"USA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 381.
-
PERSOEIRO
Compositor. Deuse a coñecer a través de obras inspiradas no folclore vasco. Compuxo danzas, poemas sinfónicos, marchas, zarzuelas e as óperas Medi-Mediyan (1910), Las golondrinas (1914) e La Llama, estreada postumamente (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xeito de facer unha cousa unha persoa ou unha comunidade.
-
-
Utilizar algo como compoñente.
-
Empregar algo para un propósito, normalmente para o que foi feito.
-
Obter beneficio de algo.
-
-
PERSOEIRO
Atleta. Foi campioa de España de 3.000 m (1991 e 1992), 5.000 (1993 e 1996), 10.000 (1998) e de cross 7 veces consecutivas (1992-1998). Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) na proba de 10.000 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Salnés situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no NO da provincia de Pontevedra (43° 35’ 31’’ N - 8° 46’ 46’’ O). Limita ao N coa ría de Arousa e co concello de Catoira (comarca de Caldas), ao S con Vilanova de Arousa (O Salnés), ao O coa ría de Arousa e Vilanova de Arousa e ao L con Caldas de Reis (Caldas). Abrangue unha extensión de 44,2 km 2 cunha poboación de 36.743 h (2007), distribuída nas parroquias de Arealonga, Bamio, O Carril, Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Solobeira e Vilagarcía. A súa capital é a vila de Vilagarcía, na parroquia homónima, que dista 45 km de Santiago de Compostela e 20 km de Pontevedra. É cabeceira de partido xudicial. Está adscrito á arquidiocesede Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo é moi accidentado como resultado da acción tectónica durante o Terciario. A ría de Arousa xurdiu por un fenómeno de subsidencia do esteiro do río Ulla, que supuxo que o mar penetrase no... -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Catoira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Cibrán que dá nome ao concello de Vilanova de Arousa, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Salnés situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia de Pontevedra. Limita ao N cos concellos de Vilagarcía de Arousa (comarca do Salnés) e Caldas de Reis (comarca de Caldas), ao S cos de Cambados, Ribadumia e Meis (O Salnés), ao L con Portas (Caldas), e ao O coa ría de Arousa. Abrangue unha extensión de 33,7 km 2 cunha poboación de 10.333 (2001) distribuída nas parroquias de András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa. A súa capital é a vila de Vilanova de Arousa (42° 33’ ’54’’ N - 8° 49’ 38’’ O), situada na parroquia homónima e distante de Pontevedra 28 km. Está adscrito ao partido xudicial de Cambados.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Desde o punto de vista xeomorfolóxico, Vilanova de Arousa sitúase no val do Salnés, unha área de terreos de escasa altitude maioritariamente granítica. As maiores altitudes atópanse na parte setentrional, no monte Lobeira (290 m), un pequeno resalte granítico que se corresponde... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilanova de Arousa. Construíuse en 1947 en estilo neoclásico. Ten planta rectangular de nave única con capelas laterais. A fachada principal está organizada en dous corpos: no inferior atópase a porta cun frontón partido e, o superior, remata nun frontón triangular. A torre lateral ten catro corpos, o último octogonal.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cantabria, situado ao S de Santander e ao O da serra de La Gándara (3.323 h [2001]). Ten minas de ferro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico serbio. Especializado en debuxos animados, converteuse na figura máis significativa da Escola Cinematográfica de Zagreb. Dos seus filmes destacan Ersatz (1961, Oscar ao mellor filme animado en 1962) e Sedmi Kontinent (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Palestina dividida, entre 1948 e 1967, entre os estados de Israel e Xordania, e baixo administración exclusivamente israelí desde 1967 (633.700 h [estim 1998]). Capital do ma ḥ oz homónimo de Israel, do liwās de Al-Quds de Xordania, e capital do estado de Israel desde 1980, a capitalidade comporta que a parte oriental da cidade, ocupada por Israel desde 1967, fora anexionada por este país. A ONU non recoñeceu a nova capitalidade. É sede do patriarcado de Xerusalén. A cidade antiga, centro de peregrinación e turismo, está establecida sobre un altiplano calcario, rodeado no L polo val de Cedrón e no SO polo val de Hinnon, que se unen. Coñécese tamén cos nomes de ‘wš’mm nos textos exipcios da XII dinastía e de Urušalim nas taboíñas de Al’Amārna (s XIV a C). Conquistada aos xebuseos por David, converteuse en capital do seu reino e, co traslado da arca da alianza, en cidade santa. Salomón construíu...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ma ḥ oz de Israel (557 km2; 717.000 h [estim 1998]). A súa capital é Xerusalén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea apostólica celebrada en Xerusalén no ano 49 ou 50, chamada tamén concilio apostólico, e nomeada nos Feitos dos Apóstolos. Acordouse que os cristiáns procedentes do paganismo non estaban obrigados pola lei mosaica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derradeiro dos antigos catro patriarcados orientais, creado no Concilio de Calcedonia (451) que subtraeu a Palestina na xurisdición de Antioquía. Quedou baixo a órbita de Constantinopla e sempre tivo patriarcas ortodoxos. Coa unión dos melquitas a Roma (s XVIII), instituíuse un patriarcado católico de rito bizantino. En 1847 Roma creou un patriarcado latino que aínda perdura.
-
REINOS
Estado cristián fundado en Xerusalén despois da toma da cidade durante a Primeira Cruzada (1099). Godofredo de Boullion non aceptou a dignidade e, á súa morte ao ano seguinte, o seu irmán Balduíno I (1100-1118) fíxose coroar rei. Organizouse segundo os canons feudais europeos. Aínda que o rei era elixido polo consello feudal, exercía unha autoridade moi estendida a outros reinos latinos, e dirixía as forzas militares, exceptuando as ordes. O último rei foi Guido I (1186-1192). Durante o seu reinado, minado polas loitas entre os cruzados, a capital caeu en mans de Saladino en 1187 e en 1191 perdéronse as últimas posesións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do hebreo Yeshua’, forma breve de Ye’oshua’ (do que procede Xosué) a través do grego Iesoûs e do latín Iesus. Significa ‘Deus salva, Deus é salvación’, pero nos primitivos ambientes cristiáns foi interpretado como ‘que salva, salvador’.
-
PERSOEIRO
Rei de Xerusalén (1210-1212) e emperador latino de Constantinopla (1229-1237), fillo de Erardo III de Brienne. Participou na conquista de Nápoles. En 1235 enfrontouse aos ataques de Iván Asen de Bulgaria e Xoán III de Nicea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro Valí (gobernador) de Al-Andalus, fillo de Mūsà ibn Nusayr. Conquistou unha boa parte do sur peninsular. Asinou unha capitulación amistosa co Rei godo Teodomiro. Estableceuse definitivamente en Sevilla, onde morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador de Ifrīqiya, fillo de Mūsà ibn Nu ṣ ayr. No ano 707, sen ter o cargo, capitaneou o primeiro ataque musulmán ás Illes Balears. Foi destituído e asasinado por orde do Califa Sulaymān.
VER O DETALLE DO TERMO