"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Reacción que se emprega para detectar o indicán nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Explicación que vai colocada ao final dun libro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Modo de estar colocada unha persoa ou cousa.

      2. Variedade de presentación fetal.

      3. posición anatómica

        Posición erecta do corpo coas palmas das mans xiradas para adiante.

      4. posición de litotomía

        Posición prostrada coas pernas flexionadas por riba das coxas, as coxas en abdución e flexionadas por riba da pelve.

      5. posición de Sims

        Posición tendida para un lado, coas pernas medio flexionadas.

      6. posición de Trendelenburg

        Posición supina coa pelve máis alta ca a cabeza, as coxas máis altas ca a pelve e as pernas pendurando por fóra da mesa.

      7. posición xenupectoral

        Posición utilizada para certas exploracións, na que o tronco descansa sobre o peito e os xeonllos.

      1. Lugar que ocupa unha cousa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao aparato, mecanismo ou dispositivo que permite orientar con facilidade e pór na posición óptima unha peza para traballala, unha ferramenta para efectuar unha operación, dúas pezas para soldalas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á posición.

    2. Aplícase ao sistema táctico, no xadrez moderno, segundo o que durante a partida se dá preferencia á consecución dunha posición das pezas, especialmente das menores, que permite na última fase un desenlace vitorioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de posicionar ou posicionarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar nunha determinada posición.

    2. Tomar unha posición determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de positivar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de pospoñer ou pospor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparición lenta dunha segunda fase de precipitación, constituída por un produto diferente do que se intenta precipitar, e que sucede con posterioridade á precipitación primaria. Este fenómeno é unha causa corrente de impurificación de precipitados, e só pode ter lugar cando o líquido que aboia está sobresaturado respecto dun composto que cristaliza lentamente. Adoita darse cando, superado o produto de solubilidade dun composto, a concentración dun dos seus ións constituíntes é moi pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceleración suplementaria imposta aos electróns dun feixe electrónico despois da deflexión. Utilízase en certos tubos de raios catódicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de postergar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de postular.

      1. Petición de dispensa que fan os capitulares dunha igrexa á autoridade relixiosa competente con vista ao nomeamento dun prelado que, por un impedimento canónico ou por ser prelado doutra igrexa, necesita a dispensa para obter o cargo.

      2. Demanda de esmola por parte dos relixiosos designados para este oficio pola súa orde ou a súa congregación, de acordo coas normas do dereito canónico.

    2. Capacidade procesual esixida pola lei para que as partes poidan exercer validamente perante os tribunais as súas pretensións, que comprenden a defensa do avogado e a representación do procurador, dos que nalgúns casos se permite prescindir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de operacións e tratamentos aos que se somete a auga para facer que sexa potable. Segundo a natureza das operacións e dos tratamentos efectuados pode ser física, química ou bacteriolóxica. A potabilización física consiste en someter a auga a decantación, natural ou acelerada con axentes de floculación, e a filtración a través de leitos de area ou carbón. A potabilización química consiste en efectuar a decantación cunha cantidade axeitada de cal, para reducir a dureza temporal ou carbónica debida aos bicarbonatos de calcio ou de magnesio, cun control final do pH, coa adición xeralmente de ácido sulfúrico; pode consistir tamén en realizar a filtración a través de cambiadores iónicos. A potabilización bacteriolóxica efectúase normalmente por oxidación, ben directamente con gas cloro, debidamente regulado, ben con compostos clorados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no cume homónimo en Lhasa, no Tibet. Foi a antiga residencia do Dalai Lama. O conxunto foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994, denominación ampliada en 2000 e 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de potenciar.

    2. Operación que consiste en multiplicar un número (denominado base) por el mesmo tantas veces como indica outro número (denominado expoñente). O número a n é a potencia n-ésima de a.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento analítico utilizado para determinar o punto final das volumetrías, baseado na variación de potencial dun eléctrodo en función da variación da concentración dos ións do elemento que o constitúe na disolución do problema, de acordo coa ecuación de Nernst, ao longo da adición dun reactivo valorante. Ten aplicación en volumetrías ácido-base, conseguida a dependencia do potencial dun eléctrodo, como o de hidróxeno, empregado comunmente como referencia, coa concentración dos seus ións no seo da disolución que se quere valorar, e o punto final caracterízase por unha súpeta variación do potencial ao engadir unha pequena cantidade de reactivo valorante; tamén ten aplicación nas volumetrías de precipitación, e é de gran valor para a determinación de haloxenuros e de cianuro co ión de prata, Ag+. A súa aplicación fundamental está nas volumetrías de oxidación-redución, para determinar as concentracións de diversas especies oxidables ou reducibles coa condición de teren...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á potenciometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo para a medida de tensións por comparación. Está formado por unha resistencia que ten un cursor desprazable ou rotatorio. Aplicando tensión entre os extremos da resistencia, obtense entre un extremo e o cursor unha tensión proporcional ao desprazamento do cursor. Compárase esta tensión coa que se quere medir, conectándoas en oposición. Empréganse como divisores de tensión de relación variable, e poden ser lineais ou logarítmicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Profesor emérito da Universidad Politécnica de Madrid, realizou numerosos pontes e viadutos. Das súas obras destacan as pontes e viadutos da autoestrada Villalba-Villacastín-Adanero, a ponte sobre a ría de Cubas en Santander, os viadutos sobre o Ril en La Fuente del Azufre; a ponte de Rande e os seus accesos na ría de Vigo, e a ponte da Barqueta para a Expo’92 en Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO