Revolución Inglesa, Primeira

Revolución Inglesa, Primeira

Movemento revolucionario que provocou o destronamento e execución de Carlos I de Inglaterra (1649) e o establecemento dun réxime novo, a Commonwealth, baixo a protección de O. Cromwell. Tamén se inclúe a etapa en que Cromwell gobernou ditatorialmente, ata a súa morte en 1658. A historiografía inglesa divídea en dous períodos: a guerra civil e a revolución puritana.