"RDA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 499.
-
-
-
Calquera instrumento que se pon na boca para impedir falar.
-
Aquilo que impide falar ou expresarse libremente.
-
-
zapata.
-
Dispositivo ou instrumento formado por dúas pezas que, actuando á maneira de tenaces, serve para suxeitar un obxecto e sostelo entre eles.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política chilena creada en 1963 co propósito de impoñer o socialismo mediante a loita armada. Recoñecida por Salvador Allende, opúxose, non obstante, á súa política legalista. Perseguida pola ditadura militar (1973-1989), legalizouse co restablecemento da democracia (1989) e renunciou á loita armada.
-
GALICIA
Relixioso e filósofo. Foi auditor do Tribunal de la Rota e capelán de honra do rei. Escribiu El Templo del Pilar. Visicitudes por que ha pasado hasta nuestros días (1872), Vida de San Isidro Labrador patrón de la Villa y Corte de Madrid (1891) e Biografía de Su Santidad el Papa León XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alva Reimer.
-
PERSOEIRO
Economista, sociólogo e político sueco. Integrado na corrente socialdemócrata, tivo unha importancia considerable na implantación do denominado modelo sueco. Son especialmente importantes os seus estudos sobre os problemas do desenvolvemento. Escribiu Monetary Equilibrium (1939), An American Dilemma (1944), An American Dilemma Revisited (1970), Economic Theory and Underdeveloped Regions (1957) e Critical Essays on Economics (1974). Recibiu o Premio Nobel de Economía (1974), compartido con Friedrich August von Hayek.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta, xornalista e escritor. Autor de novelas e dramas, destacou, sobre todo, como autor de reportaxes dun forte compromiso político, das que destacan Kulturens korsväg (Encrucillada de culturas, 1960), Karriär (1975), 14! (1987) e México (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no SL da parroquia do Outeiro das Camoiras (Lugo). O seu cumio acada os 560 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Serra situada entre os concellos de Abadín e A Pastoriza. A súa máxima altitude está no monte Neda con 798 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome orixinal, ata 1664, da cidade de Nova York.
-
ILLAS
Illa do arquipélago Svalbard, no Océano Ártico (14.530 km2). Foi descuberta no s XVI por Willem Barents.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eixe esquelético fibroso, elástico e cilíndrico que se estende ao longo do corpo, dorsalmente respecto ao tubo dixestivo e ventralmente respecto ao cordón nervioso, nos urocordados, durante as fases larvarias libres, e nos cefalocordados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
obcordiforme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta que pertence ao xénero Dittrichia, da familia das asteráceas, que presenta capítulos recendentes e en panícula e froitos en aquenio. Na metade occidental de Galicia están presentes as especies D. graveolens en barbeitos e lugares secos, e D. viscosa, en ermos e piñeirais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba xudicial de carácter máxico-relixioso destinada a manifestar a culpabilidade ou a inocencia dun acusado. O nome anglosaxón ordãl (xuízo) pon de manifesto, se non a orixe, a súa popularidade en Europa central. As invasións xermánicas estenderon o seu uso a todo o antigo Imperio Romano, onde recibiu tamén o nome de xuízo de Deus. Na mentalidade primitiva, onde dereito e relixión se confunden, constitúe o xuízo por excelencia, no que Deus mesmo pronuncia a sentenza a través dunha proba. Reviste tamén forma adiviñatoria equivalendo ao oráculo. A pesar da variedade de formas propias de cada pobo, pódese resumir nas probas do lume, da auga, das pezoñas e do combate. As probas da auga, testemuñadas no Código de Hammurabi e nas primeiras recompilacións lexislativas bíblicas, foron igualmente coñecidas na Península Ibérica. Coa introdución do dereito romano e canónico, acabou desaparecendo.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro agrónomo. Master of Science en Mellora Xenética Vexetal pola Universidade de Minnesota (1973) e doutor en Enxeñaría Agrónoma pola Universidad Politécnica de Madrid (1974), foi científico titular (1975-1988) e investigador (1988-2000) do CSIC, director da Misión Biológica de Galicia (1987-1989 e 1991-2002), e profesor de investigación e coordinador institucional do CSIC en Galicia desde 2000. Desenvolveu catro variedades de millo de uso comercial e fixo posible a creación dun banco de xermoplasma de millo e do xénero Brassica, de orixe galega, a única no mundo. Ten publicados máis de 104 traballos sobre a súa especialidade en revistas de todo o mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Conquistador. Colaborou con Hernán Cortés na conquista de México e en 1530 concedéronlle a conquista e o poboamento das terras comprendidas entre o río Marañón e a gobernación dos Welser (Venezuela). Fundou San Miguel de Pavia (1531) e remontou o Orinoco no intento de chegar a El Dorado. Morreu durante o retorno á Península Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Aliñación montañosa situada entre os concellos de Friol, Outeiro de Rei e Begonte. A súa máxima altitude atópase no monte Cordal con 739 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nome común que reciben as aves que pertencen ao xénero Stercorarius, da orde dos caradriformes. Presentan sexos iguais e forma semellante á das gaivotas.
-
Ave de 46 cm, de plumaxe de cor variable; a forma clara ten a parte inferior do corpo branca, e a forma escura é totalmente moura, ambas co peteiro negro. De ampla distribución, habita en Europa, Asia e América, e en España pode observarse no norte. Aliméntase de peixes, e ás veces perseguen outras aves para que regurxiten o seu alimento e así devoralo despois. En Galicia é unha ave de paso, xa que inverna nas zonas tropicais.
-
Ave que mide arredor de 50 cm, con formas claras, escuras e intermedias, que se diferenza dos outros porque as plumas sobresaíntes da cola teñen forma redonda. Caracterízase pola súa rapidez, que utiliza nas súas accións de pillaxe, tanto roubando ovos como facendo regurxitar a comida a outras aves mariñas. En Galicia é unha ave de paso que se pode observar entre setembro e outubro.
-
Ave moi similar en colorido ao papamerda real e ao palleiro pero con dúas plumas moi sobresíantes na cola. Mide aproximadamente entre os 51 e 56 cm, ten a cabeza negra, a parte inferior branca e as patas e o peteiro negros.
-
Ave de aproximadamente 58 cm, de cor parda, cunhas manchas brancas nas ás e na cola en forma de cuña. É unha gran voadora e aliméntase de peixes e de roubos a gaivotas, tanto comida semidixerida como ovos. A prea tamén forma parte da súa dieta. En Galicia é unha ave de paso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Salcedo (Pontevedra). Ten planta en forma de U e capela de planta rectangular con entrada pola edificación e polo exterior. Ten un hórreo sobre o muro exterior da leira.
-
-
Grupo de aves, da familia dos paséridos, de pequeno tamaño (duns 10 ou 15 cm de lonxitude, incluída a cola), de forma robusta con pico cónico, curto e robusto, algo convexo; ás anchas e curtas, cola mediana e cadrada. A súa plumaxe presenta distintos tons de marrón con manchas negras e rubias. Son paxaros moi sociais e aniñan en colonias, os seus niños atópanse en árbores ou tamén en buracos. Aliméntanse de grans, insectos ou herbas. Existen varias especies en Europa, África e Asia.
-
Gorrión que mide uns 18 cm. A femia presenta a mesma plumaxe ca o macho pero con cores máis intensas. Ten unha presenza moi rara en Galicia, xa que se trata dunha ave propia da alta montaña.
-
Gorrión que habita en rochas ou canteiras mide uns 14 cm e é de color castaña cunha mancha amarela no papo. Non se pode diferenciar o macho da femia, xa que os dous presentan a mesma coloración. É unha especie pouco abundante en Galicia.
-
Ave en que a femia presenta unha plumaxe de color parda coa parte ventral máis clara ca a dorsal, mentres que o macho ten manchas negras no papo, peito agrisado e ás pardas con pintas escuras. Poñen de 3 a 6 ovos que teñen un período de incubación de dúas semanas. O seu hábitat normal é Europa, N de África e gran parte de Asia. É moi coñecida pola súa forma de vida, pois é un típico habitante do medio urbano. OBS: Tamén se denomina gorrión e pardao.
-
Gorrión que presenta unha pequena mancha escura preto do tímpano. Os dous sexos presentan a mesma coloración e son aves que viven unicamente no campo.
-