"PRI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 409.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Camagüey.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sacro Imperio Romano-Xermánico.
-
-
olver imprimir.
-
olver publicar tipograficamente unha obra sen correccións importantes.
-
-
-
Acción de reprender.
-
Palabras con que se reprende.
-
-
-
-
Impedir que algo ou alguén se manifeste por consideralo excesivo.
-
Someter a alguén ou a algunha cousa a represión.
-
-
Reprimir un mesmo os seus propios impulsos ou desexos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de España comprendido entre o 11 de febreiro de 1873, data da proclamación da República polas Cortes tras a abdicación de Amadeo I, ata o 29 de decembro de 1874, data da proclamación de Afonso XII en Sagunto polo xeneral Martínez Campos e coa que comezou a Restauración. Distínguense dous períodos: o parlamentario, que se estendeu ata o golpe do xeneral M. Pavía o 3 de xaneiro de 1874, e o presidencialista, cando se fixo cargo do executivo o xeneral F. Serrano que pechou o Sexenio Revolucionario (1868-1874). Durante o primeiro período sucedéronse catro presidentes: Estanislau Figueras i de Moragas, Francesc Pi i Margall, Nicolás Salmerón Alonso e Emilio Castelar Ripoll. A dialéctica política da República explícase pola pugna entre os republicanos unitarios, centralistas e de tendencia conservadora, e os republicanos federais. Pi i Margall non puido estruturar a república federal porque os federais intransixentes, impacientes, quixeron implantala desde abaixo, apoiándose...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Francia que vai desde o 21 de setembro de 1792 ata o 18 de maio de 1804. Dividiuse nos períodos da Convención Nacional (1792-1795), do Directorio (1795-1799) e do Consulado (1799-1804), que deu paso ao imperio hereditario de Napoleón I Bonaparte.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Pontevedra a partir do 1 de outubro de 1865 que cesou en xullo de 1870. Editado nos obradoiros da Imprenta del Siglo, foi unha publicación dirixida aos mestres de intrución primaria. Fundado por Xoaquín Buceta Solla, a partir do 8 de xullo de 1870 cambiou a cabeceira pola de La Reforma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento revolucionario que provocou o destronamento e execución de Carlos I de Inglaterra (1649) e o establecemento dun réxime novo, a Commonwealth, baixo a protección de O. Cromwell. Tamén se inclúe a etapa en que Cromwell gobernou ditatorialmente, ata a súa morte en 1658. A historiografía inglesa divídea en dous períodos: a guerra civil e a revolución puritana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema óptico que consiste nun romboedro de espato de Islandia, composto por dous prismas unidos con bálsamo de Canadá ao longo dunha das diagonais do romboedro. No primeiro prisma, a cara que vai recibir o raio de luz está cortada perpendicularmente ao eixe óptico, e o segundo paralelamente. O raio de luz divídese en dous, o raio ordinario e o raio extraordinario. Este é refractado ao pasar dun prisma a outro, pero o primeiro non sofre ningunha desviación e xorde aliñado co raio incidente.
-
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca e en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, en 1920 trasladouse a EE UU para desempeñar unha cátedra de Literatura Española do s XIX na Cornell University Ithaca (Nova York). En 1932 converteuse en catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo. Experto en mitoloxía e astroloxía, e lector de Rubén Darío, Verlaine e Baudelaire, influíu intelectualmente nos membros da Xeración Nós, especialmente en R. Otero Pedrayo, cos que compartiu algúns parladoiros e conferencias no Ateneo ourensán. Colaborador de La Centuria co nome de Beta Herculis, escribiu Las mesetas ideales (1910), Escenas de gigantomaquia (1923) e Errores de la actual división provincial de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias (1925). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e militar. Director do Centro de Derecho Internacional Humanitario de Cruz Roja Española, foi conselleiro togado do Cuerpo Jurídico Militar, director da Revista Española de Derecho Militar, presidente do Tribunal Militar Central e director da Escuela Militar de Estudios Jurídicos. Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval, a Gran Cruz del Mérito Militar, a Cruz de Plata da Garda Civil e o Premio Tomás y Valiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Coronel da Armada, colaborou no Centro de Estudios Superiores de Intendencia da Armada, así como nas obras de restauración arquitectónica do Arsenal de Ferrol e do castelo de San Filipe. Publicou San Campio, patrón de levas (1977) e Rejas, balcones y otros hierros artísticos en la comarca de Ferrol (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e guitarrista. Coñecido como Prince e desde 1997 como The Artist conxugou o soul e o rock con elementos do jazz, o rap, o reggae e outros estilos. Da súa discografía destacan Purple Rain (1984), Around the World in a Day (1985), Parade (1986), Sign of the Times (1987), Lovesexy (1988), Diamonds and Pearls (1991), Crystal ball (1997), Rave Un2 the Joy Fantastic (1999), The Rainbow Children (2001), One Nite Alone (2002) e Musicology (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio italiano que se estendía ata Tarento, a parte costeira da actual provincia de Salerno e boa parte da chaira de Campania. Foi separado do principado de Benevento en 847 e converteuse nun principado longobardo independente. No s XI comprendía case toda a Italia meridional despois de someter os ducados de Amalfi, Sorrento e Gaeta e o principado de Capua, e foi reducido a vasalaxe aos condes normandos de Pulla-Calabria. Como título feudal foi posuído polos Orsini, condes de Nola, e polos Sanseverino.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado insular de África situado no golfo de Guinea (1.001 km2; 149.000 h [estim 2001]). A súa capital é São Tomé, na illa homónima.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O país comprende as illas de São Tomé, Príncipe e diversos illotes, a maioría deles deshabitados. No seu relevo destaca o cumio de São Tomé que acada os 2.024 m de altitude. O clima é cálido e húmido. Hai cultivos de cacao, café, coco, bananas, copra, mandioca e millo, así como gando bovino, ovino, caprino e porcino. Tamén teñen importancia a pesca e as manufacturas de cervexa e outras bebidas, xabón, produtos alimentarios e madeira escuadrada. As comunicacións son deficientes, e o aeroporto é o de São Tomé. Os portos principais son Ana Chaves e São António. Impórtanse principalmente produtos alimentarios de Portugal, Alemaña e España, a cambio de cacao para Alemaña e Países Baixos. A balanza é negativa. São Tomé concentra o 95% da poboación. A unidade monetaria é a dobra.
... -
CIDADES
Cidade do estado de New York, EE UU, situada ao lado do lago Saratoga, e ao N de Albany (26.186 h [2000]). É un balneario e lugar de veraneo, célebre polas súas augas medicinais. En 1777 o xeneral H. Gates venceu as tropas británicas, comandadas por Burgoyne.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado soberano alemán formado en 1807 ao erixirse en principado do Sacro Imperio o condado de Schaumburg-Lippe. Durou ata 1918, cando abdicou o derradeiro príncipe, e converteuse nun estado libre ata 1946, que foi incorporado ao land de Baixa Saxonia.
-
GALICIA
Editor. Fundador de Xuntanza Editorial (1986), da que é director-xerente, e vicepresidente do Instituto de Estudios Políticos y Sociales. Ademais da edición de obras de tipo xeral, levou a cabo a primeira edición do Quixote en galego e diversos códices, como o Livro de Horas da Condessa de Bertiandos (s XVI) e o Atlas de Lázaro Luis (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prima que se paga en seguros para garantir algúns riscos extraordinarios.