"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • ILLAS

    Illa cantábrica que pecha a Ría de Lieiro, na parroquia homónima do concello de Cervo, ao O do cabo de San Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Henan, China, nos contrafortes dos Taihang Shan (420.333 h [estim 1991]). Centro mineiro (hulla), siderúrxico e agrícola. Capital da dinastía Shang, instituída por Pangeng contra o 1300 a C. As escavacións do s XX revelaron o extraordinario desenvolvemento da cultura do bronce chinesa (son reputadas as pezas de ‘bronce Shang’). Descubriuse o interesante arquivo das inscricións mantiques sobre cunchas de tartaruga (máis de 100.000 pezas), as mostras máis antigas conservadas da escritura chinesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Kyonggi, na República de Corea do Sur (590.996 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Industria Palelolítica, de cronoloxía imprecisa, de Myanmar (antiga Birmania). Esta industria de tradición non Acheulense caracterízase polos seus seixos traballados, tanto unifacial como bifacialmente, e os útiles sobre lasca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partícula hipotética -ou case partícula- situada entre os fermións e os bosóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar explorador mexicano. Nas expedicións que dirixe na península de California (1774-1776) funda o que sería a cidade de San Francisco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboado da Macedonia que presenta unha secuencia estratigráfica que principia no Neolítico antigo (5390 a C). Este xacemento arqueolóxico xunto co de Vrsnik permitiron a caracterización e subdivisión da cultura Anzabegoro-Vrsnik do Neolítico antigo de Macedonia e Albania oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor austríaco. De orixe modesta, o éxito de De Pfarrer von Kirchfeld (O Rector de Kirchfeld, 1870) permítelle entregarse ao teatro. Destaca na súa produción a novela Der Sternsteinhof (A facenda de Sternstein, 1885) que, como o resto da súa obra, desenvolve unha temática rural de intencións didácticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Kemerovo, en Rusia (107.000 h [estim 1991]). En 1928 fíxose a unión das poboacións de Anžero e de Sudžensk. Centro hulleiro desenvolvido na conca de Kuznetsk, preto de Novosibirsk, a súa importancia aumentou coa construción do ferrocarril transiberiano. Posúe industria química, do vidro e de equipamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista italiano. Foi vicesecretario xeral da Sociedade das Nacións (1919); fixo parte do seu Comité Consultivo (1920) para a constitución do Tribunal Permanente de Xustiza Internacional da Haia, do cal foi membro (1922) e presidente (1929-1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do Lacio, Italia (32.101 h [1991]). É un porto pesqueiro do mar Tirreno e centro de veraneo. Corresponde á antiga Antium, que foi conquistada por Roma, chegando durante a Época Imperial a ser unha famosa estación de ocio. Nas escavacións realizadas atopáronse numerosas obras de arte, entre elas a Moza de Anzio, estatua probablemente grega do s III a C, o Apolo do Belvedere e o Gladiador Borghese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda de Ribadavia. Relacionado con esta caste está o apelido Anzoado. As súas armas levan, en campo de azul, un arco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica da parroquia de Anzó (Lalín). De nave única e ábsida de planta rectangular, destaca o tímpano da porta sur, decorado con motivos xeométricos (círculos e cruces). Algúns dos capiteis do interior mostran unha clara influencia do románico compostelán da primeira metade do s XII, aínda que a súa edificación sexa posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federal de Venezuela (43.300 km2; 1.028.097 h [estim 1995]) Situado ao L do país, está formado por tres rexións naturais: a montaña ao L, as mesas de pastos duros ao L e S, e a depresión de Unare, que ocupa uhha gran parte do estado, de terreos aluviais. A súa economía, tradicionalmente baseada na agricultura, a gandería e a pesca, veuse fortemente incrementada coa explotación petrolífera das mesas. A súa capital é Barcelona, no litoral oriental do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno arpón ou gancho farpado, de ferro ou doutro metal, que vai atado ao sedal ou á liña, para a pesca a cordel e para a composición dos grandes aparellos da pesca con palangre, no que se pon o engado para pescar.

    2. Aquilo que unha persoa discorre para enganar a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe orixinaria de Viveiro. Pode aparecer tamén coa variante   Anzó. As súas armas levan en campo de azul un anzol sobre ondas de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome polo que é coñecido o Tratado de Seguridade do Pacífico firmado en San Francisco por Australia, Nova Celandia e os EE UU o 1 de setembro do 1951, e ratificado en abril do ano seguinte, con garantía de axuda mutua e de consulta recíproca. O principal organismo creado por este tratado é o chamado Consello do Pacífico, de carácter consultivo. No 1986, a negativa de Nova Celandia a acoller nos seus portos barcos con armamento nuclear determinou a retirada deste país da organización.

    VER O DETALLE DO TERMO