes ou banastras para recoller as patacas ou uvas; os corbes, para a froita ou roupa; os goxos, para as castañas; o muñico, feito de vimbios e paredes altas para levar no ombreiro e que se emprega na zona de Vigo para carrexar as espigas ao hórreo; as arcas, que van no carro onde se baleiran as uvas; e o coleiro, barreleiro ou carreteiro, da zona do Ribeiro, especialmente empregado no transporte das uvas desde a viña ata o carro. Nas tarefas relacionadas coa pesca e coa carga e lavado do peixe cumpre un papel importante a banastra, paxe ou canastro; no transporte e venda está a patela, empregada polas peixeiras para levar o peixe dun lugar a outro. Na pesca fluvial, adóitanse empregar...
-
Contido dun cesto.
-
Utensilio de arame ou doutro material que se lles pon aos animais no fociño para que non traben ou para que non se deteñan a comer cando están traballando.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especie de luvas ou armaduras de man feitas con correas gornecidas mediante placas de chumbo, que usaban os gladiadores no puxilato romano.
-
PUNTA
Punta da beira meridional da ría de Pontevedra, na marxe setentrional da península do Morrazo e no L da enseada de Bueu, no litoral da parroquia de Cela (concello de Bueu).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cesta’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde co significado de ‘facer cestas’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘cesteiro’.
-
-
Relativo ou pertencente aos cestodos.
-
Platihelminto da clase dos cestodos.
-
Clase de platihelmintos endoparasitos caracterizados pola ausencia de tubo dixestivo, polo que absorben os nutrientes a través das microvelosidades externas que, á súa vez, aumentan a superficie do animal. O corpo, que varía moito de lonxitude segundo as especies e mesmo pode acadar uns cantos metros, está constituído por unha parte anterior, chamada escólex, que funciona como órgano de fixación (ten ventosas, botrios ou botridios) e frecuentemente presenta unha serie de divisións, moitas veces aplanadas, chamadas proglotes; o conxunto do organismo chámase estróbilo. Teñen unha organización bastante simple. Cada proglote contén un aparello reprodutor completo e a cópula ten lugar entre proglotes diferentes do mesmo individuo. Nas especies máis grandes, as proglotes vanse desprendendo do estróbilo pola extremidade posterior cando chegan á madureza sexual; chámanse, daquela, cucurbitinos e están cheos de ovos. Son hermafroditas proterándricos que, xeralmente,...
-