"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Relativo ou pertencente a unha conxuntura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo secreto entre persoas para ir contra algo ou alguén, normalmente contra o Estado ou contra unha autoridade do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode conxurar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de conxurar ou conxurarse.

    2. Que ou quen forma parte dunha conxura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que conxura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer un conxuro para afastar de alguén danos, mediante oracións ou exorcismos.

    2. Afastar unha ameaza ou un perigo que se pode producir.

    3. Avisar ou advertir a alguén, especialmente a parte contraria, para iniciar un preito.

    4. Unirse varias persoas en segredo para actuar contra alguén ou contra algunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperativa escolar que funcionou en San Salvador de Budiño (O Porriño) entre os anos 1932 e 1936 da man do mestre Luís Carragal Peón. Segundo el mesmo recoñece -na memoria redactada en 1940 a propósito da experiencia- a iniciativa inspirouse en tres autores: Joaquín Costa, de quen aprendeu a necesidade de fomentar o amor ás árbores; M. Profit, de quen coñecía o seu libro sobre as cooperativas escolares, La cooperation scholaire Française (A cooperación escolar francesa, 1932); e José López Otero, quen dende a Escola Normal de Mestres de Pontevedra defendeu a necesidade dun ensino agrícola elemental e, sobre todo, a conveniencia de que cada escola dispuxese dun xardín escolar -ideas que chegou a materializar no seu libro Jardines Escolares-. A posta en práctica do pensamento de J. López Otero fixo que, no ano 1935, funcionasen xardíns escolares, polo menos en catro escolas: Fornelos (Salvaterra de Miño), San Salvador de Budiño, Portas e Guillarei. De todas elas, a de San...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de cordo.

    2. Calidade do que pensa ou obra atinadamente con prudencia e sensatez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador de interiores. Estudou deseño gráfico, industrial e de interiores, e graduado social. Cultivou a acuarela e participou en mostras colectivas, entre as que destaca a exposición itinerante de estampa popular. Realizou escenografías, carteis e ilustrou diversas publicacións. Dende 1958 dedicouse ao deseño de interiores. Recibiu o premio de Pintura Universitaria de Santiago de Compostela (1960) e foi membro do xurado do concurso internacional de València en 1976 e 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime militar instaurado en Grecia tralo golpe de estado do 21 de abril de 1967, promovido polos coroneis Georgios Papadopoulos e Stylianos Pattakos para evitar a presenza de ministros comunistas no goberno grego. A ditadura, malia a substitución de Papadopoulos por Dimitrios Ionanides en 1973, prolongouse ata 1974. Logo de apoiar un golpe de estado en Chipre, que desembocou na invasión turca da parte setentrional da illa, o goberno ditatorial entrou en crise e foi substituído por un goberno de salvación presidido por Karamanlis, quen liderou a transición cara á democracia. Durante ese período, no que se suprimiron as liberdades civís e os dereitos políticos, desatouse unha dura represión sobre os militantes comunistas e instituíse a censura. En 1975, trala proclamación da República e a aprobación da nova Constitución, os líderes da ditadura foron xulgados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferida feita cun obxecto cortante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica do Neolítico que recibiu o nome dun xacemento suízo localizado ao NO de Neuchâtel. Este grupo, xunto á cultura de La Lagozza en Italia e a de Chassey en Francia, constitúe toda unha fase do Neolítico do Occidente europeo do IV e III milenios. Sitúase en numerosas palafitas suízas e consérvanse abondosos vestixios dela. Unha característica deste grupo de culturas é a presenza de cerámicas lisas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Baixo o pseudónimo de Antón de Sirgal, publicou os folletos de poemas Caciquismo en solfa (1923), Recordando tempos con mor de outros tempos (1957) e Os caciques e a “nena”, segunda parte do Caciquismo en solfa. Desde Primo de Rivera a Franco (1966), que contén o diálogo en prosa “Parolas entre Antón de Sirgal e Farruco de Buxergos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de coser.

    2. Serie de puntadas coas que se coseu algunha cousa.

    3. Operación consistente na unión dos pregos de calquera impreso que vai ser encadernado, ben con fío vexetal ou sintético, con grampas ou ben con arame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación turística de carácter oficial aplicada ao sector do litoral mediterráneo comprendido entre Barcelona, Tarragona e Tortosa. Os equipamentos turísticos comezáronse a desenvolver na década de 1970. O seu principal atractivo é, ademais das praias, a presenza do parque temático Universal’s Port Aventura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de coser.

      1. Serie de puntadas que unen dúas pezas de tea, de coiro ou de calqura outra cousa.

      2. Ancho dun tecido que se mantén pola parte interior de dúas ou máis pezas que se cosen.

      1. Arte, oficio ou profesión de deseñar e coser pezas de roupa.

      2. alta costura

        Actividade profesional especializada no deseño de pezas de vestir exclusivas e elegantes. O primeiro en presentar unha colección de modelos para cada temporada foi Charles Frédéric Worth en 1858. Posteriormente, algúns dos deseños da alta costura pasaron a ocupar os escaparates das tendas de moda para venderse como prêt-a-porter, roupa adaptada ás necesidades inmediatas do cliente e que apenas precisa modificacións. Entre algunhas das casas e deseñadores máis importantes da alta costura cómpre salientar Chanel, Balenciaga,  Christian Dior, Paco Rabanne, Oscar de la Renta, Versace, Jean Paul Gaultier, Emmanuel Ungaro, Valentino e Yves Saint Laurent.

    2. costurón.

    3. Defecto superficial dunha peza de molde que ten o aspecto dun suco coas beiras arredondadas.

    4. Zona de unión de dúas pranchas remachadas ou soldadas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría e explotación comercial do paspallás común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza antiga de orixe francesa, difundida en Francia e Italia durante os ss XVI e XVII, que se converteu nun dos movementos da suite. Nun principio tiña o ritmo binario e era de movemento vivo; máis tarde o ritmo volveuse ternario pero adquiriu forma lenta, a miúdo en compás de 3/2. Existe unha courante italiana que se diferenza da anterior por ter un ritmo rápido e ternario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático. Dende a lóxica simbólica propugnou a formación dunha mathesis universalis e dunha lingua universal. É o autor de De l’infini mathématique (Do infinito matemático, 1896), La logique de Leibniz d’après les manuscrits inédits (A lóxica de Leibniz tralos manuscritos inéditos, 1901), L’algèbre de la logique (A álxebra da lóxica, 1905) e Histoire de la langue universelle (Historia da lingua universal, 1903), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO