"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • (Madrid 1942) Deseñador gráfico e empresario. Considérase un dos precursores do deseño gráfico en España. Creou os programas de identidade de importantes empresas privadas, de diversas comunidades autónomas e ministerios, así como de servicios públicos. Foi galardoado cos premios concedidos polo Arts Directors Club de Nova York (1978), a ADC de Milán (1982) e o Design Council International (1990), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo profesional. Reside dende 1979 en Londres. Influenciado pola música pop dos anos noventa, realiza a maior parte das súas creacións en branco e negro. Deseñou, entre outras moitas, as portadas dos discos The Joshua Tree (1987), Rattle & Hum (1988) e All That You Can’t Leave Behind (2000), do grupo irlandés U2; 101 (1988) e Violator (1989), de Depeche Mode; Stripped (1995), dos Rolling Stones; Garage Inc. (1998), de Metallica; e Aire (2000), de José Mercé. Colaborou tamén na fotografía de numerosos vídeos musicais de artistas como Peter Gabriel, Nick Cave, Bryan Adams e Joseph Arthur, e expuxo na FNAC Gallery de Bruxelas (1980), na Torch Gallery de Amsterdam (1987), na Deichtorhallen de Hamburgo (1997), na Galery Torch de Nova York (1998) e na Galerie Almine Rech de París (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que torce os pés cara a dentro ao camiñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. De formación autodidacta, instalouse en Euskadi. A súa obra, iniciada na admiración cara a Ciriaco Párraga, evolucionou dentro dun realismo poético, que unhas veces converteu a paisaxe na protagonista da súa obra e outras nun obxecto do contorno do artista. Ademais cultivou escenas populares, tratadas, ao igual ca as paisaxes, cunha técnica de pincelada matérica. Realizou exposicións, entre outros lugares, en Bilbao, València e Pontevedra. Foi galardoado pola Bienal de Arte de Pontevedra (1973-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordal de Montouto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de Al-An-dalus que se constituíu como estado independente política e relixiosamente entre os anos 929 e 1031.
    Orixe do califato: o emirato de Córdoba
    Al-Andalus integrouse no califato de Damasco como emirato dependente no 756. Trala matanza dos omeias de Damasco polos abbásidas, ‘Abd al-Ra ḥ mān I refuxiouse na Península Ibérica, venceu a Yūsuf al-Fihrī (756) e creou o emirato de Córdoba (756-929); este emirato tiña independencia política pero non relixiosa, e organizouse independentemente do conxunto dos seus súbditos, formado por razas e culturas diferentes, a miúdo enfrontadas entre si. Os seus sucesores, Hišām I (788-796) e al- Ḥ akam I (796-822), consolidaron o emirato malia as revoltas sociais e económicas. Baixo o goberno de ‘Abd al-Ra ḥ mān II (822-852) adoptouse o modelo de organización de Bagdad, non obstante a estrutura política do emirato era feble e inestable: ao norte, a familia dos Banū Qasī...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sección cirúrxica do cordón anterolateral medular para interromper a condución dos estímulos dolorosos aferentes. Emprégase no tratamento das alxias paroxísticas e irredutibles.

    2. Sección dunha corda vocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa que ten ao redor de corenta anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Fundou e foi director xerente da Cooperativa Hortofrutícola HORSAL. Membro do Partido Popular, foi edil do concello de Cambados entre 1987 e 1999 (ano en que foi elixido alcalde), e senador por Pontevedra desde 1997. Foi elexido alcalde de Cambados en 1999 e reelixido nas eleccións de 2003 e 2007. En 2009 abandonou o cargo tras ser nomeado delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra do novo goberno de Alberto Núñez Feijóo. Foi tamén senador pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 2000, nas de 2004 e nas de 2008. En abril de 2009 presentou a súa renuncia ao pasar a ocupar o posto de designación como delegado da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra. Foi deputado do Parlamento de Galicia desde 2012 e renunciou para volver ocupar o cargo de delegado territorial da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do nomós de Corintia, no Peloponeso, Grecia, situada no extremo occidental do canal homónimo (22.658 h [1981]). É un importante centro comercial de cereais, aceites e sedas. A actual cidade sitúase a pouca distancia ao NL da cidade orixinaria, unha das máis destacadas da Grecia antiga. Estivo sometida a Argos ata o s VIII a C tralas invasións dóricas. Cara ao ano 747 a C unha poderosa familia de armadores, os Baquíades, fíxose co poder e estableceu un réxime oligárquico. Baixo o goberno desta familia, a cidade enriqueceuse grazas á súa situación xeográfica como porta de entrada ao Peloponeso dende o N e paso marítimo a través do istmo. Fundou, entre outras, as colonias de Corcira, Acarnania na Calcídica, e Siracusa en Sicilia. Estableceu explotacións nas costas de Epiro e Iliria. Os Baquíades foron derrocados no 657 a C por Cipselo, quen estableceu unha tiranía continuada polo seu fillo Periandro. A política de expansión continuou co novo goberno, e fundaron Ambracia, Anactorio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mitolóxico epónimo da cidade de Corinto. Fillo de Maratón e neto de Epopeo, rei de Sición, facíase pasar por fillo de Zeus, fachenda da que se burlaban os demais gregos. Trala morte de seu pai, reinou na cidade de Corinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle artificial de Grecia, construído entre 1882 e 1893, que atravesa o istmo de Corinto e pon en comunicación o Mar Xónico co Exeo. Ten 6,4 km de lonxitude, entre 21 e 22 m de amplitude e 8 m de profundidade. Utilízano pequenas embarcacións para evitar a circunnavegación da península do Peloponeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo do Mar Xónico, continuación do golfo de Patres, que separa o Peloponeso da Península Balcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Franxa estreita de terra, cunha amplitude de 6 km, que une o Peloponeso coa Península Balcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tempo caracterizado polas coriscadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei dos tirrenos. Fillo de Zeus e Electra, fundou a cidade de Cortona. Os seus fillos, Iasión e Dárdano, emigraron a Samotracia e Tróade, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Texea (Arcadia). Recolleu e criou a Télefo cando este foi abandonado pola súa nai, Auxe, no monte Partenión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mitolóxico, fillo de Paris e da ninfa Enone. Segundo a lenda, cando a ninfa do Ida soubo da infidelidade do seu amante, enviou a Córito para que conducise os gregos ata Tróade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación da Nosa Señora dos Remedios.

    VER O DETALLE DO TERMO