"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Considerado tradicionalmente como o apóstolo e patrón de Irlanda, aos 16 anos foi capturado por piratas e levado a Irlanda. Tras seis anos de cativerio, fuxiu e regresou a Francia, onde pasou algúns anos e se ordenou sacerdote antes de emprender a evanxelización de Irlanda, á que dedicou o resto da súa vida. Participou na loita antipelaxiana e para defenderse das acusacións destes, escribiu Confessio. Na súa iconografía represéntase con vestiduras episcopais, coa mitra e a cruz. Como atributos leva unha cruz de dobre traveseiro e serpes baixo os seus pés ou enroscadas na base da súa cruz. A súa festividade celébrase o 17 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no latín patricius, que designaba a quen era membro dunha familia de patres, ‘de pai nobre’, é dicir, descendente dos primeiros que con Rómulo e Remo fundaron Roma. A súa festividade celébrase o 17 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Home máis vello dunha familia, xa ancián, e dono da casa onde vive.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba diagnóstica da mononucleose infecciosa baseada na aglutinación dos eritrocitos do carneiro polas aglutininas heterólogas presentes no soro do paciente. OBS: Tamén se denomina proba de Paul-Bunnell.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facultade que a lei outorga ao acredor para solicitar que se declare ineficaz o acto que o debedor realice e que pon en perigo o cumprimento da obriga por parte do debedor. Esta acción xa estaba contemplada no dereito romano e facultaba aos acredores para poder anular os actos de transmisión de bens feitos maliciosamente polos debedores, en prexuízo deles. Os glosadores déronlle este nome porque figuraba nun fragmento do xurisconsulto Paulo nas Pandectas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Vigo en 1895 por Paulino Freire. Comezou dedicándose á construción de barcos con cascos de madeira de deseño propio, provistos de equipos propulsores e auxiliares con patente propia. Co tempo especializáronse na construción de barcos con casco de aceiro de ata 160 m de eslora e na reparación e renovación de todo tipo de embarcacións, principalmente pesqueiros e remolcadores, pero tamén frigoríficos, portacolectores e buques de apoio e vixilancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso, exposto por Karl H. Marx, segundo o que a proletarización crecente do traballo comporta o empobrecemento progresivo da clase traballadora. Débese a unha menor proporción na renda nacional dedicada a salarios e polo efecto represivo que ten o aumento dos prezos sobre as rendas fixas e sobre os salarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de pavimentar.
-
-
Acción e efecto de paxinar.
-
Numeración ordenada das páxinas dun libro ou doutra publicación.
-
Maneira en como un libro se paxina.
-
Parte ou zona da descrición bibliográfica en que se especifica o número de páxinas, de follas, de ilustracións, etc, de que consta un libro.
-
-
GALICIA
Médico. Doutorouse en Medicina na Universidad de Salamanca (1978). Foi elixido decano da facultade de Medicina de Salamanca en 1990 e presidente da Confederación Nacional de Decanos das Facultades de Medicina Españolas. As súas investigacións céntranse, sobre todo, no campo da anatomía patolóxica. Publicou Cirrosis hepática (1985), Prostate Cancer (1987) e Anatomía patológica (1990). Recibiu a Medalla de Galicia, a Insignia de Ouro das Comunidades Galegas, do Colexio de Médicos de Ourense e da Universidad de Latinoamérica e é Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito arqueolóxico, produto dun naufraxio, que está situado no fondo do mar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está provisto de pecíolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao pecíolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte máis estreita da folla, con aspecto de talo, comprendida entre o limbo e a base.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está provisto de peciólulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pecíolo dos folíolos das follas compostas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de implantación e formación dun pedículo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou proceso de formación e desenvolvemento dun pediplano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada por Pedro Barrié de la Maza, conde de Fenosa, en 1966. Con sedes na Coruña, a principal, e Vigo, está presidida por Carmela Arias y Díaz de Rábago, condesa de Fenosa. Leva a cabo un labor nos ámbitos da educación, investigación, cultura e servizos sociais. En 1994 creou o Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza (IEEG PBM) que ten como fins o avance da ciencia económica de Galicia, a mellora do coñecemento da súa realidade socioeconómica e o desenvolvemento do capital humano nesta materia. Para acadar isto, realiza investigacións científicas e prácticas que axudan á formación de economistas cun alto nivel de cualificación nas universidades galegas. Coa Universidade de Santiago de Compostela creou o Instituto da Lingua Galega (ILG) en 1971 e o Instituto Universitario de Ciencias Neurolóxicas Pedro Barrié de la Maza ese mesmo ano; e coa Universidade de Vigo o Instituto de Electrónica Aplicada Pedro Barrié de la Maza (1990). Ademais,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento que consiste en aglomerar en forma de pequenas esferas (de 1 cm de diámetro aproximadamente) pequenos gránulos dun material (inferiores a 0,2 mm de diámetro), despois de humedecelos e mesturalos cun aglutinante e sometelos a un proceso de sinterización. Emprégase na metalurxia do ferro para preparar o mineral que se introduce en altos fornos, para preparar as barras de combustible nuclear, etc.