"Sion" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 507.
-
-
Que ou quen goza dunha licenza ou permiso.
-
Persoa que goza dunha autorización da Administración Pública para levar a cabo unha actividade, unha explotación ou unha investigación.
-
-
-
Acción e efecto de persuadir ou persuadirse.
-
Método ou facultade para convencer de algo a alguén.
-
-
-
Acción e efecto de perverter ou perverterse.
-
Alteración ou dexeneración patolóxica de tendencia afectiva ou moral que dá lugar a comportamentos estraños e antisociais. Aplícase especialmente no campo da sexualidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión abdominal curvada por enriba da pube, de convexidade inferior, que se utiliza en cirurxía xinecolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo fotográfico creado en 1902 en Nova York. Promovido por Alfred Stieglitz e George L. Beam, propuña desenvolver a fotografía ata lograr un uso pitórico, reunir a todos os americanos preocupados pola arte e promover mediante exposicións a artistas que non pertencesen ao propio grupo, incluso de fóra de EE UU. Máis tarde romperon co pictorialismo e apostaron pola fotografía moderna, a imaxe pura sen manipulacións e unha temática baseada nas máquinas e na vida urbana. Neste grupo participaron fotógrafos como Edward Steichen ou Gertrude Käsebier, que publicaron os seus traballos no órgano de expresión do grupo, Camera Work. Desapareceu en 1917.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para a eliminación ou o aproveitamento dos residuos, que consiste na incineración destes nunha atmosfera pobre en osíxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto espacial desenvolvido a partir de 1991, coa participación da Axencia Espacial Europea, Arxentina, Brasil, China, EE UU, Paquistán, Rusia e Xapón. O seu obxectivo é estudar as relacións entre a atmosfera, o océano e a terra firme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conca terciaria formada pola existencia de bloques afundidos por onde discorre o río Eume sen encaixarse. Está recuberta por sedimentos cuaternarios formados por mantos detríticos e aluvións ao redor do río. Na conca altérnanse leitos de lignito e arxilas. É a reserva de lignitos máis importante de Galicia, e está en relación con outra máis pequena, a depresión de Roupar, de margas verdosas depositadas no Terciario e posteriormente fosilizadas. Nela sitúase a Central Térmica de Endesa.
-
-
Acción de ter ou posuír unha cousa.
-
-
Cousa posuída.
-
Acción de posuír ou de facerse materialmente cunha cousa, que inclúe o poder efectivo sobre ela, independentemente da súa lexitimidade, e a cousa posuída con causa xusta e de boa fe e con intención de dispor dela. Como relación xurídica, a lei protéxea como unha propiedade, e o dereito é equiparable ao dominio.
-
-
Territorio situado fóra das fronteiras dun estado, pero que lle pertence por convenio ou por conquista.
-
-
Forma de delirio en que o suxeito se cre tomado por forzas ocultas, coma demos, animais ou persoas, que en certos momentos poden substituír a súa vontade.
-
posesión diabólica
Estado mental que se traduce nun comportamento considerado por unha comunidade cunhas determinadas crenzas máxicas ou relixiosas como unha demostración de que o individuo que o padece está baixo a influencia dunha forza de orixe sobrenatural. Desde o punto de vista da psicoloxía científica, as posesións considéranse manifestacións de neuroses, psicoses ou doenzas orgánicas canalizadas social ou culturalmente. Unha das formas máis coñecidas e máis espalladas é a do vodú.
-
-
Pór realmente unha cousa a disposición de alguén, librarlle un instrumento como símbolo da tradición real da cousa ou da transmisión duns dereitos ou cousas incorporais.
-
Executar algún acto que mostre o exercicio do dereito, o uso ou a libre disposición daquilo que se comeza a posuír.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de tendencias e estilos individuais xurdidos a partir do impresionismo, ou en reacción contra el, que constituíron a consolidación de novos conceptos de modernidade pictórica na arte francesa do derradeiro cuarto do s XIX. Caracterizouse por un maior protagonismo da cor e por unha tendencia cara á reconstrución da liña e da forma. Tivo unha ampla transcendencia internacional. Destacaron V. van Gogh, Gauguin, Cézanne, Toulouse-Lautrec, Monticelli, o sintetismo e os nabís.
-
-
Relativo ou pertencente ao postimpresionismo.
-
Seguidor do postimpresionismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expansión dun fluído comprensible que se move a velocidade supersónica arredor dunha superficie convexa e orixina unha sucesión de ondas de Mach a través das que ten lugar tal expansión. A teoría deste proceso foi formulada en 1907 por L.Prandtl e elaborada posteriormente por Th. Meyer.
-
-
Acción de avanzar ou de pasar adiante.
-
Movemento harmónico que, seguindo unha superficie cónica, efectúa o eixe de rotación dun sólido non esférico, sometido a forzas de tracción exteriores. O balanceo que fai un trompo cando xira é un exemplo de precesión.
-
Movemento retrógrado (cara ao oeste) do punto vernal (primeiro punto de Aries) sobre a eclíptica, que é consecuencia da precesión do eixe de rotación da Terra. O período deste movemento é de 25.800 anos, é dicir, de 50,27”/ano, e denomínase ano platónico. Descuberto por Hiparco de Nicea (s II a C) e explicada pola mecánica celeste, fai que o punto vernal cambie constantemente de posición no firmamento, e tamén de que cambie a estrela polar. Á precesión superponse a nutación.
-
-
-
Calidade do que é preciso.
-
Explicación detallada que completa unha información.
-
Calidade de facer corresponder con exactitude o resultado da medida experimental dunha magnitude co seu valor real, é dicir, calculando a dispersión do conxunto respecto a un valor central. Para coñecer a precisión dunha medida, calcúlase o erro con que estivo realizada.
-
Capacidade de agrupamento dos impactos dos proxectís disparados por unha arma de fogo, sen variar os datos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento pictórico orixinado en EE UU cara a 1915, e desenvolvido ao longo das décadas de 1920 e 1930. Abordou temas urbanos e industriais, representados de xeito preciso con formas claras e definidas. Interesado polas formas xeométricas, non hai presenza de personaxes humanas nin observación social. Destacaron C. Demuth e G. O’Keeffe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de prender ou agarrar.
-
-
Acción e efecto de apertar, oprimir ou empurrar.
-
-
Influenza que se exerce sobre algo ou alguén coa intención de modificar ou condicionar a súa actuación.
-
Forza moral exercida por un grupo no conxunto dunha organización social, un país ou un continente, co establecemento dunhas normas de conduta e duns valores ideolóxicos, para manter unha cohesión e unha uniformidade que permitan un posterior control.
-
-
-
Concepto físico que expresa a forza que se exerce perpendicularmente á unidade de superficie. Formalmente exprésase por P=F/S, sendo P a presión, F a forza e S a superficie. Segundo a mecánica estatística, a causa da presión dun fluído son os innumerables xogos das partículas que o compoñen coas paredes do recipiente que o conteñen. En termodinámica, a presión P que un corpo exerce sobre a superficie que o delimita está definida como a derivada (con signo menos) da súa enerxía E respecto ao volume V, a entropía S constante. Mídese co manómetro, do que o barómetro e o presiómetro son aparellos particulares. As unidades de presión máis utilizadas son o newton/m 2 (ou pascal) no SI, a baria no ceguesimal, e o bar. Tamén son moi correntes o kg/cm 2 e a altura de columna líquida (mm de Hg ou mm de auga). Fálase de presión...
-
presión de vapor
tensión de vapor.
-
presión dinámica/ de velocidade
Presión debida á temperatura dun fluído polo único efecto de estar dotada dunha velocidade relativa. Exprésase por P = ñí 2 /2, onde ñ é a densidade do fluído e í a súa velocidade relativa.
-
presión hidrostática
Forza que, en hidrostática, por unidade de superficie, exerce unha columna de fluído dunha determinada altura h. OBS: Tamén se denomina estática dun fluído.
-
presión superficial
Diferenza de presións exercida, nun sistema físico onde hai dúas fases de contacto, sobre a superficie que as separa.
-
-
...
-
-
-
Facer presión sobre algo.
-
Exercer presión sobre algo comprimíndoo, para extraer algo do seu interior.
-
-
-
Acción de pretender.
-
Dereito alegado para pretender algunha cousa.
-
Feito de crer posuír unha calidade superior, vantaxosa e meritoria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
preterición.