"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
GALICIA
Botánico. Doutor en Farmacia e licenciado en Ciencias Físico-Químicas. Dende a cátedra do Instituto de Ourense, estudiou o grupo das algas e realizou diversas publicacións, especialmente dedicadas ás algas microscópicas de auga doce. Entre 1905 e 1948 investigou o litoral galego, formando un algario que está depositado no departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Publicou: Determinación de los puntos de ebullición y su importancia para el conocimiento de la constitución química de los cuerpos y determinación de pesos moleculares (1908) e Memoria sobre el estudo de las algas (1911), froito da súa estancia en Múnic para coñecer a metodoloxía alemá no estudo dos protistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Farmacia Bescansa.
-
PERSOEIRO
Cirurxián canadense. Participou como voluntario entre os republicanos durante a Guerra Civil española (1936-1939). No 1938 foi a China e incorporouse á República Soviética de Yan’an. Organizou os servicios hospitalarios da fronte e morreu na guerra contra Xapón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de teatro, guionista e realizador cinematográfico norteamericano. Realizou Salt of the Earth (A sal da Terra, 1953), unha defensa política en favor do sindicalismo que truncou a súa carreira cinematográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca organizada a partir da biblioteca do Seminario de Estudos Galegos e das doazóns realizadas por Arias Sanjurjo, Varela Limia, Paulino Pedret Casado e Felipe Cordero Canete, que adquiriran a biblioteca de Antonio Couceiro Freijomil, Salvador Cabeza de León e Fernando Alsina. Está formada fundamentalmente por libros de temática galega que sobrepasan os 7.000 volumes.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo alemán. Considerado un dos máximos representantes do chamado teatro dos xesuítas, é autor de nove dramas en latín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista e teórico da arte norteamericano. Durante a súa estancia en París (1936-1937) o Cubismo e o Neoplasticismo orientárono cara á busca de estruturas plásticas. Fronte ao expresionismo abstracto propugnou nos EE UU o Struturism, que defendeu en libros como Art as the evolution of visual knowledge (A arte como a evolución do coñecemento visual, 1948) ou The new Cézanne (O novo Cézanne, 1958). Os seus struturists works, relevos rectilíneos policromados, son a manifestación plástica das súas teorías. Influíu sobre o construtivismo inglés.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente artística e literaria desenvolvida nos países xermánicos entre o Congreso de Viena (1814-1815) e a Revolución de marzo de 1848, aproximadamente. Tomou o nome do personaxe literario Gottlieb Biedermeier creado en 1855 polo escritor Ludwig Eichrodt para o xornal Fliegende Blätter, personificación do pequeno burgués acomodado. Significou a transición entre o Romanticismo máis exaltado e o inicio do Realismo como reacción contra o anterior idealismo trascendental. Corresponde ao estilo vitoriano inglés e ao estilo Luís Filipe francés. Caracterízase polo eclecticismo, a simplificación da ornamentación e do mobiliario, e o gusto pola anécdota na pintura, con retratos nos que se preocupa máis do detalle que da psicoloxía do personaxe. Son representantes desta pintura Ferdinand Georg Waldmüller, Ludwig Richter, Moritz von Schwind e o humorístico Karl Spitzweg. Na literatura foi desenvolvida por Ludwig Uhland, Eduardo Mörike, Franz Grillparzer e Adalbert Stiffer, entre outros.
-
PERSOEIRO
Fillo de escravos africanos, era coñecido co alcume de o Mouro. Pastor e labrego, ingresou na orde dos franciscanos e permaneceu no convento de Santa María de Palermo, primeiro como irmán leigo e logo como superior do cenobio. Recibe culto especial en Sicilia, o seu lugar de nacemento. En Galicia venérase na parroquia de Santa Cristina de Covas, en Meaño, onde se introduciu o culto a comezos do s XIX. Na iconografía represéntase coa faciana de cor negra, co pelo curto e crecho, cunha ampla tonsura monacal e vestindo o hábito castaño dos franciscanos, atado cun cordón. A súa festa celébrase o 4 de abril, agás en Covas, onde se conmemora o martes de Pascua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrofísico alemán. Investigou a evolución e estrutura solares (1931-1939), e dende o 1951 a física dos cometas, dos que tentou averiguar a súa orixe (1977) e relacionalos coa formación do Sistema Solar. Suxeriu que o Sol expele radialmente un plasma que se despraza a gran velocidade, e descubriu así o vento solar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e cantante. Dos seus discos e textos cómpre mencionar Zu Gast bei Wolfgang Neuss (1965), Chausseestrasse 131 e Die Drahtharfe (A arpa de arame, 1965), o poema Deutschland. Ein Wintermärchen (Alemaña. Un conto de inverno, 1972), a imitación da obra homónima de H. Heine e os volumes Mit Marx-und Engelszungen (Coas linguas de Marx e Engels, 1968) e Preussischer Ikarus (Ícaro prusiano, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anemia non rexenerativa producida por un déficit de vitamina B12. Chámase comunmente anemia perniciosa ou tamén enfermidade de Addison-Biermer. Caracterízase por unha atrofia das células parietais da mucosa do estómago, de orixe inmunitaria, que condiciona a falla de produción do factor intrínseco de Castle, necesario para a absorción intestinal da vitamina B12. A súa recuperación baséase na administración intramuscular desta vitamina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten dúas formas ou que reúne características de dúas formas, como por exemplo un sátiro, un centauro, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresións que dan a velocidade e a aceleración dun obxecto puntual P sometido a unha forza central con orixe nun punto O.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio da evolución dos medicamentos no corpo humano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arrecife coralino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ámbito de coñecemento que se ocupa das aplicacións da informática na Biotecnoloxía. Tamén se encarga da organización de bases de datos relativas aos materiais empregados na bioindustria e do modelado da estrutura e dinámica dos sistemas moleculares e celulares, para poder automatizar o funcionamento dos biorreactores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Degradación biolóxica de substancias para transformalas noutras máis simples, especialmente no caso da conversión de moléculas tóxicas en inocuas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se designaba a Unión de Myanmar ata xuño de 1989, en que foi cambiado por esta última denominación oficial.
-
-
Relativo ou pertencente a Myanmar ou á antiga Birmania, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Myanmar ou da antiga Birmania.
-
Individuo do grupo étnico birmano, o máis numeroso de Myanmar.
-
Grupo étnico maioritario de Myanmar, onde constitúe preto do 70% da poboación. Concéntranse nos vales dos ríos Irauadi e Chindwin, na costa de Tenasserim sobre o mar de Andaman, e xunto ao golfo de Bengala, na costa de Arakan. Son de etnia mongólica e proveñen dunha zona situada ao norte da rexión onde se atopan na actualidade. A economía depende do cultivo do algodón, tabaco e arroz con arado, e da artesanía do tecido e do coiro. Habitan poboados sobre plataformas e fortificados. De relixión budista, teñen a súa manifestación artística máis destacada no pwe, un espectáculo de danza e música. Dominan o goberno e as institucións políticas da Unión de Myanmar en detrimento doutras minorías étnicas (chan, karen, kachin, mon, etc).
-
-
Grupo de linguas da familia sino-tibetana que se inclúe dentro do grupo tibeto-birmano no que tamén se inclúen outras linguas como o katxin e o kuki.
-
Lingua do grupo homónimo falada polos birmanos e empregada, ademais, como segunda lingua por outros pobos de Myanmar, onde é lingua oficial. É unha das linguas máis faladas do mundo, emprégana para comunicarse uns 28.000.000 de falantes. O primeiro texto escrito con caracteres pali data de mediados do s XI. Estendeuse como lingua relixiosa e de cultura coa penetración do Budismo procedente da India.
-
-
Arte desenvolvida polo pobo birmano. Estivo moi influída pola arte india, especialmente o pāla bengalí. Os templos máis importantes do país datan dos ss IX-XIII, e foron construídos fundamentalmente a partir do reinado de Amiruddha (1044-1077). Destacan as construcións da cidade de Pagan e o templo de Ananda (1082-1090), edificado en tempos do rei Kyanzittha (1084-1112). As antigas tradicións artísticas perviven na refinada arquitectura de madeira de Mandalay (s XIX). Na construción dos stupa e dos pagodes birmanos empregábase o ladrillo cocido e estaban decorados con revestimentos de terracota ou de baldosa. Os stupa teñen a planta circular e semellan, en moitas ocasións, campanarios. Os pagodes, de base cadrada ou cruciforme, son simples e sen adicións. A escultura maniféstase na elaboración de tallas de madeira. Destaca a pintura mural aplicada á decoración dos templos mostra da complexidade de estilo e das tradicións características da arte birmana.
-
Literatura escrita en lingua birmana. No s VI xurdiu nos mosteiros unha tradición literaria en lingua pali, de inspiración india, influída polo Budismo. Do s XII datan as primeiras inscricións sobre pedra, a máis antiga das cales é a de Myazedi (1113). No s XV apareceu a escritura sobre folla de palmeira ou sobre papel, e creouse unha tradición literaria en idioma birmano que acadou un alto dominio da lingua en diversos xéneros literarios. Destacan os xéneros en verso, rexidos por regras moi complexas. A prosa reduciuse, practicamente, a traducións e adaptacións das escrituras búdicas e a crónicas e disposicións legais dos monarcas. Coa introdución da imprenta, cara a 1870, a literatura chegou a un público máis amplo. Por isto os xéneros literarios máis cultivados serían a novela, o conto, o ensaio e o teatro. No s XX, prodúcese unha maior aproximación da literatura birmana á occidental, como consecuencia da tradución e adaptación de obras da literatura occidental e da fundación da Universidade...
-