"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1519-1556), rei das coroas de Castela (1516-1556) e Aragón (1516-1556), Nápoles (Carlos IV, 1516-1556) e Sicilia (Carlos II, 1516-1556); duque de Borgoña (Carlos II, 1506-1555, soberano do ducado estricto só entre 1526 e 1529) e arquiduque de Austria (Carlos I, 1519-1556). Fillo do arquiduque de Austria Filipe o Fermoso e de Xoana I a Tola. En 1506, á morte do seu pai, herdou os Países Baixos, Luxemburgo, Artois, o Franco Condado, Flandres, Borgoña e Charolais, e en 1516, ao morrer Fernando II, herdou o goberno efectivo das coroas de Castela e Aragón, xuridicamente en mans da súa nai, Xoana. Proclamado rei en Bruxelas, en 1516 emprendeu unha viaxe á Península acompañado polos seus conselleiros borgoñóns e aragoneses. En 1518 tiveron lugar as Cortes de Valladolid, nas que se solicitou que os estranxeiros non ocupasen os cargos políticos, e as Cortes de Aragón, nas que xurou os foros do reino e recibiu o xuramento delas; finalmente, en 1519 recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos I de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Austria e rei de Hungría (Carlos IV) desde 1916 ata 1918. Último soberano da monarquía austro-húngara, era neto do arquiduque Luís, irmán de Francisco Xosé I e converteuse en herdeiro do trono cando morreu o arquiduque Francisco Fernando en Sarajevo (1914). Durante a Primeira Guerra Mundial tentou, sen éxito, firmar unha paz por separado cos aliados. Coa proclamación da República en Austria en 1918, marchou a Hungría onde renunciou a participar no goberno. En 1919 exiliouse a Suíza e intentou retomar o poder mediante un golpe de estado en Budapest en outubro de 1921. Fracasou e retirouse a Madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Temerario (Dijon 1433 - Nancy 1477) Duque de Borgoña (1467-1477), fillo e sucesor de Filipe o Bo e de Isabel de Portugal. Participou na Liga do Ben Público contra Luís XI de Francia e, a través do Tratado de Conflans (1465), conseguiu a vila de Somme e o protectorado borgoñón de Liexa e, polo Tratado de Péronne (1468), acadou a exención de Flandres da xurisdición do Parlamento de París. A rivalidade con Luís XI, sen embargo, proseguiu cunha serie de accións bélicas separadas por treguas. Non conseguiu do Emperador Federico III a concesión da dignidade real, malia que dominou un vasto territorio que foi incrementando durante a súa vida. Sexismundo, duque de Austria, declaróuselle vasalo e polo Tratado de Saint-Omer de 1469 entregoulle a Alta Alsacia, Sundgau e o condado de Pfirt. Renato de Lorena tivo que cederlle diversas prazas fortes en 1473. Tamén incorporou ao estado borgoñón o ducado de Gelderland e o de Zutphen (1473). Axudou o arcebispo Ruprecht de Colonia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Bretaña (1341-1364). Sobriño de Filipe VI de Francia e herdeiro do ducado de Bretaña polo seu matrimonio (1337) con Xoana de Penthièvre, sobriña do duque Xoán III. Morto este no 1341, disputoulle o ducado Xoán, conde de Montfort l’Amaury, apoiado por Eduardo III de Inglaterra, feito que orixinou a longa loita pola sucesión de Bretaña. Foi beatificado en 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos III de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda (1625-1649). Fillo de Xaime I, que se converteu no sucesor trala morte do seu irmán Enrique en 1612. Entre 1614 e 1623 negociou o seu casamento coa infanta María, filla de Filipe III de España, pero finalmente casou en 1625 coa católica Enriqueta de Francia, irmá de Luís XIII. Defensor dos dereitos da monarquía derivados da súa orixe divina, estivo constantemente en conflito co Parlamento. A intención do monarca de impoñer o anglicanismo a puritanos e presbisterianos e as sospeitas de complicidade cos católicos foron outros factores de tensión. Ao non lograr a financiación necesaria para formar un exército permanente baixo control real e sufragar as empresas contra Francia e España, disolveu o Parlamento dúas veces en 1625 e 1626, e convocou unha terceira lexislatura en 1628 co que obtivo a Petition of Right. Despois do asasinato do seu favorito, o duque de Buckingham, disolveu novamente o Parlamento en 1629 e gobernou ata 1640 como rei absolutista,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque da Baixa Lorena (977-992), fillo de Luís IV de Francia e irmán de Lotario, rei de Francia e Lotarinxia. Invadiu no reino deste coa axuda do seu curmán, o Emperador Otón II e fíxose proclamar rei no 978, pero houbo de retirarse ao pouco tempo. Reconciliouse co seu sobriño, Luís V de Francia, fillo de Lotario, e trala súa morte (987) converteuse en sucesor ao trono, non obstante Adalberón, arcebispo de Reims, consagrou a Hugo Capeto como duque de Francia. Carlos apoderouse de Laon (988) e de Reims (989), e no 991 foi capturado e entregado a Hugo, xa rei de Francia, que o encarcerou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sicilia (1266-1282) e de Nápoles (1266-1285), conde de Anjou e de Maine (1264-1285), e conde de Provenza e de Forcalquier polo seu matrimonio no 1246 coa condesa Beatriz. Fillo de Luís VIII de Francia e de Branca de Castela. En 1250 e 1261 as cidades de Marsella, Arles e Aviñón rebeláronse contra o seu dominio, e Carlos anulou as súas liberdades municipais. Iniciou a expansión cara a Italia co señorío sobre o condado de Ventimiglia (1258) e parte do Piemonte meridional (1259-1261). Proposto polos papas para opoñelo aos descendentes de Federico II en Sicilia, recibiu en 1265 en Roma a investidura do reino. Iniciou a campaña militar de conquista axudado polas finanzas papais e polos güelfos; neste sentido, foi decisiva a Batalla de Benevento (1266). Executou o neto de Federico II, Conradino, despois de derrotalo en Tagliacozzo (1268). Dominou entón a política italiana e obtivo (1269-1270) o señorío de Milán e outras cidades da Lombardía e da Romaña. Xénova e Guillerme VII, marqués...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos IV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos III de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1889-1908), fillo de Luís I e de María Pía de Savoia. Durante o seu reinado sucedéronse revoltas nas colonias africanas en 1890 e no Porto en 1891; despois dos disturbios de 1906 permitiu a ditadura de João Franco. Morreu asasinado nunha revolta xunto co príncipe herdeiro Luís Filipe. Pintor de acuarelas e pasteis, participou en diversos certames internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1881-1914) e príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen. Coa axuda de Napoleón III e coa oposición de Rusia, Turquía e Austria, foi elixido príncipe en 1866. Aproveitou a guerra ruso-turca de 1877 para independizarse de Turquía e proclamarse rei. Durante a Primeira Guerra Mundial mantívose neutral a pesar da actitude favorable aos aliados do consello da coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos I de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1308-1342), fillo de Carlos Martel de Nápoles. Soberano nominal de Hungría, foi recoñecido rei pola Dieta húngara en 1308 e coroado no 1310. Someteu a nobreza polas armas nas batallas de Rozgony en 1312 e de Debrecen en 1317; reorganizou o exército e a xurisdición, impulsou a industria mineira e o comercio, e concedeulles privilexios ás cidades. Casado con Isabel, irmá de Casimiro III de Polonia, aseguroulle ao seu fillo Luís a sucesión de Polonia e reivindicou a coroa de Nápoles fronte ao seu tío Roberto I. En 1333 chegou a un acordo de matrimonio do seu fillo Andrés con Xoana de Nápoles, neta e herdeira de Roberto I de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos III de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda. Fillo de Carlos I, tomou parte na guerra civil e, ao ser derrotado por Cromwell en Worcester (1651), exiliouse en Francia e nos Países Baixos. Foi restituído en 1660 e gobernou grazas ao apoio da reacción conservadora, no interior, e de Luís XIV, no exterior. Durante o seu goberno constituíronse os partidos tory (conservador) e whig (liberal); votáronse a Act of Habeas Corpus (1679), que garantía a liberdade persoal dos ingleses, a Test Act (1673) e a bill de exclusión (1681), que apartaban os católicos dos cargos públicos e da sucesión á coroa. Tamén tiveron lugar dúas guerras coas Provincias Unidas (1664 e 1672).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1285-1309) e Sicilia (1289-1302), conde de Provenza (1285-1309), conde de Anjou e de Maine (1285-1309) e príncipe de Acaia, tamén coñecido como Carlos de Salerno. Fillo e sucesor de Carlos I de Nápoles e de Beatriz de Provenza. Príncipe de Salerno, vicario do reino dende 1283 por ausencia de Carlos I, loitou contra as forzas de Pedro II de Aragón que o derrotaron en varias ocasións e o fixeron prisioneiro en Messina (1284). Cando sucedeu ao seu pai (1285), foi trasladado a Catalunya; recobrou a liberdade mediante o Pacto de Canfranc (1288), polo que renunciaba a Sicilia. Foi coroado rei en 1289 e retomou a loita ata a Tregua de Gaeta (1289), disputa que rematou co Tratado de Anagui (1295), polo que Xaime II de Aragón renunciaba a Sicilia e casaba con Branca, filla de Carlos II, que o acompañou a Catalunya. Sicilia, sen embargo, elixiu como rei a Federico II (1296), contra o que loitaron unidos Carlos II e Xaime II. Esta guerra chegou á súa fin coa Paz de Caltabellotta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1349-1387), fillo e sucesor de Xoana II de Navarra e de Filipe III, conde de Évreux. Casou en 1353 con Xoana, filla de Xoán II de Francia, trono ao que sostiña aspiracións. Xoán II, temeroso dos seus contactos cos ingleses, cedeulle polo Tratado de Nantes (1354) dominios en Normandía, pero finalmente apresouno en Rouen en 1356. Fuxiu da prisión e venceu a revolta da Jacquerie, de acordo co delfín, ao mesmo tempo que actuaba contra el na revolta de París de Étienne Marcel (1358). Na derrota de Cocherel (1364) perdeu unha gran parte dos seus dominios franceses. Aliado de Pedro I de Castela, declarou a guerra a Pedro IV de Aragón en 1362, que concertou os acordos de Uncastillo (1363) e Sos (1364). A repartición de Navarra, proxectada por Pedro III e Carlos V de Francia, obrigouno a pactar co rei de Castela en Libourne, en 1366, e cedeulle unha parte de La Rioja, Araba e Gipuzkoa. Axudou a Pedro I de Castela na súa loita contra Enrique de Trastámara e restituíronlle os territorios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís II de Etruria.

    VER O DETALLE DO TERMO