"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • REPUBLICAS

    Entidade política xurdida no s XII ao redor da cidade de Florencia, independizada de calquera outra xurisdición. Liberada do dominio nobiliario trala morte da condesa Matilde de Canossa (1115) e despois de derrotar o vicario imperial, constituíuse unha república dirixida por un goberno de cónsules, elixidos entre a aristocracia, e apoiados pola Igrexa e os membros destacados da burguesía mercantil que formaban as Arti Maggiori. A súa expansión territorial comezou coa conquista de Fiesole (1125) e estableceu unha alianza comercial con Pisa. Promoveu a liga güelfa toscana (1197) co obxectivo de liberar as cidades do Imperio Xermánico. Entre 1191 e 1196 ensaiaron a substitución dos cónsules polo goberno dun podestá. Os enfrontamentos con Pisa polo dominio da Toscana comezaron no 1218 e mesturáronse coa loita entre o Emperador Federico II e o papado. O triunfo dos xibelinos, que se fixeron co poder entre 1248 e 1250, provocou a reacción da burguesía, que conquistou o poder co apoio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • flordelisado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s VII) Abade e bispo de Estrasburgo, fillo dun príncipe irlandés que marchou a Alemaña onde se fixo ermitán. Considérase o apóstolo de Alsacia. Na iconografía viste de pontifical; leva, como atributos xerais, a maqueta dunha igrexa e un bordón de dobre cruz, e, como atributos persoais, un animal bravo ou unha meniña cega aos seus pés. A súa festividade celébrase o 3 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, situada ao SL do Gran Bos Aires e que forma un partido propio (235.554 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s V) Bispo africano deportado polos vándalos á illa de Sardeña, onde morreu no ano 496. Na iconografía viste de pontifical; e leva como atributo un dragón. A súa festividade celébrase o 3 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do latín Florentius, e este de florens, florentis ‘que florece, que está en flor’, cognome romano formado a partir do participio presente do verbo floreo ‘florecer’. Por mor do seu carácter augural, usárono moito os primeiros cristiáns; así, entre os mártires e santos que o levaron, destacan o bispo africano san Florencio (s V) ou san Florencio de Estrasburgo (s VII), celebrado o 3 de xaneiro. Tamén houbo en Galicia un san Florencio que foi abade de Carracedo e que se celebra o 10 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Cartaxena s VI) Mártir, irmá dos santos Leandro e Isidoro de Sevilla e de Fulxencio, bispo de Écija. Foi abadesa dun mosteiro de Sevilla fundado polos seus irmáns. Na iconografía viste hábitos monacais, e leva como atributos un lirio. A súa festividade celébrase o 20 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa do sector da confección, con sede en Lalín, creada polo diseñador Florentino Cacheda en 1970. Exporta a súa produción aos EE UU, o Reino Unido e Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Florencia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Florencia.

    3. Dialecto do toscano, que contribuíu á formación da lingua literaria italiana, chamada toscana, gracias, principalmente, á obra de Dante Alighieri, Giovanni Boccaccio e Francesco Petrarca. Foi a base principal sobre a que se construíu o italiano.

    4. Escola artística que se desenvolveu en Florencia desde o comezo do s XIV ata finais do s XVI. Prósperas familias de comerciantes e de banqueiros, en especial os Medici, fixeron da Florencia do Renacemento un centro de formación de artistas, que levaron o estilo florentino a case toda Europa. En arquitectura, F. Brunelleschi renovou o concepto medieval do espazo coa cúpula de Santa Maria dei Fiori; e L. B. Alberti tivo unha formación de acordo ás directrices do humanismo florentino e escribiu tratados teóricos sobre pintura, escultura e arquitectura. No campo da escultura, o concurso convocado en 1401 para a realización da segunda porta do baptisterio sinalou o inicio do período propiamente renacentista. Nel participaron, entre outros artistas, F. Brunelleschi e L. Ghiberti, que resultou gañador. Donatello e A. Pollaiolo son os representantes da expresión dramática, contida e violenta, mentres que Desiderio da Settignano, Mino da Fiesole, A. di Duccio e os Rosselino cultivaron un estilo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do latín florentīnus, xentilicio de Florencia, ou derivado de florens ‘en flor, florido’. Presenta os hipocorísticos Tino, Floren, Floro, Flor/Flori, Tinucha. Santa Florentina (s VI), natural de Cartaxena, foi irmá de tres famosos santos: Leandro e Isidoro de Sevilla e mais Fulxencio, bispo de Écija. Chegou a ser abadesa dun mosteiro de Sevilla fundado polos seus irmáns. Na iconografía viste hábitos monacais e como atributos leva un lirio (símbolo da virxindade). Santa Florentina celébrase o 20 de xuño; o abade Florentino, o 12 de abril; e o mártir Florentino, o 27 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de florear.

      1. Dito gracioso que se emprega como alarde de enxeño ou por puro pasatempo.

      2. Conversación sen transcendencia.

    2. ibración ou movemento da punta da espada en esgrima.

    3. Ornamento engadido a unha frase musical, en xeral, sen alterar a súa estrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tenda na que se venden flores e plantas decorativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa máis occidental do arquipélago dos Açores (143 km2; 10.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Indonesia, do grupo das Sonda, situada entre o mar de Flores, ao N, e o de Sawu, ao S (14.275 km2; 1.249.052h [1980]). É montañosa, con moitos volcáns activos; o máis alto deles é o monte Inerie (2.245m). A capital é Ende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguai (5.133 km2; 24.381 h [1985]). A capital é Trinidad (18.271 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailadora flamenca e pintora. Coñecida como La Chunga, creceu en Barcelona onde debutou artisticamente da man do pintor Francisco Rebés no cabaré Emporium. Cunha personalísima interpretación da rumba, o seu estilo caracterízase pola súa orixinalidade, os sesu bailes descalza e pola plasticidade das súas posturas. Percorreu gran parte do mundo e actuou nas máis prestixiosas salas, dende Nova York ata Xapón, pasando por España, México, Cuba, Venezuela e París. Pintora autodidacta, enmarcada dentro do estilo naif, expuxo en diversas cidades españolas como Madrid, Barcelona e Vigo, e europeas como París, Múnic e Sandefjord (Noruega).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Ocupou diversos cargos no Ministerio de Facenda e durante a República representou o goberno en CAMPSA e no Banco de España. Escribiu Sobre una dirección fundamental de la produción rural española (1926) e Ditamen de la Comisión para el estudo de la implantación del patrón oro (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe descendente dos Flórez ou Flores. As súas armas levan, escudo cortado: primeiro, en campo de azul, cinco flores de lis, de ouro, postas en aspa; segundo, en campo de goles, dous lagartos dereitos, da súa cor, postos en faixa, e sobre eles unha lousa, de prata (armas dos Losada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Les fleurs du mal.

    VER O DETALLE DO TERMO