courante*

courante*
s f [MÚS]

Danza antiga de orixe francesa, difundida en Francia e Italia durante os ss XVI e XVII, que se converteu nun dos movementos da suite. Nun principio tiña o ritmo binario e era de movemento vivo; máis tarde o ritmo volveuse ternario pero adquiriu forma lenta, a miúdo en compás de 3/2. Existe unha courante italiana que se diferenza da anterior por ter un ritmo rápido e ternario.