"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela (1390-1406), filla do duque de Lancaster e neta de Pedro I. O seu casamento en 1388 con Enrique de Trastámara, futuro Enrique III, puxo fin ás loitas dinásticas entre os descendentes de Pedro I e os Trastámara. Ambos os esposos recibiron o título de Príncipes de Asturias, denominación que dende aquela levan os herdeiros da coroa española. Foi correxente do seu fillo Xoán II dende 1406.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña (1553-1559) e rexente (1560-1574) de Francia, filla de Lorenzo de Medici, duque de Urbino. En 1533 casou co futuro Enrique II de Francia. Despois da morte do seu marido en 1559 dirixiu a política francesa, tanto durante a rexencia como no resto do reinado do seu segundo fillo, Carlos IX. Ante o avance protestante negociou acordos políticos co seu xenro Filipe II, casado con Isabel de Valois, pero na Paz de Saint-Germain (1570) mostrou tolerancia cos protestantes. Alarmada pola influencia que o calvinista Cologny exercía sobre Carlos IX, acabou cedendo á presión católica e consentiu a matanza de san Bertomeu o 24 de agosto de 1572.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa italiana. De nome Catarina Benincasa, aos dezaseis anos entrou na Terceira Orde dominicana e levou unha vida ascética, consagrada a obras de penitencia. En 1376 foi a Aviñón co fin de convencer a Gregorio XI para que a sé papal regresase a Roma, co conseguinte volta do papa, despois de 70 anos en Aviñón. En 1378 mediou na paz entre Florencia e Gregorio XI, e preparou a adhesión de Nápoles a Urbano VI. Entre as súas obras destaca o Diálogo "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ( Il libro della divina doctrina "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";) e 380 cartas que amosan a súa actividade político-relixiosa. No ano 1461 foi canonizada e en 1970 proclamárona doutora da Igrexa. Declarada por Pío II segunda patroa de Roma, é patroa tamén das mulleres solteiras. Os dominicanos pretenderon que tamén sufrira a estigmatización como san Francisco, feito que negaron os franciscanos. Na iconografía viste hábito branco e capa negra dos dominicanos, leva na man a flor de lis "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";(...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. De nome Caterina Fieschi, filla do vicerrei de Nápoles, consagrouse á beneficencia desde 1473. Inscrita no misticismo, escribiu un Trattato del Purgatorio e un Diálogo entre a alma e o corpo. A súa festa celébrase o 15 de setembro. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( 1540-1542 "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";) . Foi a quinta esposa de Enrique VIII e o seu casamento, celebrado en 1540, decidiuse co fin de anular a influencia de Thomas Cromwell, protector de Ana de Clèves. Acusada de adulterio, foi encarcerada na Torre de Londres e, posteriormente, decapitada. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz titular de Constantinopla (1283-1307), filla de Filipe I de Courtenay e Beatriz de Anjou. En 1301, por medio dun contrato matrimonial, cedeulle os señoríos de Courtenay e os dereitos sobre Constantinopla ao seu marido Carlos de Valois, futuro Carlos I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra e condesa de Foix (1483-1513), filla de Gastón V de Foix e de Magdalena de Francia. Herdou Navarra e Foix trala morte do seu irmán Francisco I Febo en 1483. Casou con Xoán II de Albret (1484) e durante o seu reinado aumentaron as loitas entre beaumonteses e agramonteses. Isto facilitou a ocupación de Navarra por Fernando o Católico en 1512, que foi proclamado rei en 1513. Como consecuencia, Catarina converteuse en raíña da Navarra ultrapirenaica, cargo que ocuparía ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsarina de Rusia (1725-1727). Campesiña de orixe polaca, casou en 1712 con Pedro I o Grande, que a proclamou emperatriz consorte en 1724. Trala morte de Pedro (1725) continuou a súa política, axudada por Menšikov. En 1725 fundou a Academia das Ciencias de San Petersburgo e en política exterior uniuse un ano despois á liga austro-española contra Dinamarca e Gran Bretaña (1726).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • a Grande (Stettin, actual Polonia 2.5.1729 - San Petersburgo 1796) Tsarina de Rusia (1762-1796), filla do duque cristián Augusto de Anhalt-Zerbst. En 1745 casou co gran duque Pedro, herdeiro ao trono. Cando Pedro chegou ao trono en 1762, Catarina aproveitou o descontento da nobreza e promoveu o levantamento da garda imperial. Pedro III abdicou e retirouse ao campo, onde foi asasinado aos poucos días. Catarina, convertida en emperatriz, reforzou a efectividade do poder autocrático e modernizou as clases dirixentes de acordo cos principios da Ilustración: fundou escolas, protexeu as ciencias e as letras, favoreceu o establecemento de artistas estranxeiros en Rusia, mantivo contactos con Voltaire e Diderot, e promoveu a historia e a literatura, que ela mesma cultivou. En 1775 levou a cabo unha reforma administrativa, que se consolidou en 1785 coa creación de novas demarcacións territoriais e, por vez primeira, coa separación dos poderes executivo e xudicial. En política exterior...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( 1543-1547 "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";) . Foi a sexta esposa de Enrique VIII e, á morte deste, casou con Thomas Seymour "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( 1547 "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";) . Estivo en contra das persecucións relixiosas. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cercopitecoideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Servicio de produción industrial de comidas precociñadas e envasadas para servir a colectividades, medios de transporte e similares, ou a domicilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Debutou en 1775 e especializouse en composicións alemanas. Destacou na interpretación das óperas de Mozart Die Entführung aus dem Serail e Don Giovanni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barco de guerra destinado a combater submarinos, dotado de cargas de profundidade. As súas funcións tamén as realizan os destrutores ou as lanchas antisubmarinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 2 cebra.

    2. Humidade que se condensa nas paredes en forma de pingas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cedro.

    2. Substancia cristalina illada a partir das sementes da Simaba cedror e doutras simarubáceas. Emprégase como medicamento para combater a malaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos P1, P2, P3, P4, P5, que se obteñen dos fungos do xénero Cephalosporium, todos eles solubles en disolventes orgánicos agás a cefalosporina-N, máis coñecida como penicilina-N, soluble en auga. Da cefalosporina-C obtense, por hidrólise, o ácido 7-aminocefalosporánico, do que derivan as cefalosporinas semisintéticas, activas contra as bacterias Gram-negativas e os estafilococos resistentes á penicilina. Este antibiótico, de amplo interese medicinal, actúa inhibindo a biosíntese das paredes bacterianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome latino derivado da voz zepherinus ‘relativo ao céfiro’, e esta, á súa vez, de Zephyrus, termo proveniente do grego ζέ ϕ υρος. O Céfiro, divindade que personificaba o vento, relacionábase antano co rexurdir da vida e da natureza. Ceferino (ss II-III), santo e papa, celébrase o 26 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pontífice romano (199-217), sucesor de Víctor I. Consagrou 13 bispos, 13 presbíteros e 7 diáconos. Como defensor da fe obrigou a que os fieis comungasen pola Pascua e combateu as herexías de montanistas e teodorianos. Represéntase na arte iconográfica con vestiduras papais, coa tiara e coa cruz de tres traveseiros. A súa festa celébrase o 26 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de lepidópteros da familia dos licénidos, de bolboretas de pequeno tamaño, con antenas negras e con aneis brancos moi finos, coa parte superior das ás de cor azul metálica, cunha marxe negra, estreita no macho e moito máis ancha na femia, e coa parte inferior das ás de cor crema. Teñen un voo rápido e aparecen formando grupos en solos húmidos. Os ovos teñen forma discoidal e as eirugas son anchas coas beiras aplanadas, de cor verdosa, con liñas laterais esbrancuxadas. Aliméntanse de flores, froitos, gromos de hedras e de acivro, e poden desenvolverse en simbiose con formigas. Inverna en fase de crisálida. En Galicia está presente a especie C. argiolus.

    VER O DETALLE DO TERMO