"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escultor xenovés. Traballou con Giovanni Aprili e Pier Angelo della Francesca nas obras de restauración do Convento de San Lourenzo de Trasouto en Santiago de Compostela, promovidas pola duquesa de Medina de las Torres a finais do s XIX. Realizou o retablo maior do convento en mármore de Carrara, así como as estatuas orantes dos marqueses de Ayamonte: Francisco de Zúñiga Guzmán e Leonor Manrique Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor xenovés. Traballou con Antonio Aprili e Pier Angelo della Francesca nas obras de restauración do Convento de San Lourenzo de Trasouto en Santiago de Compostela, promovidas pola duquesa de Medina de las Torres a finais do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quinto piso do Cretáceo inferior, situado por riba do Barremense e por debaixo do Albense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Apteniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar eunuco romano que, logo de se converter ao Cristianismo, desertou xunto co seu compañeiro san Nereo e a súa ama Domitila; por esta razón, foi condenado en tempos de Diocleciano e sufriu martirio na illa de Poncia. Sobre o seu sepulcro, na Ardeatina (Roma), construíuse unha basílica. A súa festividade celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Evreux (Francia) e patrón da abadía de Cluny.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Presidenta de Filipinas (1986-1992), foi a primeira elixida democraticamente despois de dúas décadas de ditadura. Educada en EE UU, casou en 1954 con Benigno Aquino, asasinado en 1983 debido á súa oposición ao Presidente Ferdinand Marcos. Cory tomou entón o relevo na loita contra a ditadura de Marcos, e conseguiu o reagrupamento da oposición baixo a coalición UNIDO. Despois das eleccións presidenciais (25 de febreiro de 1986), nas que se proclamou vencedor no medio de fundadas denuncias de fraude, Marcos tivo que deixar o poder e o país diante da reacción popular. Cory Aquino foi proclamada Presidenta do país co apoio de toda a oposición democrática e dun amplo sector do exército. Xa na Presidencia, abordou fondas reformas: ditou a amnistía dos presos políticos, disolveu o Parlamento, aboliu a constitución de 1973,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land do Rhin de Norte-Westfalia, Alemaña, situada na marxe setentrional das Ardenas (239.200 h [estim 1990]). É o centro comercial e industrial da conca mineira que proporciona á do Ruhr o combustible (lignito) para producir electricidade. Punto de empalme da rede de autoestradas que une Alemaña con Bélxica e os Países Baixos. Durante a época do Imperio Romano, e aínda hoxe, era unha estación termal chamada Aquae Grani. Foi conquistada polos francos cara ao ano 470; Carlomagno converteuna en capital do Imperio Carolinxio e nela foi enterrado (814). Na capela do seu palacio (Capela Palatina de Aquisgrán, máis tarde incorporada á catedral) foron coroados os reis dos romanos e os emperadores xermánicos dende Carlos IV ata Maximiliano I. No ano 1801, Aquisgrán (Aix-la-Chapelle en francés) permaneceu separada dos territorios alemáns ata que o congreso de Viena lla asignou a Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela do Palacio de Carlomagno en Aquisgrán. Comezada no ano 796 e rematada polo arquitecto Otón de Metz no 805, inspirouse en San Vitale de Ravenna. Aínda que restaurada varias veces, conserva a estrutura orixinal: rotonda de planta octogonal cuberta cunha cúpula de pedra e rodeada por unha nave de dezaseis costados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congreso celebrado en Aquisgrán no 1818 polos plenipotenciarios de Gran Bretaña, Prusia, Austria e Rusia. Nel decidiuse retirar de Francia as tropas de ocupación que alí permanecían dende a derrota napoleónica e, ademais, asinouse un protocolo secreto que anovaba a Cuádrupla Alianza. Ao se adherir, a Francia de Luís XVIII ingresou na Santa Alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado en Aquisgrán o 2 de maio de 1668 entre Francia e España despois da Guerra de Devolución francesa (1667-1668). Seguindo os consellos do ministro de Asuntos Exteriores francés, Hugo de Lionne, e baixo a presión da Tripla Alianza, da Haia, Francia devolvía o Franco Condado a España, que pola súa parte cedía a Francia as prazas fortes de Furnes, Bergues, Armentières, Menin, Lille, Douai, Courtrai, Audenarde, Tournai, Ath, Binche e Charleroi. O tratado foi ratificado en Madrid por Mariana de Austria, rexente na minoría de Carlos II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado en Aquisgrán o 18 de outubro de 1748 entre España e Francia por unha parte e Austria, Gran Bretaña e as Provincias Unidas por outra, co que se pon fin á Guerra de Sucesión de Austria. As cláusulas principais foron a restitución mutua das conquistas coloniais efectuadas durante a guerra, a confirmación da Pragmática Sanción e o recoñecemento da soberanía prusiana sobre Silesia. En conxunto, a súa finalidade foi restablecer o statu quo anterior ao 1740.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Francia que comprende os actuais departamentos de Dordogne, Gironde, Landes, Lot-et-Garonne e os Pireneos Atlánticos (41.308 km2; 2.866.600 h [1995]). A capital é Bordeos.
    Xeografía

    Situada entre o Macizo Central, ao N, os Pireneos, ao S, e o Océano Atlántico ao O, aséntase sobre unha litoloxía calcaria de época basicamente cretácica, a conca de Aquitania. A sinxeleza da súa rede hidrográfica, dominada polo Adour, ao S, e o Garona e os seus afluentes (Tarn, Lot e Dordogne), presenta unha grande homoxenidade que contribúe á identificación da rexión. Aquitania é unha rexión de abundantes recursos agrícolas, favorecida polo seu clima húmido (sobre todo na área litoral) e frío en inverno, e a natureza dos terreos. As Landas atlánticas posúen os bosques máis extensos de Francia. O cultivo de millo está destinado a un vasto comercio de exportación. Os viños de Bordeos ocupan o segundo lugar en importancia en Francia e as viñas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión natural de Aquitania, Francia, situada entre o Macizo Central e a costa Atlántica, entre os Pireneos e o Loira. Está unida á conca de París pola porta de Poitou e ao Languedoc mediterráneo pola de Naurouze. Na área do N os calcarios do Lías superior e do dogger forman altiplanos que nalgúns puntos producen relevos cársticos. No SL, a área de Périgord está formada por calcarios do Xurásico e do Cretáceo que en parte se atopan cubertos por areas terciarias (areas de Perigord). O Garona atravesa a parte central da conca, formando un val moi amplo que deu lugar a cinco niveis de terrazas fluviais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro piso do Mioceno inferior mariño, situado enriba do Oligoceno (Chatiense) e debaixo do Burdigaliense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Aquitaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Aquitania.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Aquitania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Aquitania.

    3. Individuo dun populus prerromano do O de Occitania, situado entre os Pireneos, na marxe esquerda do Garona e o Atlántico. Dividíanse en numerosos pequenos grupos: nos vales pirenaicos estaban os sibuzates, oscidates, onesii, campani, ademais dos tarbeli que se estendían tamén por Chalosse, e os garumni, que vivían entre o Val de Arán e a parte da conca alta do Garona; nas planicies subpirenaicas atopábanse os bigerriones, vernani tarusates; en Armagnac, os ausci elusates; en Lomagne os lactoratenses; ao N de Condamés, os sotiates e en Landes os cocosates, boii vesates. No ano 56 a C Publio Craso, enviado por Xulio César para rematar a conquista das Galias, comezou o proceso romanizador da Aquitania.

    4. Lingua prerromana falada, segundo os testemuños de César, entre os Pireneos e o Garona. Os poucos coñecementos que se teñen chegaron a través dos nomes persoais e relixiosos -en inscricións latinas- e da toponimia. O aquitano podería ser unha lingua intermedia entre o éuscaro e o galo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación xenérica dos polisacáridos de fórmula (C5H8O4)n formados por unidades de arabinosa unidas por enlaces glucosídicos. Moi estendidos nos vexetais, constitúen unha parte importante de moitas gomas (arábiga, de cerdeira e outras) e acompañan as pectinas nas membranas celulares das polpas e na pel de moitos froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa de orixe románica do s XII situada en Arabexo (Val do Dubra). Conserva no interior un arco triunfal que descansa sobre columnas de capiteis con decoración vexetal. No fondo da ábsida atópase un pequeno retablo barroco pertencente á escola compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO