"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

    1. Diminuír a tensión de algo.

    2. Facer desaparecer ou suavizar a tensión dunha persoa ou dunha situación.

    3. Relaxarse a tensión á que está sometido algo ou alguén.

    4. Suavizarse a tensión dunha persoa ou dunha situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de distender ou distenderse.

    2. Terceiro e último momento da articulación dun son no que os órganos se relaxan e pasan a unha posición de repouso relativo, se segue unha pausa; ou á posición típica da primeira fase intensiva do son seguinte.

    3. Elemento que se incorpora a un contexto serio ou formal para conseguir un efecto humorístico. O seu obxectivo é suavizar a tensión emocional dunha obra literaria ou incidir na súa condición seria ou tráxica, por contraste. Entre os recursos máis habituais cóntanse a introdución dun personaxe, dun acontecemento inesperado ou dun discurso que altera a seriedade da trama.

    4. Fase de descanso das forzas tectónicas no proceso oroxénico. Os dobramentos formados na fase precedente consolídanse e chegan a producirse fracturas (fallas normais).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de dous versos, ás veces de distinto metro, con unidade de sentido. Adoita situarse ao final das composicións, aínda que tamén pode encabezalas, trátase dun dos modelos máis antigos de organización de versos. O seu uso documéntase por primeira vez na poesía elexíaca grega dos ss VII e VI a C. Constaba, xeralmente, dun hexasílabo seguido dun pentasílabo e empregábase en epitafios, inscricións, dedicatorias ou cancións. Co tempo, converteuse no metro máis usado nos epigramas, tamén se rexistra nas kharxas, cosautes, aleluias, refráns, panxoliñas e cantigas, especialmente de amigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás follas e outras estruturas vexetais dispostas en dúas ringleiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos edificios ou columnatas da arquitectura clásica que teñen dúas columnas.

    2. Aplicase á flor que ten dous estilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno patolóxico no que o estado de ánimo se atopa cronicamente deprimido, pero de carácter máis leve que a depresión. Caracterízase por variacións de humor, marcada sensibilidade, grande esgotamento e constante fatiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de distinguir ou distinguirse.

      2. Diferencia entre dous ou máis seres, realidades ou dimensións do real, en virtude de que unha cousa non é a outra, ou ben non se considera que o sexa. Moi relacionado co problema da división, espertou o interese do pensamento grego e da escolástica. Esta última estableceu dous tipos de distinción: real, entre cousas realmente distintas, e de razón, puramente mental. Posteriormente, admitiuse tamén a división entre distinción absoluta, referida a cousas nas que non hai ningunha relación entre a cousa e o modo, e distinción modal, entre unha cousa e o seu modo. Diferenciouse tamén entre distinción adecuada, entre partes que son á vez todos, e de distinción inadecuada, entre un todo e algunha das súas partes.

    1. Calidade das persoas ou cousas que destacan pola súa elegancia e refinamento.

    2. Consideración ou tratamento especial que se lle fai a unha persoa.

    3. Premio ou recoñecemento que se lle concede a alguén e que o distingue dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica de pensamento que consiste en evidenciar as diferencias que existen entre dous termos aparentemente sinónimos ou similares nalgunha das súas atribucións (paradiástole). Emprégase, así mesmo, para nomear a tensión semántica que resulta da dobre aparición dunha palabra nun mesmo contexto, a primeira vez, co seu sentido habitual, e a segunda, de forma enfática. Se o valor enfático enriquece a significación ordinaria, recibe o nome de diáfora; se, pola contra, o restrinxe, chámaselle antístase. Pode empregarse como estratexia para refutar os argumentos aducidos co fin de defender unha cuestión determinada, isto é, cando un dos participantes nun litixio emprega unha expresión aparecida con anterioridade nun sentido diferente. Para Quintiliano, tratábase dunha variación da paronomasia, que se caracterizaba pola repetición do mesmo vocábulo na posición recta e na enfática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reparo que alguén alega para non asentir totalmente a algo.

    2. Distinción lóxica nunha proposición con dous sentidos, dos que un se concede e outro se nega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode distinguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de distinguir ou distinguirse.

    2. Que é moi refinado no seu aspecto ou nos seus modais.

    3. Que se distingue entre os da súa clase ou profesión por ser moi bo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diferenciar unha persoa ou cousa entre outras.

    2. Facer que unha persoa ou cousa se diferencie doutra ou doutras.

    3. Constituír algunha cousa o factor que permite diferenciar unha cousa ou unha persoa doutra.

    4. Mostrar preferencia ou estimación especial por unha persoa.

    5. Percibir algo de forma clara polos sentidos.

    6. Conceder a unha persoa algo que o honre por algún mérito ou como mostra de respecto. OBS: Con este significado rexe preposición con.

    7. Considerar cousas de forma separada establecendo diferencias entre elas.

    8. Diferenciarse unha persoa ou cousa doutra ou doutras por algunha característica.

    9. Sobresaír algo ou alguén por riba dos demais grazas a unha calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para distinguir.

    2. Aplícase ao trazo articulatorio ou acústico que, na realización dos fonemas, é susceptible de exercer valores discretos diferenciais respecto doutras realizacións. Cando un destes trazos é común a unha serie de realizacións fonemáticas denomínase marca de correlación. Por exemplo, os trazos distintivos do [p], en galego, son: [consoante], [xordo], [oral], [oclusivo], [bilabial]. Por [consoante] oponse ás vocais, por [xordo] a [b], por [oclusivo] a [f] e por [bilabial] a [t] e a [k].

    3. Trazo que distingue ou caracteriza algo, especialmente o obxecto que identifica os pertencentes a algunha profesión ou grupo

      1. Bandeira especial que se iza nun navío para indicar a presenza dunha persoa a quen lle corresponden determinados honores.

      2. distintivo de clase

        Sinal que se asigna á embarcación de regatas que pertence a unha clase internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se diferenza doutra cousa por algunha característica.

    2. Que non é o mesmo.

    3. Que se percibe con claridade.

    4. Que non hai outro igual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición de + o demostrativo neutro isto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parto doloroso, difícil e lento, polo que é un perigo para o neno. A causa pode ser materna, fetal ou placentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á distocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade producida por dístomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • distomatose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dúas bocas ou ventosas.

    2. Nome dado a dous tremátodos endoparasitos, que en estado adulto parasitan os condutos biliares da ovella e, ocasionalmente, do home e doutros mamíferos. O dístomo hepático provoca a fasciolose e o dístomo lanceolado a dicroceliose.

    VER O DETALLE DO TERMO