"Oria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 423.

  • Relativo ou pertencente a un tensor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción intelectual elaborada con independencia de toda aplicación práctica.

    2. Análise hipotética, que é a miúdo expresión dunha simple convicción persoal.

    3. Conxunto de normas establecidas para explicar un conxunto de feitos. Como teoría científica, comporta o establecemento dunha serie de leis que serven para relacionar unha orde determinada de fenómenos e, á vez, equivale a un principio de explicación daquilo que é obxecto dunha ciencia particular ou dunha parte importante desta.

    4. Corpo doutrinal, completo e sistemático, sobre unha materia, unha arte, unha ciencia.

    5. Momento, aspecto ou dimensión específica da actividade cognoscitiva, considerados como diferentes da práctica, pero radicalmente vinculados con ela, polo que toda a actividade especulativa xorde no ámbito dunha práctica e unha experiencia determinadas.

    6. Conxunto de doutrinas desenvolvidas polos integrantes da Escola de Frankfurt, que ten como trazo básico e común ás diversas formulacións, a remisión á crítica política e social de Marx, e oponse á teoría tradicional que impregna o pensamento moderno occidental tanto na súa vertente empírica e científica como na idealista, e que conduce a un insuficiente coñecemento do home e da sociedade. Foi exposta, entre outros, por H. Marcuse, T. Adono e, sobre todo, M. Horkeheimer.

    7. Conxunto de principios que se refiren a un determinado concepto que inclúe tanto os axiomas postulados sobre este, como as consecuencias (teoremas) que destes axiomas foron deducidas loxicamente.

      1. Consideracións de tipo matemático-filosóficas baseadas nas ciencias físicas en relación cos sons.

      2. Ensinanza que comprende un conxunto de regras, relativas á melodía, á harmonía, ao contrapunto, ao ritmo, ás formas e á instrumentación.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Vicente Risco, publicada en 1920, baseada dun ensaio co mesmo título publicado en A Nosa Terra en 1918. Desde a postura do nacionalismo bioloxicista, afirmou que Galicia é unha nación de seu, en que os alicerces da nación galega estaban na terra, na raza, na lingua, na organización social e no sentimento, feitos diferenciais que conseguiu pór en conexión con valores universais. Asumía así as ideas de Murguía, fundamentadas na raza, ás que engadía o factor da terra. Galicia debía conseguir definir uns dereitos e uns deberes que lle permitiran desenvolverse como nación de herdanza atlántica, entendido como superación do europeísmo mediterráneo. A loita para evitar a desaparición da nación galega correspondíalle á elite cultural galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao termidor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Condición peculiar que adquiren no dereito os feitos xurídicos e as cousas polo feito de estar nun territorio sometidas a un determinado ordenamento xurídico.

      2. territorialidade das leis

        Principio segundo o cal a lei obriga a todos os que se atopan no territorio da institución que a ditou. Aplícase, sobre todo, en relación ás leis penais e de orde pública. Só están eximidas persoas, edificios e barcos afectados pola extraterritorialidade.

    1. Mecanismo de defensa do ámbito doméstico en que se desenvolven os organismos, que tende a arredar os individuos ou grupos uns dos outros. Todos os grupos taxonómicos teñen formas de loita de defensa do territorio, desde os organismos inferiores, nos que se desenvolven sistemas pasivos que tenden a facer incompatible a vida doutros organismos, ata os organismos superiores, que se serven de comportamentos complexos. Este proceso limita a competencia intraespecífica e preserva as poboacións do esgotamento de reservas de alimentos, auga ou luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • territoria­lidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de festas que se celebraban en Atenas nos meses de outubro e novembro en honor de Deméter. De tres días de duración, a súa finalidade era conseguir a protección das sementes durante o inverno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou función de titor.

    2. Tempo dedicado polo profesor a atender as necesidades dos alumnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • dióxido de torio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de torio e uranio, de fórmula (Th,U)O2, que cristaliza no sistema cúbico. É de cor negra ou gris escura, ten unha dureza de 5,5 a 6,5 e unha densidade de 8 a 9,7. É un mineral radioactivo e un isomorfo da uranita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cautela que ten unha persoa para non correr riscos ao executar un delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Liña que describe no espazo un punto que se move.

      2. Liña que describe o centro de gravidade dun proxectil no seu camiño polo aire.

      3. Liña que describe un avión ou calquera outro vehículo espacial nun voo, referido estritamente á liña descrita polo seu centro de gravidade.

    1. Liña de conduta ou actuación que segue no tempo unha persoa dentro dunha actividade.

    2. Curva que corta coa mesma inclinación todas as curvas dun feixe ou sistema dado. Denomínase traxectoria ortogonal se as corta nun ángulo recto.

    3. Camiño que segue unha masa de aire como un furacán ou unha tormenta xiratoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial creada en 1994 en Lugo. Fundada e dirixida por Carlos Coira Nieto, Jorge Coira Nieto, José A. Coira Nieto, Rosa Suárez López, Lucía González Alar, Marta Cuba Alonso e Santiago Martínez, conta coas seguintes coleccións: “Tris Tram Relatos”, “Tris Tram Teatro”, “Imaxe Escrita”, “Tris Tram Poesía”, “Tris Tram Infantil” e “Grammaton”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Vigo en 1986, e especializada na edición de libros en galego relacionados coa economía. Dirixida polo seu cofundador, Alfonso Ribas, publica diversos títulos ademais da revista Análise Empresarial, revista galega de economía e ciencias sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xactancia excesiva que se fai dos propios méritos ou virtudes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amosarse orgulloso das propias virtudes, calidades ou méritos mediante eloxios e comentarios vaidosos cara a un mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un vector.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou oficio de vedor.

    2. Oficina do vedor.

    VER O DETALLE DO TERMO